xoves, 21 de febreiro de 2013

Xogo de espías

Na miña adolescencia anunciábanse nas páxinas dos xornais, academias por correspondencia que daban clases e títulos de delineante, reparador de radios ou detective privado, corte e confección para as rapazas… en España tiñamos os da TIA con Mortadelo e Filemón, pero os detectives de verdade eran de fala inglesa como Sherlock Holmes, Philip Marlowe, ou James Bond… grandes os de Alfred Hitchcock!!



Hoxe en España temos uns 1.500 detectives en activo. Cunha titulación universitaria de 3 anos…

Na Comunidade de Madrid hai uns anos destapouse unha trama de espionaxe dirixida por Sergio Gamón onde se espiaban políticos do mesmo partido a través dunha tea de araña onde resultaba difícil saber quen ia pagar a nómina a fin de mes, un caso de espionaxe político pagado con fondos públicos e ordenado suponse polo Executivo de Esperanza Aguirre… O seu entonces número dous, Ignacio González pasara de espía a espiado nun viaxe a Colombia cuns empresarios... Agora chégannos os detectives cataláns que camuflan micros entre as flores. Ennovelar o novelo, desmontar o fúrancho, resulta extremadamente difícil, os fíos entrecrúzanse e é case imposible saber quen tira deles. Esperanza Aguirre non ten nada que ocultar, outros xa a ocultan a ela, nas espesuras da Gürtel madrileña ou espionaxe da casa. Pero ollo! cando a mafia acada o poder nas institucións, non son películas de James Bond, nin teñen que ver co glamur dos detectives do cine negro.

O cheiro das flores na conversa que mantiveron Alicia Sánchez Camacho e a parece maltratada exnoiva de Jordi Pujol Ferrusola, carrexador de billetes de 500 € por Europa, non chegou a tapar o tufo a podre deste submundo do espionaxe, aínda que decatámonos que tódolos partidos políticos de Cataluña espían os seus rivais e suponse que, como en Madrid, espíanse a si mesmos. Neste inframundo paranoico calquera día encargarán, se non o fixeron xa, o propio seguimento para saber se os están están perseguindo. O fío do micro do floreiro conduzo en primeira instancia o PSC, os socialistas espiaban ó PP para chegar ós trapos luxos de CIU, xugada a tres bandas desmentida polo presunto financiado que comezou negando a maior: O PSC non tivo nunca contactos coa axencia de detectives, e continuou negándose a si mesmo: Tivemos contacto pero para encargar cuestións de seguridade. En tres anos o PSC gastou 72.438 € en blindala súa sede contra o espionaxe doutros partidos… bos clientes?! Non está claro pero o que queda transparente é có PP e o PSC estaban ó tanto das andanzas de Pujol Ferrusola de CIU e non o denunciaron, gardárono nos seus arquivos á espera de mellor ocasión para trapichear no mercado negro da política: ti tápasme unha cousa e eu tápoche outra... A información é poder, sempre haberá persoas ansiosas de coleccionar datos doutros para usalos en beneficio propio, ou de calquera maneira. Os dossiers poden forzar pactos, levantar amigos o derrubar inimigos. Non e novo.

Todo o mundo sabía deles e agora ninguén quere saber deles, Método 3 é unha alma en pena que atemoriza a políticos e homes públicos, temen cós fantasmas saian a pasear e aldraxen reputacións. A axencia de detectives está no centro do escándalo do presunto espionaxe descuberto en Catalunya.

Método 3 é unha axencia moi popular e mediática, non exenta de polémicas, Francisco Marco director de Método 3, declarou ante a xuíz que foi o "entorno" da líder do PP Catalán, Alicia Sánchez Camacho, quen pediu como favor que se fixera seguimento e gravación da súa comida coa exnoiva de Jordi Pujol Ferrusola, afirmou seu avogado.


E por último, que interese lexítimo ten o cliente na información có detective lle proporciona? Que xustifica a investigación ou encargo? Quén ordenou a quén espiar e porqué?

Pode que esta exposición nos faga comprender un pouco mellor o medio onde nos movemos. Espíote, espíasme, espiámonos?



Ningún comentario:

Publicar un comentario