Marcos
Pérez Pena
"Si
no eres del PP, jódete, jódete". Máis dunha vez escoitóuselle a
José Luis Baltar dicir -e cantar ao son do seu trombón- esta frase, que máis
aló da incorrección política, resumía á perfección un conxunto de prácticas ao
redor do poder institucional na provincia de Ourense denunciadas ano tras ano
polas forzas da oposición. A Fiscalía da Audiencia
Provincial de Ourense acaba de presentar unha querela contra
Baltar por un suposto delito continuado de prevaricación pola contratación de
persoal, atendendo a unha denuncia do PSOE de xuño de 2010.
A Fiscalía da Audiencia Provincial de Ourense acaba de
presentar unha querela contra Baltar por un suposto delito continuado de
prevaricación pola contratación de persoal, atendendo a unha denuncia do PSOE
de xuño de 2010
Baltar ocupou a presidencia da Deputación durante 22 anos, até que hai
apenas uns meses lla legou ao seu fillo José Manuel, completando o traspaso de
poderes que iniciara dous anos antes no congreso provincial do PP, no que os
Baltar conseguiron reter o control do partido ante o candidato promovido polas
direccións populares galega e madrileña. As manobras das que Baltar
supostamente se valeu para asegurar a vitoria nese congreso son algúns dos
elementos que formaban parte daquela denuncia socialista. O PSOE alertaba de
que nos días previos á cita a Deputación contratara a 115 persoas para gañar o
seu voto.
Esas prácticas, lonxe de ser excepcionais, foron unha constante durante os
anos de xestión de Baltar. E de feito este mesmo xoves a secretaria de
Organización provincial do PSdeG-PSOE Maria Quintás afirmaba que esas
contratacións "son só a punta do iceberg do armazón de corrupción
organizado pola familia Baltar en Ourense". Os socialistas calculan que no ente provincial traballan máis de
300 persoas vinculadas ao PP, sobre un cadro de persoal que non chega ao
milleiro.
A secretaria de Organización provincial do PSdeG-PSOE
Maria Quintás afirmaba que esas contratacións "son só a punta do iceberg
do armazón de corrupción organizado pola familia Baltar en Ourense"
Baltar representa mellor que ninguén en Galicia unha cultura política: a do
cacique. Unha denominación que non era rexeitada polo propio Baltar, que
nalgunha ocasión se definiu como "un cacique bo". O cacique sempre se identificou coa figura do conseguidor:
o político que se comprometía a realizar unha acción, desde a contratación dun
familiar para un posto de traballo, até a instalación dun punto de luz ou o
asfaltado dun camiño, pasando pola concesión dunha subvención, e todo iso
pasando por riba dos procesos legais -e calquera requisito de transparencia ou
imparcialidade na xestión-, e a cambio da lealdade e do apoio electoral.
Baltar representa mellor que ninguén en Galicia unha
cultura política: a do cacique. Unha denominación que non era rexeitada polo
propio Baltar, que nalgunha ocasión se definiu como "un cacique bo"
Baltar
era un cacique e non o disimulaba. Sempre estaba disposto a facer explícito o
mecanismo de troco, e repartía as promesas de obras públicas ou de facilidades
nas oposicións a funcionario coa mesma naturalidade coa que lles pagaba roldas
nos bares aos seus paisanos. Nunha multitudinaria homenaxe que centos de persoas
lle tributaron o pasado mes de abril sentenciou desde o estrado: "vós sodes os meus traballadores, non os da
Deputación". Digamos que a súa era outra forma de facer
politica, desde logo unha politica con menos cautelas: capaz de dicir nun mitin
sobre o lider dos socialistas galegos Pachi Vázquez: "Se ten obsesión por
min, é que vai ser maricón". Ou de realizar acusacións infundadas de
violencia de xénero contra o ex vicepresidente da Xunta Anxo Quintana.
Ao chegar a democracia, a Transición converteu o
antigo control político da ditadura nunha democracia mediada na que os caciques
mantiveron as súas funcións e gañaron unha a maiores: o control do voto
Para
entender o funcionamento deste caciquismo en Galicia, residual pero que mantivo
a súa forza nalgúns lugares, hai que entender como era Ourense hai unhas
décadas e de onde provén Baltar. Baltar é fillo de labregos minifundistas.
Quixo ser mestre e traballou duro toda a súa vida para pagarse os seus estudos,
por exemplo vendendo pensos. Ao chegar a democracia, a Transición
converteu o antigo control político da ditadura nunha democracia mediada na que
os caciques mantiveron as súas funcións e gañaron unha a maiores: o control do
voto. O cacique fora e seguía sendo a vía de relación do campesiño minifundista
co mundo exterior, que desde os anos setenta se fíxo máis complexo. O dominio que garantiran os gobernadores civís herdouno inmaculado
a UCD de Franqueira -o maior empresario da provincia coas súas
cooperativas avícolas-. E nese barco navegaba tamén o mestre Baltar que
ademais coñecía a todos ben os labregos cos que comerciara.
Disolta UCD, Coalición Galega tomou o relevo e despois fíxoo Centristas de
Galicia. Todos eles partidos conservadores á marxe do PP. Ata que a comezos dos 90 Centristas se integra no Partido Popular
de Manuel Fraga para garantirlle a maioría absoluta e dotalo dunha pátina de
galeguismo que sempre pareceu máis populismo que outra cousa. Con
Fraga no poder en Santiago e Baltar en Ourense a alianza non sufriu fendas
durante máis dunha década. Até que o poder de Fraga comezou a debilitarse e o
sectorurbanita e máis próximo á dirección estatal
-do birrete- comezou a tomar posicións para garantir unha substitución que o
favorecese, o que finalmente se concretou na figura de Núñez Feijoo en
detrimento de Cuiña, candidato de Baltar e do sector ruralista -da boina-. Este
sector chegou a escenificar nun par de ocasións as súas diferenzas coa dirección
galega. Pero a ruptura nunca chegou.
A sucesión do poder
A Fiscalía Anticorrupción arquivou no mes de xullo
dúas denuncias presentadas contra José Luís Baltar, unha delas denunciaba os
mesmos feitos que este xoves fan á Fiscalía de Ourense presentar unha querela
Baltar retivo a pesar de todo o control do partido na súa provincia. E en
2010 conseguiu o seu gran obxectivo: asegurar que o seu fillo se mantivese á
fronte. E puido dicir: "Marcho cando quero, non
me botan as urnas, nin os rivais políticos, nin os inimigos internos".
A Fiscalía Anticorrupción arquivou no mes de xullo dúas denuncias
presentadas contra José Luís Baltar, unha delas denunciaba os mesmos feitos que
este xoves fan á Fiscalía de Ourense presentar unha querela contra o que
durante dúas décadas foi presidente provincial. No seu momento, o Fiscal
Xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, baseou a decisión en que estaba en mans
da Fiscalía de Ourense. "Na actualidade o que hai é o que está
residenciado na Fiscalía de Ourense, que segue estudando a judicialización do
caso", expresou Torres-Dulce. En canto á outra querela,
que denunciaba a presunta adquisición por parte de Baltar de propiedades
inmobiliarias e coches antigos a cambio de conceder empregos na Deputación, foi
rexeitada por Anticorrupción debido á "falta de precisión" da
documentación facilitada de maneira anónima.
Aínda que as irregularidades de todo tipo -tamén electorais: Baltar afirmou
que "aquí carretan votos todos menos os partidos que non coñecen a
xente"- eran vox populi e que as denuncias
tamén foron moitas, non foi até agora que a Fiscalia iniciou unha querela. Este revés xudicial chega xusto cando o poder de Baltar se
foi debilitando dentro e fóra do partido. Hai uns meses o propio
Baltar declarou sobre estas acusacións que "o que ri o último ri dúas
veces" e "que tiren duro, que xa nos veremos". Poida que agora nin sequera ser do PP o salve.
Ningún comentario:
Publicar un comentario