sábado, 2 de febreiro de 2013

O 'Caso Bárcenas' comeza por Galicia


Caso Bárcenas ten un pé en Galicia e non un pé calquera. Nos documentos manuscritos do ex tesoureiro do Partido Popular que supostamente recollen ingresos e pagamentos en negro da formación conservadora e que veñen sendo publicados por El País dende hai días xa se advertían algunhas importantes entradas de efectivo referidas a Galicia e supostamente relacionadas con Pablo Crespo. Pero é máis: son estes pagamentos os que poderían estar confirmando a veracidade e o carácter probatorio dos papeis de Bárcenas como mostra da comisión dun delicto. 
A documentación do caso Gürtel amosa a relación entre a contabilidade de Bárcenas e uns ingresos non declarados a Facenda realizados ao partido en 1999 por Pablo Crespo, daquela secretario de Organización do PPdeG
A documentación do caso Gürtel amosa a relación entre a contabilidade de Bárcenas e uns ingresos non declarados a Facenda realizados ao partido en 1999 por Pablo Crespo, daquela secretario de Organización do PPdeG. Os documentos de Bárcenas recollen un pagamento de 21 millóns de pesetas nesas datas. Ese mesmo pagamento aparece reflectido, en orixe, nos papeis da Gürtel: na contabilidade do PPdeG que a policía atopou nunha caixa de seguridade que Pablo Crespo tiña nun banco de Pontevedra. Nesa contabilidade figura un pagamento de maio de 1999 que di: “21.000.000. Sede Nacional. Pago deudas pendientes”. Nos papeis de Bárcenas, datada tamén en maio de 1999, figura a entrada desa mesma cantidade e o comentario: “P. Crespo. 21.000.000”.
Neste informe tamén se destaca que “o 47,68% dos actos do PP se financiaron con fondos da mesma formación, e outro 52% dos gastos se pagou en efectivo"
Como lembra El País este sábado, despois de analizar a contabilidade de Pablo Crespo a policía elaborou un informe no que suxería que o PP de Galicia se financiara ilegalmente: “os fondos destinados ao pagamento xerados por esa formación política proceden de recursos alleos aos circuitos financeiros, que poden ser de terceiros que financian os actos do partido con diñeiro alleo aos circuitos económicos”. Neste informe tamén se destaca que “o 47,68% dos actos do PP se financiaron con fondos da mesma formación, e outro 52% dos gastos se pagou en efectivo, con notas de recibín sen factura e outros sen nota. Non existen facturas formais deses gastos e no mellor dos casos hai notas de recibín. Descoñécese o conxunto dos recursos cos que a formación política fixo fronte a ese conxunto de gastos”.
 

A oposición pidelle a Feijoo que dea "explicacións"

O PSdeG-PSOE reclámanlle a Feijoo "que dea a cara" e explique o posible financiamento ilegal do PPdeG. O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada, reclamoulle que "o discurso de luz e taquígrafos do que sempre fala o materialice en explicacións polo papel do PP nunhas actividades presuntamente delictivas". Losada acusa os populares de, nun contexto de crise económica como o actual, “lanzar un velo de incredulidade e de desconfianza sobre a actividade política”, algo que os socialistas rexeitan. “O que ten que facer, inexcusablemente, é dar a cara e non buscar desculpas”, sentenciou.
Mentres, o deputado de AGE Juan Fajardo afirmou que considera "irresponsable" que o Goberno do PP "non dimita e convoque eleccións canto antes". Engadiu que "hai que investigar o PP e se ao final confirmase iso, tomar as decisións oportunas".
Pola súa banda, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, criticou que Núñez Feijoo "tente desentenderse deste asunto”. Para o nacionalista, o Presidente da Xunta debe explicar á sociedade galega o significado desa "Galiza connection” e considerou que toda esta trama só é a punta do iceberg dun sistema “corrompido” porque hai existen corruptos e quen corrompe e a corrupción, só pode ser eliminada cunha “rexeneración democrática a fondo”.
Tamén o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, cre que Feijóo “ten que dar moitas explicacións”. CxG lembra que segundo o que se desprende da información publicada o 52% dos gastos de organización de actos pagáronse en efectivo e sen factura, “dando unha imaxe dunha república bananera e non dando a imaxe que ten que dar un partido de goberno, serio, responsable, e que cumpre a lei”. 
Os periodistas que foron a Génova tiveron que ver o discurso de Rajoy nunha sala aparte e a través dun monitor. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario