Entresacado da web da CIG-Saúde Vigo
Queremos agradecer o apoio recibido, que nos dá forza para continuar
traballando e loitando por unha Sanidade Pública Galega de calidade e
por unhas condicións de traballo dignas para o seu persoal.
Desde a CIG-Saúde queremos dar as grazas ás afiliadas
e afiliados e a tódalas traballadoras e traballadores que nos deron a súa
confianza.
Seguiremos loitando dende o sindicalismo de clase e nacionalista.
Consideramos que os resultados referendan a liña de
traballo destes anos e supoñen unha maior carga de responsabilidade na defensa
da sanidade pública e do seu persoal.
A CIG-Saúde foi a organización
sindical máis votada nas eleccións sindicais celebradas este mércores no
SERGAS, nas que obtivo 57 delegados e delegadas. Con estes resultados sitúase
como primeira forza na Mesa Sectorial da que quedan fóra sindicatos como SAE que
tan só obtivo 17 delegados e delegadas.
En CIG-Saúde consideramos que
estes resultados son froito do traballo desenvolvido nestes catro anos nos que
“combatemos os recortes nos dereitos laborais do persoal do SERGAS, as
privatizacións da sanidade pública, mobilizámonos co apoio dos traballadores
e traballadoras e impulsamos a mobilización conxunta na defensa dun sistema
sanitario público no que se recoñeza o labor das e dos profesionais que nela
traballan”, explica a Secretaria Nacional, María Xosé Abuín.
Xunto a isto, CIG-Saúde lamentamos profundamente que o
persoal en formación quede fóra do ámbito de representación e negociación da
Mesa Sectorial, porque estes colectivos quedan así desprotexidos. “Imos
traballar para que nas vindeiras eleccións volvan formar parte da Mesa
Sectorial ao igual que forman parte do Foro Marco para o Diálogo Social” (Mesa
Sectorial do Ministerio de Sanidade).
A secretaria Nacional de CIG-Saúde María Xosé Abuín sinala tamén que
estes resultados son unha “dose maior de responsabilidade” para continuar na
liña de traballo que vimos desenvolvendo.
A CIG-Saúde agradece ademais a
participación e a confianza que o persoal da sanidade pública depositou neste
sindicato porque “sen eles e elas non sería posíbel desenvolver o noso
traballo”. Do mesmo xeito subliña o compromiso que as afiliadas e afiliados
da CIG-Saúde coa defensa dos
intereses do conxunto de traballadores e traballadoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario