mércores, 3 de xuño de 2015

Concentración


Convocada unha concentración para rechazar a supresión de dous fisioterapeutas no HCV

O persoal mobilízase ante anuncio da xerenta do EOXI Eloina Núñez, do traslado a ourense de 2 prazas de fisioterapeutas do HCV.



A Xunta de Persoal e fisioterapeutas do Servizo de Rehabilitación do HCV mantiveron este martes unha reunión na que acordaron convocar una concentración de repulsa pola supresión de dúas prazas de fisioterapeutas. Será o xoves 4 de xuño ás 20:30 fronte ó HCV. Desde a Dirección del centro non se ten feito nada por manter os postos, e só argumentan a disposición a regular da mellor maneira as cargas e quendas do resto dos traballadores.

E o SERGAS pola súa parte asegura co “servicio se está reordenando en función de la actividad y necesidades que tiene la comarca”. A partires de agora pasará de contar con 4 fisioterapeutas pola mañá e 3 pola serán, a 3 pola mañá e 2 pola serán. Non será o único que se reduza senón tamén os tempos de atención. Preténdense reducir as sesións de 20 a 15 minutos.

A Xunta de Persoal non descarta outro tipo de medidas, pero agardan cás concentracións e mobilizacións sexan efectivas.

XOVES 4 ÁS 20:30 FRONTE Ó HCV


Text-to-speech function is limited to 100 characters

Ningún comentario:

Publicar un comentario