domingo, 31 de maio de 2015

CONDENADOS A ENTENDERSE (II)

Ás debilidades do nacionalismo galego que non levanta cabeza logo da perda do vagón de enganche ás loitas do 15M  hai agora case catro anos. A ruptura da organización en tres partes, insatisfeita, non vendo futuro nin representación de acadar poder, e se a esta insatisfacción lle sumamos o sectarismo, perdendo pe no perímetro, do que sempre se caracterizou o máis distinguido do BNG, algo común nos grupos con vocación minoritaria, daquela a ruptura ca sociedade e o electorado é inevitábel. O resultado, vémolo eleccións tras eleccións e verémolo aínda nas próximas: mantendo dalgún xeito o engorde do sucursalismo de forzas de dereitas e metade/esquerdas; Pode que non haxa sequera deputados nacionalistas no próximo parlamento español. Algo que custa dixerir nunha nacionalidade histórica con lingua e literatura propia, …a ruína política da Galiza. Xa e difícil xuntar a un neomarxista e un centrista liberal nun mesmo partido, polo cal máis doado será o xeral e xeracional de esquerdas. Eu gustaría dunha marea galega de nacionalistas e non nacionalistas de cara ás xerais e autonómicas, converxer e xuntar á esquerda. As derradeiras eleccións xa demostraron que este é o camiño, as chamadas candidaturas de unidade popular. Calquera intento de facerse o amo da pista acabará botando todo por terra. Agardo que se saiba tender a man a toda forza (ou marea) que desexe sumarse con honradez e integridade. Tamén é público e notorio que Podemos dedicouse a boicotear e impedir, retrasando prazos e intentando impoñer unha especie de "Lei do funil" ós demais.


O nacionalismo galego, afronta unha difícil e  delicada situación terá que ter unha cultura política aberta e acorde con este tempo, que conecte cas novas xeracións, as xeracións dos videoxogos, as series americanas, internet, as redes sociais e os debates show ou acabamos enganchados o folclorismo da TVG co Luar, e á prensa subvencionada e subalterna do PP e os poderes económicos de Madrid, máis do mesmo se non apañamos fórmulas, pois cando "a historia nos de a razón" xa estaremos a crear vermes.

Podemos ou Centristas (marca branca do PP renovado), coas súas únicas siglas non serán quen de pasar de 3º e 4º posto nas seguintes non vai a ocorrer nada diferente, e máis tendo en conta a lei electoral… só que PP e C’s xuntaranse na súa vision máis doce de dereita. Que fará o BNG? Estamos a tempo de corrixir o rumbo de cara "as xerais". Pero, para elo, tamén as bases de Podemos terán que facer chegar a súa opinión ó "consello de sabios" de soberbios, fantasiosos, miopes, e en algún caso, maliciosos dirixentes que fan o que lles peta, e agora perden o cu por aparecer no plasma a carón de Manuela Carmena ou Ada Colau.

É exasperante e ata agora inevitable a división da esquerda, e Podemos non pode ser a hexemonía da Esquerda, pero necesitase construír un bloque social e político que poda mobilizar a abstencionistas e desencantados. Na miña opinión Podemos ten que afinar, non se pode mobilizar a parados e precarios virando cara o "centro"..., uns teñen principios e outros "principes" plantón á monarquía medieval…, ou construír un bloque sen recoñecer o dereito á autodeterminación, sen romper o ferrollo constitucional. De momento NON haberá cambio sen Compromís, sen Anova, sen Bildu, sen CHA, EQUO, IU... CUP por exemplo, cuadriplican resultados en Barcelona, a pesar de Ada Colau.

O PP non perdeu, pero o castigo esta facendo que  perdan as formas e o orden e cando a dereita perde formas e orden, están perdidos. Deixando de lado a estreitos de mira dalgúns e os intereses particulares, partidistas e de grupo, o Réxime descomponse, Mariano Rajoy aínda tivo sorte. Se chega atopar enfronte unha opción alternativa seria, coherente, con claro proxecto de futuro, con dirixentes de valía, honradez e valentía, despreocupados das tácticas electoralistas, non houbera quedado del nin os osos.

O xerminar das mareas agroma o comezo dun cambio; PP, PSOE e BNG están nun momento electoral moi complicado o número de concelleiros e alcaldías cae en picado o resultado da batalla, fifty-fifty e gañouna ese fenómeno político en evolución chamado Podemos, queiramos ou non xa son referencias políticas decisivas da esquerda… pois o noso inimigo é a dereita e máis concretamente o PP, e aquí non temos nin o sorriso de Compromís. Veña imos para Bingo!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario