Javier Rodríguez,
(Conselleiro de Sanidade da Comunidade de Madrid), mantíñase agochado dende o
luns, culpou inxuriou e criminalizou á enferma Romero con especial virulencia;
acusouna de "mentir" sobre a febre e de "ocultar" ó médico
de familia que estivera en contacto co cura enfermo de ébola, espallando todo
tipo de improperios polo "circo" mediatico.
Temos exemplos recentes: caso do accidente do Alvia en Santiago: único imputado o condutor. Algo semellante na crises do Prestige con ese desvergoñado de Mangouras, un capitán, ó que, nun sobresaínte amaño, enviouse a alta mar e non a un porto refuxio como il pretendía, algo que deixou a Europa coa maior catástrofe ecolóxica. Hai especialistas e expertos, en España, máis que
capaces de organizar os medios e atender a uns enfermos de ébola, pero se os
deixan, e non se atende un problema como este coa habitual indolencia dos nosos
representantes.
Os sistemas de seguridade,
están para evitar as consecuencias dos accidentes e os erros. Se non houbese
accidentes non serían necesarios sistemas de seguridade. Polo que, se ninguén
supervisa cando e como se quitan e poñen os traxes cometese unha
irresponsabilidade. Si os traxes son pequenos e non tapan todo o corpo cometese
unha irregularidade. Si non se fan prácticas para adquirir destreza na
aplicación destas medidas cometese unha irresponsabilidade. Si traemos enfermos
moribundos sen ter culminado un sistema cometese unha irresponsabilidade. Si se
desmonta un servizo hospitalario de referencia para logo montalo de présa e
correndo cometese unha irresponsabilidade. A auxiliar puido cometer un
descoido, criminalizar en lugar de adoptar as decisións precisas para resolver
os problemas de seguridade, revelan que nos atopamos en mans dunha tropa de macarras
e chulos de praia cuxa estupidez esta a provocar a morte de xente. E dicir, unha
decisión política que forzou ó erro a un sistema en desmantelamento, sen medios
necesarios, sen protocolos claros e sen persoal adestrado. Señor Conselleiro,
quen quere morrer por causa do traballo…?
E di o "señorito": "Yo he llegado a la política comido y, como Ud. bien sabe (a
Pepa Bueno), muy bien comido",
entón porque minte para salvar a súa propia responsabilidade política? Cando un
"empregador", (empresario, xefe ou responsable), non pon as medidas
adecuadas para que as persoas o seu cargo non resulten lesionadas, enfermas ou,
mortas no exercicio da súa profesión, dito responsable comete un ‘Delito contra
a seguridade e a saúde no traballo’ e debe ser xulgado e ir á cárcere.
O cúmulo de erros e despropósitos
sinala ás autoridades sanitarias. Pero
o responsable de ter traído a enfermidade sen ter asegurada a organización é Mariano Rajoy.
Il tomou a decisión, posiblemente mal
asesorado, e desoíndo as advertencias dos profesionais. E tamén por protexer e
amparar a unha caterva de inútiles estragando sen compasión a sanidade e a saúde pública. A súa soberbia e parecida á de Aznar cando
decidiu entrar en guerra contra Irak.
Equipo nun PAC (Punto de
Atención Continuada), xestionado polo SERGAS
"Deus nos libre
dun XA foi"
Ningún comentario:
Publicar un comentario