luns, 25 de maio de 2015

24M, Podemos gañar nós


CONDENADOS A ENTENDERSE, a loita custa, as posibilidades infinitas...

O que non se fixo nin antes nin en campaña: dialogar, imaxinar, negociar, pactar, crear. Cando o discurso político esta eclipsado dende fai tempo, cando a estabilidade das maiorías absolutas o único que teñen feito é un estado ideal de putrefacción alarmante, só interesante para quen vive da política, pero non para nós os destinatarios.

Agora hai que zumegar a camiseta.

Canto menos maioría teñan os partidos máis posibilidades de crear e imaxinar un amplo recorrido das nosas propias necesidades. Isto esta moito máis interesante cunha final de liga magoa que algún aínda non se decate.

Gañaron as candidaturas de unidade, iso esta claro, non?

De momento deixémolo nun castigo a dereita, o cambio será cando as forzas das esquerdas vaian da man...


P.D. Cooperar non competir. As gaivotas sempre foron carroñentas!

Text-to-speech function is limited to 100 characters

Ningún comentario:

Publicar un comentario