venres, 8 de febreiro de 2013

“Todo lo que se ha publicado es falso, salvo alguna cosa”

por: abc

Este país no que os ditadores morren na cama e de vellos, no cás informacións que chegan os cidadáns non son produto dunha investigación xudicial, a miúdo entorpecida ou castrada polos propios partidos políticos, senón do que alguén se dedica a filtrar dun medio a outro, non ten por costume reaccionar. Berrar, berramos; cabreámonos; alzámola voz no bar pegamos puñadas na mesa… e moi a miúdo a nosa ira confunde ós xustos cos pecadores, pero temos demostrado que somos torpes á hora de expresar un rotundo e innegociable "ata aquí chegamos"



Unha ducia de cargos públicos foron imputados en xaneiro por causas relacionadas coa corrupción, implicados en causas moi diversas que van dende as mafias chinesas e rusas ata a contratación irregular de persoal.

O marxe das ideoloxías, invadenos unha sensación de rabia desesperada e infinda fartura. E van…? Nin se sabe casos de corrupción... Bárcenas, Baltar, os Pujol, Urdangarin e cía…; mire por onde se mire, angustioso!! É momento de "coller o touro polos cornos" e actuar: necesitamos dimisións, xuízos, condenas exemplares. Non albisco futuro sen iso.

Para valorar e non encher con frases cargadas de confusión: "tódolos políticos son iguales", "a casta política", "todos van ó mesmo" etc…, seria mellor detallar deses casos cantos corresponden a cada partido, canto diñeiro representa en cada caso, qué medidas tomou cada partido involucrado; é dicir, aclarar informando, non tapar con amaños xenerais.

Non aceptar preguntas é que non haxa respostas. Un presidente do Goberno, elixido por maioría absoluta, non pode ser un 'cágao' á hora de dar as explicacións oportunas sobre un asunto que puxo patas arriba o PP, a seus votantes e a toda a cidadanía. En ocasións, o refraneiro e sabio "el que calla otorga". Penso que, nunha das crises máis importante que temos vivido, o PP non pode aventar nun comunicado o traveso dunha tele de plasma, amordazar a voz dos medios de comunicación que, como 'pluralidade' que son, representan á maioría da sociedade, tanto ós que depositaron o voto e a súa confianza no PP coma os que non o fixemos. As rodas de prensa sen preguntas e polo tanto sen respostas afastan ós políticos cada vez máis da democracia, da realidade, aquela pola que loitamos tódolos cidadáns, incluídos algúns do partido de Rajoy… 


A distancia entre a política e o interese xeral ábrese máis cada día. As colas do paro, os desafiuzamentos, as preferentes, os rescates bancarios, os soldos indecentes para dilapidadores públicos, os enchufes, os cargos vitalicios, as comisións ensombrecidas e os bolsos de Louis Vuitton chaman a berros a una rexeneración democrática para alumar non sei se unha sociedade máis xusta, pero sen dubida máis limpa.

A quen o facer unhas obras na casa, non lle preguntaron "con IVA ou sen IVA?". Ou o ticket da comida, ou a consumición nun bar, "...non, é cá máquina rexistradora esta estragada". Outras veces si nolo dan, pero non figura o NIF.

Esta é a corrupción cotián, da que todos somos culpables, porque quén non copiou nun exame, pediu enchufe para un familiar ou agochou algo na declaración da renda?

Aproveitando a bonanza económica de finais dos 80, xa non se tratou de pequenas subtraccións senón dun abuso moito máis grande, onde participaron ata o Gobernador do Banco de España e o Director xeneral da Guarda Civil.

Dende entón tódolos partidos políticos (todos) rivalizaron en ver quén roubaba máis para pagar uns gastos que excedían seus ingresos. O amparo, claro, medraron todo tipo de desvergoñados, Bárcenas, Urdangarines…, sen que nos queixásemos deso, en época de vacas gordas parecía non importar a ninguén.

Agora, co inmenso tamaño do fraude e ca penuria colectiva, a xente está que trina e non vai pasar unha ós políticos rateiros. 

Benvida sexa esta inevitable rexeneración pública que se aveciña, agardemos mande o carallo a parte desta casta política á que crises e corruptelas nos achegaron. Pero, temos que aproveitar esta magnífica ocasión para cambiar os nosos hábitos de corruptelas cotiáns, ou os políticos de agora serán substituídos por outros que lamentablemente acabarán por facer o mesmo que estes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario