domingo, 19 de agosto de 2012

A trola da insostibilidade do sistema sanitario español, gastamos máis do que temos (moita propaganda!)


Se non é a máis é unha das frases máis repetidas nos derradeiros tempos pola parte dalgunhas das persoas do mundo da política: “La sanidad española es insostenible”. Ben, tal frase é unha falacia, cos datos na man imos ver que non ten nada que ver coa realidade, senón todo o contrario. O noso (ou o que queda del) sistema sanitario, non é perfecto, ten cosas que mellorar, pero é unha das poucas cousas das que podemos presumir; ou mellor dito que podíamos, porque cos recortes estano escarallando. A mellor maneira de demostrar a falacia da afirmación acerca da insostibilidade do noso sistema sanitario, e cos datos na man, neste caso tomámolos do EUROSTAT (Statistical Office of the European Communities, Oficina europea de estatística), imos amosar a comparativa de datos referida ós anos 2000 e 2001 (anos de inicio das series temporais), 2006 (último ano pre/crises) e 2009 (último año do que se dispoñen os datos que imos analizar unha vez chegada xa a crises).

Os datos que amosamos son os referidos ós países da UE nas seguintes magnitudes:

1. Gasto público en sanidade como porcentaxe del PIB
2. Gasto público en sanidade per cápita
3. PIB per cápita a prezos do mercado
4. Gasto público en sanidade per cápita/PIB per cápita a prezos do mercado

 1.   Gasto público en sanidade como porcentaxe do PIB


 2.   Gasto público en sanidade per cápita


     3.  PIB per cápita a prezos do mercado

    
    4. Gasto público en sanidade per cápita/PIB per cápita a prezos de mercado

Tal e como se pode ver, España ocupa un posto intermedio-baixo en tódalas magnitudes, o que enreda, entre outras cosas: 

- O volume de gasto sanitario non é desproporcionado en relación ó tamaño da nosa economía.
- No ano 2009 a sanidade custoulle a cada cidadán pouco máis de 1.500 €.
- Tendo en conta có PIB per cápita a prezos de mercado en 2009 foi de 22.800 €, eses 1.500 € de gasto en sanidade supoñen menos dun 7%.

Co cal parécenos queda desmontada unha das moitas trolas ou medias verdades que tanto se están repetindo ultimamente, e que por moito que se repitan non se an volver certas. O noso sistema sanitario é enormemente eficiente en comparación cos de outros países tendo en conta as coberturas e calidade do servizo que presta, en ambos casos sempre pode ter melloras, pero de ningunha forma se pode dicir que non sexa sostible.

O que ocorre coas contas públicas españolas é un problema que ven de moitos anos atrás, a sangría dos ingresos é bastante grave. E dende logo que non se soluciona levando a cabo amnistías fiscais premiando ós que non cumpren coas obrigacións tributarias mentres ós cidadáns que si cumpriron vémonos afectados por subidas de impostos e recortes de servizos públicos. Neste escenario é difícil entender cómo a maioría da poboación pode aceptar tales recortes, mentres que se premia ós cás incumpren, non se depuran as responsabilidades dos que nos levaron ata esta situación, e fanse comisións de investigación que son auténticos e escandalosos brindis o sol…

Máis diñeiro para sanidade non se corresponde necesariamente a mellor nivel de saúde na poboación, xa que este depende non só do diñeiro dedicado a ela e de cómo se distribúa (por exemplo, si se desvía a centros privados), senón de outros factores sobre os que hai que actuar dende un punto de vista socio-político (desigualdades internas, niveis de protección social e paro, privatizacións…).

Dende logo o que sobra son eurodeputados, sobran Ministerios sen funcións, sobran Secretarios, Subsecretarios, sobran Consellerías, sobra o Senado enteiro e boa parte do Congreso. Sobran as Deputacións, sobran Concelleiros con dedicación exclusiva e cos mesmos privilexios e soldos que si fosen Ministros. Sobran Coordinadores, Asesores e Amiguiños da alma.)

No estado español dedicamos uns 65.000 millóns €/ano a sanidade pública, pero estamos por debaixo da media da UE-15 e do termo medio da OCDE en gasto per cápita (3.067 USD no 2009, OCDE 3.223 USD. (1)

Hai diñeiro para garantir unha sanidade de calidade, se recuperamos:

- Os 90.000 millóns de fraude fiscal anual, diñeiro suficiente para financiar outro sistema sanitario (2)
- O Imposto de Patrimonio, que aportaría entre 1.800 e 2.100 millóns de euros. Restablecelo só para as 47.614 persoas que declaran un patrimonio individual superior a 1,5 Millóns de euros, equivalería a uns 1.240 millóns de euros, o gasto sanitario anual de Estremadura (1.083.000 habitantes).(3)
- A rebaixa/eliminación a partir do 2010 del Imposto de Sucesións e Doazóns, supuxo deixar de ingresar uns 3.000 millóns de euros/ano, como o gasto anual de Canarias (2.200.000 habitantes). (3).
- O IVA deixado de ingresar supón arredor de 18.000 millóns de €/año, máis có gasto sanitario anual de Madrid e Cataluña. (4)
- O gasto militar supón arredor de 18.609 millóns de euros. Por cada avión de combate Eurofigther pódense construír 3 hospitais.(5).
Amais, continuamente bombardéannos cos 16.000 millóns euros da débeda sanitaria, pero ocultan có Ministerio de Defensa ten unha débeda de 30.000 millóns.
- Traballadores e pensionistas declaran anualmente á Facenda Pública unha media de 19.359 euros, 8.300 euros máis cós pequenos empresarios e profesionais liberais que declararon uns rendementos medios de 11.036 euros (6)

Polo que necesitamos máis transparencia e cese de privatizacións e recortes na sanidade. 


- O 83% de los cidadáns cree que “Unha agresiva campaña contra o fraude fiscal permitiría achegar os recursos suficientes para manter a calidade dos servizos e prestacións sen modificar a presión fiscal actualmente existente”. (6)

(6) Reducir el fraude fiscal y la economía sumergida. Una medida vital e imprescindible para superar la crisis. GESTHA. Noviembre 2011.


Ningún comentario:

Publicar un comentario