xoves, 30 de agosto de 2012

Galiza en vésperas electorais

por abc

Xa estamos nela, en outono, Feijólito decidiuse ó adianto das eleccións galegas ó 21-O, renunciando a unha reforma da lei electoral que pode lle houbese garantido, penso eu, a maioría absoluta. A decisión do presidente da Xunta responde a tratar de evitar o devastador desgaste que produciran as medidas previstas por Rajoy (con ou sen rescate) nos próximos meses. A batería de medidas económicas pendentes de execución, sumadas a outras que se derivarán do segundo rescate, e remataran con menos servizos públicos, nova baixada de salarios, máis impostos, fai temer un terrible arranque do 2013… Unha vez más el PP, presentará seu verdadeiro programa logo de cós cidadáns exerzan o dereito a voto... Así o fixo nas xenerais, nas andaluzas, e pretende repetir o fraude en Galiza e Euskadi. Xa logo nos próximos dous anos non haberá consultas electorais en España, o que, facilitará có Goberno tome medidas máis drásticas e impopulares sen efecto das urnas. Se a elo lle sumamos os riscos do impago das preferentes, a posible desaparición de Novagalicia Banco, as primas para o sector eólico, o paro subindo, ninguén no lugar de Feijóo elixiría datas así para presentarse a unhas Eleccións.

Aínda sendo estas as causas que aconsellaron a Feijóo -e a Rajoy- ó adianto electoral, a decisión ten efectos importantes, impide có PSG-PSOE poda celebrar eleccións primarias, así Feijóo elixe ó candidato socialista ó que quere enfrontarse, ningún reproche, o Partido Socialista, se houbese querido, dispuxo de tempo suficiente para elixir a un aspirante á presidencia da Xunta distinto a Pachi Vázquez. Este adianto electoral tamén impide que outras forzas políticas (de esquerda e dereita) dispoñan do tempo suficiente para concretar a súa oferta electoral nas mellores condicións.

Pero a pesar de todas estas manobras, Feijóo non ten asegurada a vitoria. E non a ten polo, desgaste sufrido polo PP nos derradeiros meses, o presidente da Xunta non pode presentar un mínimo balance de Goberno e, por tanto, carece de credibilidade para propor ningún proxecto de futuro. Cando o PP ocupou o poder en Galiza no 2009, Feijóo afirmou que levaría a cabo políticas de austeridade pero sen reducir os orzamentos en sanidade, educación e servizos sociais. Durante esta lexislatura, non foi quen de deseñar un proxecto económico que mereza tal nome e renunciou a usar as competencias e instrumentos dos que dispuña para afrontar a crises. Uns datos, o principal problema do país, ano 2008 tiñamos 129.000 desempregados/as, no 2012 temos 275.900, o paro como denunciaba Feijóo cando era oposición, desapareceu da súa axenda cando chegou ó Goberno... Nestes tres anos a débeda medrou de 4.282 a 7.381 millóns de euros. Un incremento de 3.099 millóns de euros, que equivale ao 12.8% do PIB (5 puntos por enriba do herdado). En resumo, os tres anos de suposta austeridade e solvencia económica do actual goberno da Xunta tradúcense nun incremento en máis de 1.000 millóns de euros por ano, e case o dobre de parados. O resultado é incuestionable e desolador: nas principais variables (crecemento económico, xeración de emprego e equilibrio das contas públicas), Galiza encontrase entre as comunidades autónomas con peores resultados. Se engadimos a estratexia con respecto ós servizos públicos esenciais, consistente no recorte do gasto e tendencia á privatización no que proxectos estrela da Xunta (plan eólico declarado ilegal por el Tribunal Superior de Xustiza, o plan de acuicultura ou a creación dun sistema financeiro galego) saldáronse cun rotundo fracaso e poderán rematar, prescindindo de prexuízos políticos ou ideolóxicos, a Xunta non cumpriu coas súas responsabilidades e Galiza careceu de Goberno nos derradeiros anos.

O lóxico sería que Feijóo perdese as próximas eleccións, có PP perda a maioría absoluta depende tamén do que faga a oposición. Coa independencia de que outros partidos repañen unha mínima representación parlamentaria, os dous piares nos que se asenta a alternativa o PP seguen sendo PSG-PSOE e Bloque. A eles correspóndelles presentar un proxecto coherente e realizable, radicalmente contrario o conservador, para garantir a estabilidade dun Goberno alternativo. A inquietude creativa que axita ao nacionalismo, en afortunado contraste coa atrofia senil que transmite o bipartidismo decrépito, merece boa sorte. Deséxolla na espera de que saiban merecela con comportamentos adecuados á altura das circunstancias.

Sen dubida, as enquisas dan unha intención de voto similar, a dereita, e ós impagables medios que lle serven de portavoces, fartaranse de amosar os perigos da gaiola de grilos. Pero a estas alturas ese mensaxe ten notables fendas. A propia dereita está, tamén, dividida -UPyD, Mario Conde... Baltar-. Outra, cá maioría absoluta de Rajoy non evitou o rescate nin tan sequera o dulcificou. Os damnificados pola crises medran, e temo seguirán medrando. É evidente cás maiorías absolutas dan, sobre todo, impunidade para facer calquera cousa, en especial, obedecer como políticos de réxime, monicreques dos poderes globais (a Troika, os mercados, Merkel…). Non hai nin que dicir có descontento, seria menor e máis complicado con pluralidade, un fronte amplo que asuma a defensa dos de abaixo como eixo e desafío o establishment político galego. Un golpe contra a democracia na que estamos, de poder absoluto dos mercados, de políticos de grabata, uns señoritos que están condenando ós cidadáns a un presente insufrible de recortes e a un futuro tercermundista…

En campaña cada formación política reafirmara a súa identidade, realzara as súas supostas virtudes, destacara as súas vantaxes comparativas e todo aquilo cós distingue. En campaña electoral non existen amigos, só opositores a bater. Atrapados nesa espiral, os candidatos venden discursos e descargas de insultos, todo tipo de excesos cós cidadáns recibimos con escepticismo. Pero todo ten un límite, e a paciencia coa que soportamos ese ritual soe transformarse en rexeite cando alguén cruza a liña e insulta a nosa intelixencia. Isto é o que PSG-PSOE e BNG, que loitaran por espazos electorais, non deberían esquecer, se non queren que se esfume a súa alternativa…

Atentos, comeza a festa. En consecuencia, voto con cabeciña ás diferentes formacións políticas. É o que hai.


Calendario até o 21 de outubro
-       27 de agosto: Decreto de disolución
-       28 de agosto: Publicación do decreto da convocatoria no DOG. 
-       28 de agosto: Ábrese o prazo para solicitar o voto por correo (até o 11 de outubro)
-       29 de agosto: Ábrese o prazo para formalizar coalicións electorais (até o venres 7 de setembro)
-       12 de setembro: Ábrese o prazo para a presentación de candidaturas, ben de partidos, coalicións ou agrupacións de electores (até o 17 de setembro)
-       Entre o 22 e 26 de setembro: Sorteo dos membros das mesas electorais
-       24 de setembro: Proclamación de candidaturas
-       5 de outubro: Comezo da campaña electoral
-       11 de outubro: Data límite para solicitar o voto por correo
-       20 de outubro: Xornadas de reflexión
-       21 de outubro: Eleccións


Ningún comentario:

Publicar un comentario