domingo, 12 de agosto de 2012

Bos días, dende o planeta negro:

por: abc

Saúdos ós bercianos que paparon todo o fume o que fixo moito mais tolerable o caos… e a todos os que dunha forma ou outra solidarizáronse cos que sufrimos, sufriron a ameaza das lapas, e sufriremos todos en tanto non poñamos en valor o noso monte… co desenvolvemento dunha política forestal sustentábel e protectora do medio ambiente, ano tras ano a calamidade dos incendios, ameaza incansable, do que na maioría das veces responde a accións voluntarias do home... este ano tocounos a nós.

Xa sabedes case nunca poño enlaces a prensa maioritaria galega, se de verdade o son, trato de denunciar o trato paternalista que reciben, un trato privilexiado dos que terían desaparecido se non estiveran artificialmente sostidos polo diñeiro cá Xunta saca dos petos dos cidadáns, utilizando recursos públicos en espallar o "como" e non o "porqué"
propaganda e retóricos proxectos culturais que presumen de levarnos polo mundo pero sempre rematan quedándose en clientelismo de aldea… 

Atópome no século pasado entre as cinzas do que serian 50 anos de foresta e 50 de recortes, pouco podemos facer a maioría de nós nestes dramáticos momentos, salvo ollar o arrepiante final da falla de prevención, coordinación e profesionalidade…, "la única forma de apagar esto es que llueva, porque a pesar de la gran cantidad de medios, la falta de coordinación es total", aseguraban onte a EL PAÍS "hay de todo, menos sentido común", unha vez máis fartos repetir cós lumes apáganse no inverno, esta falla de prevención e o desmantelamento dos dispositivos de loita contra o lume, é un feito que a ninguén se lle escapa e estamos a vivir día a día, como no resto das estruturas e servizos públicos da nosa sociedade.

Alguén viu algún avance da Xunta na xestión do monte? Non, máis ben retiraron as leis forestais coas có goberno anterior comezaba a recuperación do monte (
Brigadas de Investigación de Incendios Forestais, vixilancia, faixas de protección, banco de terras, ordenación do monte...) e veñen de aprobar unha Lei de Montes, sen consenso social algún, que vai permitir o cultivo extensivo de especies foráneas de crecemento rápido e forestación de terras agrarias. Os alcaldes tamén teñen parte nas culpas, o que esta nos núcleos urbanos, a carón das casas, teñen que mandar limpalo eles, polo tanto é da súa competencia…
Agora só estan, din, por aforrar eliminando conselleiros en lugar de recortar asesores e seus salarios… mentres, a TVG recorta tamén información e cóntanos cántos Boy Scouts arribaron en Compostela...
O monte que non arde, dá vida e riqueza ambiental, turística e económica... 

"La prevención no es necesaria para hacer más efectiva la lucha contra incendios" (Alberto Núñez Feijóo)

Podería seguir e seguir pero estou queimado, pode có monte arda do queimados que estamos os contribuíntes… un berro fronte aos imbéciles 'fillosdeputa' e escuros incendiarios… o berro da impotencia: Nin unha árbore máis queimada en Valdeorras!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario