por: abc
Tanto tempo de impunidade, cinismo e perversión tiña que estourar coma un grao de pus.
En só 20 días do 2013 destaparonse xa a corrupción de Durán i Lleida; os Corleone cataláns da familia Pujol de disimuladas mochilas con billetes de 500 € que ninguén coñece, seguramente dalgún co mesmo nome e mesmo apelido, pode que igual ADN, pero diferente persoa, argumento que defenden para desvincularse do pozo negro de merda que lles estourou nos fociños.
O presidente con ático de súper luxo onde cesan os comisarios que investigan ("por pérdida de confianza"… ) os impostos non pagados…
Ou as contratacións fraudulentas realizadas por Baltar, consentidas o longo de moitos anos…
Pokemon, Palau, Pallerols, Campéon, Mercasevilla, Brugal, Orquesta, Nóos, Palma Arena, Gürtel... Nomes xa de todos ben coñecidos.
Onde tamén ven de estourar outra bomba de merda, é na rúa Genova na casa do Partido Popular, onde se botan a pelota uns a outros, e agóchanse as travesuras tentando pague o cristal roto o neno malo o que a todo o mundo animaba e divertía cos seus repugnantes chanchullos... outro gran caso de corrupción do estado. Incrible! Vinte anos cobrando diñeiro de construtoras e outras empresas, que repartía en sobres de 5.000, 10.000, 15.000 €, e agora a ninguén lle consta! Ninguén sabe nada! O silencio dos corruptos…
Agora sabemos por qué Mariano Rajoy protexeu ó tesoureiro na rúa Génova, o Partido Popular utiliza fondos públicos para costear o coche e escolta que usa, deixoulle despacho e secretaria na sede do PP e fixo có partido pagara o custo da súa defensa logo da súa implicación no 'caso Gürtel' (dicían e seguen a dicir que todo é unha persecución ó PP). Luis Bárcenas (LB) ameazou con tirar da manta descubrir cómo funcionaba a 'caixa negra' do PP, da que saían os sobres de entre 5.000 e 15.000 € para os petos de altos cargos do partido. O que invalida, dende tódolos puntos de vista ó partido gobernante… Non?
Moi orgullosos deben sentirse Cascos, Arenas, Acebes… exsecretarios xerais do PP ou Cospedal responsables ou consentidores dun presunto reparto de diñeiro negro. E que dicir de Cristóbal Montoro, que deseña unha amnistía fiscal e o primeiro que se coa pola fenda é o tesoureiro do PP…
As trituradoras de documentos confidenciais teñen que botar fumo na sede do PP dende a publicación da información no "El Mundo" do venres, a Fiscalía Anticorrupción podería ter ordenado inmediatamente un rexistro para ver si na documentación que alí mantén Bárcenas consta o reparto deses sobres, pero non o fixeron están dando tempo suficiente para poder eliminar tódalas probas.
Tirara da manta ou todo será unha fantasía, unha manobra calculada, un complot mediático da FAES, (fundación de Aznar), para desprestixiar e fundir a Rajoy e colocar, como candidata a Presidenta do Goberno a Esperancita Aguirre que ven dando loas e leccións de honestidade ós demais... Repíteseme como un mantra nestes días aparecéseme como exemplo de integridade, eu no digo nada... fariase realidade o ultraconservador Tea Party español? Outra volta de torca cara a dereita, algúns españois adórana, parte do PP tamén, e Aznar máis, volven as "mamandurrias"...

Agora din no PP que están "indignados", pois veña, a tomar as prazas e rúas de pijos-flautas! Por certo, alguén sabe do paradoiro da oposición política que atende por PSOE...
0075 0446 0600062947. Este é o número da conta corrente có Partido Popular tiña ata o 5 de febreiro do 2010 na sucursal do Banco Popular na madrileña rúa Velázquez, 34, e como apoderados, con firma e autorización para ingresar e retirar diñeiro, a secretaria xeral, María Dolores Cospedal, o ex tesoureiro e ex senador do partido, Luis Bárcenas, do que estamos a falar e agora sabemos ocultou ata 22 millóns de euros en Suíza.
Costumes mafiosas que escandalizan a calquera, pero que explican cómo aflorou a burbulla inmobiliaria e as leis do chan que se cambiaban a favor de empresas agradecidas. Traxes como os de Camps, Jaguars como o do marido de Ana Mato, ministra de Sanidade, chalés e demais propiedades para pechar bocas e branquear pasta. Con esta tradición, cómo non ían facer unha amnistía fiscal?
E logo, sae algún cinicamente, a dicirnos o ben có fixeron cando gobernaron... Qué pouca vergonza! E dinnos "hay que apretarse el cinturón", hai que pechar as urxencias nocturnas porque temos que aforrar, hai que reducir ás pensións porque "gastamos por encima de nuestras posibilidades..." Nóss, digo, nós…?! pero quén cobraba soldos e sobresoldos e non os declaraba a Facenda? Quén ten máis de tres casas luxosas con coches que custan millóns?
Esta clase política mafiosa, corrupta e nauseabunda debe largarse xa e deixar de poñer en ridículo ó país e a nós dunha fodida vez.
Di Rajoy que "non lle tremerá a man", a mesma man que non lle tremeu para reprimir ós que piden transparencia, ós que esixen xustiza, ós desafiuzados, ós inmigrantes, ós pensionistas, ós dependentes, ós que claman contra da privatización e desmantelamento da Sanidade e a Educación Públicas... Un Presidente, que bateu tódolos récords de incumprimentos e en menos tempo. O que mentiu antes, durante e despois da campaña electoral "non lle tremerá a man", esta levándonos alén da ruína, esta levándonos máis aló da desesperación, e aínda se permite, ante unha situación desta magnitude, dicir que "non lle tremerá a man", como xa é habitual en vostede, agardando có tempo podreza e dilúa os problemas… Recorde ten a obrigación de darnos unha contundente explicación, se non quere, ou non pode, porque está que reborda, váiase, DIMITA XA! Este país, vai rematar estourando, e vostede e a mafia có acompaña serán o responsable e indutores. Antes de Gallardón "encubrir tamén era delito" agora non o sei… Con esta postura, poderemos mirar mañá ós ollos das xeracións que nos sigan…
Como se verán os problemas cotiáns dende un ático de 500 m², con piscina particular, en Marbella? Con qué sensibilidade se poden afrontar os problemas que teñen cada mes millóns de españois para facer fronte a hipoteca ou aluguer, cando se teñen 22 millóns de euros (3.666 millóns das antigas pesetas) en contas no estranxeiro? Cando se alcanza semellante distancia da cidadanía, gobernar é un acto de imprudencia temeraria.
É o cheiro a ditadura, o repregue dun réxime de corrupción, de espolio de dereitos, de acumulación de riqueza para uns poucos e de miseria para a maioría. Temos que botalos.
Non podemos estar en silencio mentres nos rouban, nos quitan dereitos e nos humillan. Súa corrupción, a democracia dos cleptómanos, un réxime de miseria e esquecemento que tería que estar nos últimos días se somos capaces de saír en tromba, tomalas rúas e poñer en xaque a este goberno e a este sistema. Hoxe é unha obrigación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario