sábado, 7 de xaneiro de 2017

O descoñecido calendario medieval de Betanzos, único en España

http://historiadegalicia.gal/
Santa María do Azougue é unha igrexa das que Fernán Pérez de Andrade (1330-1397) mandou construir no seu mandato. E, aínda que podía ser unha igrexa medieval como as centos delas que hai en Galicia, esta ten un elemento que a fai diferente das demais; un calendario labrado nun único capitel que a fai única en España e case única no mundo.
Como lembrou estes días Marcos López Concepción a través da rede social Facebook, a importancia desta peza é que está nun só capitel continuo (non en dous ou tres), e ten todos os meses do ano. Unicamente hai outro no mundo que se lle asemella, no palacio dos Dux en Venecia.




Detalle do calendario medieval na igrexa de Santa María do Azougue / romanicoaragones.com
O calendario
Esta xoia do románico foi realizada entre 1380/1390. Tal e como recolle a web sobre arte románica, Arquivoltas, a peculiaridade da forma de mostrar este calendario é a forma de ordenar os meses. É o deus Jano, no seu aspecto de “Jano bifronte” o que aparece no medio da cara frontal do capitel, destacando dos demais elementos aos cales parece ordenar a dereita e esquerda súas. Jano bifronte con dúas caras mirando ao pasado e ao futuro en representación do mes de xaneiro, fin dun ciclo anual e comezo doutro. Aquí é representado como un personaxe con dúas cabezas, mirando en direccións opostas, comendo e bebendo tras unha mesa circular suxerida á altura da súa cintura.
Cara á dereita aparecen a representación dos meses de febreiro a xuño. Febreiro é o mes frioleiro e está mostrado como unha personaxe envolta cun manto, sentado nun pequeno taburete desde o que busca o consolo do lume que hai diante seu sinalando o frío habitual desa época do ano. Marzo é o mes podador e, por iso, aparece outra figura arranxado as viñas coo seu podón.Abril é o mes florido e a composición presaxia a primavera e a explosión de vida da natureza. Maio é o mes ceteriro e, por iso, aparece unha personaxe portando un falcón sobre o seu puño.

Recreación do calendario medieval da igrexa de Santa María do Azougue / romanicoaragones.com
Xuño, no extremo do capitel, é o mes froiteiro e apare mostrado cunha figura que recolle froita. Xa no lado esquerdo aparece xullo, o mes segador, cunha personaxe que ten unha fouce. Agorsto é o mes da malla e por iso a personaxe representada ten un instrumento para mallar o gran da palla. Setembro é o mes da vendima e así aparece un home cun acio de uvas recentemente vendimiado. Outubro é o mes porqueiro, no que estes animais se ceban. Deste xeito, aparece un home vareando unha árbore para que os porcos coman o froito caído. Novembro é o san Martiño e aparece representado por unha matanza e decembro é o mes sementador no que aparece unha figura sementando e, dando lugar, ao inicio dun novo ciclo.
A igrexa


Igrexa de Santa María do Azougue, en Betanzos / romanicoaragones.com
Santa María do Azougue foi levantada sobre unha igrexa anterior de estilo románico, de aí que teña partes deste estilo. Tal e como recolle Patrimoniogalego posúe unha planta basilical, de tres naces con catro tramos e sen abovedar. Da ornamentación interior destaca o retablo situado na capela maior, que ten o seu lugar central ocupado pola imaxe de Santa María. No século XV instalouse nese lugar un retablo hispano-flamengo, que foi substituído na súa armazón por outro novo en 1748, no cal se colocaron as tallas góticas do orixinal, con representación da vida de Cristo en madeira dourada e policromada. No ano 1981 foron roubadas tódalas súas tallas, aínda que posteriormente fóronse recuperando.
En canto ó exterior de Santa María, destacan as súas tres portadas, nas que se observa a tradición románica galega que fai parecer arcaica a labra dos canteiros do século XV. Na principal encóntrase o tema da Epifanía, e sobre fornelos preséntase as imaxes da Anunciación. A portada norte reproduce o tema do xuízo final, no tímpano da portada meridional reflíctense tres cruces entrelazadas, mentres que nunha cuarta portada, a de occidente, destacan un gran rosetón e un sinxelo campanario engadido nun lateral. A porta de entrada, con decoración de arquivoltas e columnas acodilladas nas xambas, está flanqueada por dúas fornelas, con esculturas pétreas, mentres que no tímpano aparece a Anunciación e a Adoración dos Magos.
Estudos
O descubrimento desta singular iconografía débese a Carmen Manso e foi Manuel Castiñeiras quen o publicou en 1993 neste artigo do número 16 do Anuario Brigantino: “O desfile dos meses de Santa María do Azougue”. Tamén Juan Coira publicou un traballo sobre esta obra en CATEDRA, Revista eumesa de estudos,nº 23 titulado “A concepción do tempo na Idade Media e a súa pervivencia nas comarcas do Eume e as Mariñas. O calendario de Santa María do Azougue e o refraneiro”.
Tamén Alfredo Eiras realizou uns interesantes debuxos reconstruíndo as figuras deste capitel e Horacio Vázquez Fariña fixo un gran traballo gráfico explicando toda esta interesante composición e que reproducimos a continuación:

Tres años y medio de cárcel por robar una bicicleta


Pepito Grillo
https://iniciativadebate.org/

No se trata de justificar a nadie. El acusado, un joven de 26 años, ya había sido condenado en 2012 por un delito de ‘robo con fuerza‘ (romper un candado o descubrir una clave secreta, por ejemplo, ya convierte el delito de hurto en ‘robo con fuerza’). El mismo delito: el robo ‘con fuerza’ (que se le aplica por haber escalado una valla para acceder al objeto a hurtar) del que se le ha acusado en esta ocasión por robar una bicicleta infantil. Así, un juzgado de lo penal de Palma tuvo en cuenta el agravante de reincidencia a la hora de dictar su sentencia y la Audiencia Provincial de la isla ha fallado contra el recurso presentado por el joven y ha ratificado la condena de tres años y medio de privación de libertad.
Resultado de imaxes para Robar una bici
Tampoco se trata de justificar a nadie si menciono que la bicicleta robada (que fue recuperada por la policía menos de una hora después) se puede encontrar de segunda mano por 16 euros, pues la cuantía económica de lo sustraído no es el factor fundamental de lo que se juzga en estos casos, aunque sí se tiene en cuenta. Y mucho menos se trata de cargar contra un juzgado que ha aplicado el castigo ajustándose moderadamente a lo que dicta la Ley. Pero sí se trata de cuestionar la propia Ley y a los legisladores.
¿Tres años y medio de cárcel por robar una bicicleta saltando una valla no es una pena desproporcionada? ¿Y si no lo es, por qué están en la calle tantísimas personas que también han ‘forzado’ el sistema para robarnos millones, o cientos de millones, o miles de millones de euros?
Es una pregunta retórica, y la respuesta viene dada: porque la ley la redactan los que suelen cometer delitos de este último tipo (o sus mecenas).
Insisto: no justifico a este chaval; creo que este tipo de comportamientos no pueden quedar sin reprobación (aunque nunca con esta ‘contundencia’). Pero es terrible comprobar en qué tipo de país vivimos y qué tipo de código penal han elaborado los legisladores (los políticos del régimen) para que la justicia sea implacable, severa y ágil (menos de dos años para pasar por dos instancias) con un ‘robagallinas’, y asquerosamente ineficiente con los auténticos delincuentes; con verdaderos hijos de puta que no solo expolian directamente el erario público sino que provocan la corrosión de todo el sistema.
Tres años y medio de vida ‘a la sombra’ por saltar una valla y robar una bicicleta infantil, y Blesa, Rato, Cristina de Borbón y esposo (esos mismos que se gastaban en menaje del hogar el dinero donado a niños con cáncer), Bárcenas, Griñán, Chaves, Pujol, y el sursum corda en la calle (o en el yate) disfrutando de la vida.
Y aún hay quien no se ruboriza, buceando en su océano de cinismo, y presumiendo de la democracia y de la justicia en España.
Resultado de imaxes para Urdangarin ladronzuelo

Así chegou o eucalipto a Galicia, arredor de 1850

Científicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán e da Universidade de Vigo confirman que a árbore non foi introducida por Frai Rosendo Salvado dende Australia, como se cría até o de agora, senón que chegou antes a Santa Marta de Ortigueira, a mediados do século XIX. A procedencia dos primeiros exemplares segue sendo un misterio.

Alberto Quian
http://www.galiciaconfidencial.com/

Como e cando chegou o eucalipto a Galicia? Ninguén tiña unha resposta contundente a esta pregunta até o de agora. Porén, Francisco Javier Silva Pando, do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e Rubén Pino Pérez, do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo da Universidade de Vigo, sosteñen agora que a primeira plantación coñecida en Galicia estivo en Santa Marta de Ortigueira (A Coruña), arredor de 1850, isto é, antes de que o misioneiro Frai Rosendo Salvado (Tui, 1 de marzo de 1814 - Roma, 29 de decembro de 1900) enviase sementes da especie Eucalyptus marginata dende Australia, a partir de 1868. A creencia até agora era que o clérico galego fora quen introducira o eucalipto en Galicia, pero esta hipótese é refutada por Silva e Pino no artigo científico 'Introduction of Eucalyptus into Europe', publicado na revista Australian Forestry, do Institute of Foresters of Australia.
Plantacións de eucalipto no norte da Península
Plantacións de eucalipto no norte da Península
"A introdución do eucalipto en Galicia e noutras partes de España tamén foi obxecto de grandes discusións", lembran os autores do estudo, que atoparon unha nova pista durante a preparación dun artigo sobre o botánico danés Johan Lange (1818-1898), que recollía plantas en Galicia en 1852. "Atopamos algunhas cartas na súa correspondencia co naturalista galego Victor López Seoane (1832-1900) que se referían ao eucalipto; isto espertou o noso interese en determinar que plántulas e plantacións foran as primeiras que se estableceron en Galicia e noutras partes de España", explican os investigadores.
Logo, foron pasando polas súas mans moitos artigos e documentos históricos, minuciosamente examinados polos científicos galegos, até compoñer unha "cronoloxía fiable" da introdución do eucalipto en Europa e, máis detalladamente, en Galicia. 
A primeira plantación de eucalipto coñecida en Galicia estivo en Santa Marta de Ortigueira (A Coruña), arredor de 1850. Con todo, "a orixe destas sementes é incerta".
CHEGADA A EUROPA
O exame de documentos históricos e investigacións levadas a cabo en diferentes países de Europa levaron a Silva e Pino a comprobar que "o primeiro eucalipto en Europa (Eucalyptus obliqua) foi plantado nos invernadoiros do Real Xardín Botánico de Kew [Inglaterra], en 1774, a partir de sementes doadas polo capitán Tobias Furneaux, mentres que o primeiro eucalipto (Eucalyptus robusta) plantado ao aire libre foi no Xardín Inglés do Palacio Real de Caserta (Italia) en 1792, por Johann Andreas Graefer, probablemente coas sementes doadas por Sir Joseph Banks". Así, os investigadores galegos refutan a hipótese de que as sementes de eucalipto foran recollidas en Timor e introducidas en Europa na década de 1520 por exploradores portugueses e holandeses. "Nese caso, a especie probablemente tería sido Eucalyptus alba Reinw. Ex Blume, E. deglupta Blume o E. urophylla S.T. Blake, pero tales afirmacións non teñen base documental ou científica", aclaran.
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Silva e Pino apuntan aos botánicos Joseph Banks e Daniel Solander como os responsables de recoller e traer os primeros exemplares de Eucalyptus a Europa, tras acompañar ao capitán James Cook na viaxe inaugural do Endeavour en 1770, "pero a maioría desas coleccións nunca foron publicadas. Logo, baseándose nas distintas mostras recollidas por Banks e Soldander, Joseph Gaertner describiu varias especies novas en 1778, "pero baixo un xénero diferente, a saber, E. gummifera (Sol. Ex Gaertner) Hochr (= Metrosideros gummifera Sol. Ex Gaertner) y E. zebra F Muell. (= M. salicifolia Sol. Ex Gaertner, no E. salicifolia Cav.)", especifican os científicos galegos. E xa en 1788, o xénero Eucalyptus foi descrito por Charles L'Héritier de Brutelle baseándose nun exemplar de E. obliqua recollido por David Nelson en Adventure Bay, na Illa de Bruny, Australia, o 26 de xaneiro de 1777, segundo constataron Silva e Pino.
INTRODUCIÓN EN GALICIA
O traballo dos investigadores galegos confirma tamén a hipótese de que os eucaliptos foron inroducidos en España e Galicia antes de que Frai Rosendo Salvado comezase a enviar sementes dende Australia. Así, Silva e Pino calculan que a primeira plantación de eucalipto coñecida en Galicia estivo en Santa Marta de Ortigueira (A Coruña), arredor de 1850. Con todo, "a orixe destas sementes é incerta", recoñecen os científicos. "Foron probablemente Eucalyptus globulus ou E. obliqua", mentres que "a especie introducida a partir de 1868 a través dos envíos de Salvado foi E. marginata, que é abundante no sur de Australia Occidental, onde vivía o monxe benedictino galego", expoñen Silva e Pindo no seu traballo de investigación.
Con todo, recoñecen que "ao examinar a literatura sobre a introdución do eucalipto en España e noutras partes de Europa, a data exacta segue sendo incerta", por iso o ano 1850 non ten por que ser exacto para datar a chegada desta árbore a Galicia, pero si aproximada.
Para chegar ás súas conclusións, Silva e Pino utilizaron dous tipos de documentos fonte: en primeiro lugar, libros e artigos nos que se fai referencia ou se menciona a presenza do eucalipto en Europa dentro dun ámbito máis amplio, e a segunda fonte foi documentación se publicar, incluídos o diario de Frai Rosendo Salvado, fundador da misión benedictina en Nova Norcia (Perth, Australia), onde se conserva o seu documento; a correspondencia recollida por Víctor López Seoane, que se conserva no Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses (A Coruña) e contén cartas do botánico Miguel Colmeiro y Penido (Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1816 – Madrid, 21 de xuño de 1901) e do médico e naturalista Mariano de la Paz Graells y de la Agüera  (Tricio, La Rioja, 24 de enero de 1809 - Madrid, 14 de febreiro de 1898), ambos os dous directores do Real Jardín Botánico de Madrid, de onde revisaron ademais os libros de rexistros de sementeira.
"Non se mencionan sementes de eucalipto antes de 1867, o que nos leva a considerar que os primeiros eucaliptos en Galicia non foron importados ou subministrados por Frai Rosendo Salvado".
Silva e Pino constatan que "a primeira entrada sobre Eucalyptus no diario de Salvado é en setembro de 1867 e refírse a un pedido de sementes de Eucalyptus marginata para un comerciante de Vigo".
Os investigadores galegos tamén encontraron anotacións de Salvado que indican que en abril de 1868 non había sementes de eucalipto para a venda en Madrid, que se vendían a un prezo de 8 reais por cada 180 sementes, e tamén que en maio dese mesmo ano, finalmente, recibiu as sementes en Huesca nunha das súas viaxes de regreso a Europa. En xullo dese mesmo ano tamén recibiu un importante envío de sementes do clérigo Rafaelle Martelli dende Nova Norcia, Australia.
Entre a documentación, os investigadores tamén descubriron que o 3 de xaneiro de 1885, o catedrático de Medicina Victoriano Comesaña Salvado escribiu desde Santiago de Compostela a Frai Rosendo Salvado, que nese momento se atopaba na Abadía de Montserrat (Barcelona), indicándolle unha dirección en Carril (Vilagarcia de Arousa) para enviar as sementes de eucalipto.
O 19 de decembro de 1885, notificóuselle que o pai Santos Salvado da Guarda (Pontevedra) recibira as sementes de eucalipto e entregáballas a Manolo Maceira, porque Nicolás Salgado non tiña terra para sementar. Noutra carta datada o 13 de febreiro de 1886, pedíalle máis sementes, dado o interese suscitado entre máis xente pola nova especie. O 4 de abril de 1886, Victoriano Comesaña Salvado informou a Frai Rosendo Salvado que o último envío de sementes fora distribuído entre membros da sociedade civil, centros agrícolas e provinciais e as Deputacións de Galicia e Asturias.
O 21 de outubro de 1886, Santos Salvado pasou unha solicitude de sementes de eucalipto de Joaquín Alonso, propietario do mosteiro de Oia (Pontevedra). E o 1 de xaneiro de 1890, o irmán de Rosendo Salvado confirmou que foran plantados en Salcidos (A Guarda), pero tres anos despois estaban nun estado lamentable, segundo recollen Silva e Pino na súa investigación.
Os autores do estudo confirman ademais que a madeira de eucalipto alcanzou por entón unha "gran reputación", tanta, que "en xullo de 1895 Juan Areal Barros, secretario do Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) solicitou información a Frai Rosendo Salvado sobre esta madeira que se estaba facendo tan popular para a construción. Así, "as solicitudes de novas sementes continuaron sen cesar case ata a morte de Salvado en 1900".
Así pois, e tras examinar minuciosamente toda a correspondencia de Salvado e parte dos seus diarios, os dous investigadores obervaron que "non se mencionan sementes de eucalipto antes de 1867, o que nos leva a considerar que os primeiros eucaliptos en Galicia non foron importados ou subministrados por Salvado, calquera que fosen". 
"Salvado comezou a enviar sementes durante a súa estancia en Europa entre 1867 e 1868, a petición de varios terratenentes galegos".
Unha das cousas que máis chamou a atención de Silva e Pino foi que "a única especie mencionada na correspondencia de Salvado é o E. marginata", ademais das "dificultades mencionadas na súa correspondencia para obter sementes viables e asegurar o seu posterior cultivo en Galicia". Unha carta de Salvado datada o 21 de xaneiro de 1890 sinala que "as sementes que enviou S. [Salvado] hai 3 anos, que foron plantadas en Salcidos, non creceron, aínda que brotaron moitas plántulas, só 6 están vivas pero nun estado lamentable: parece que o clima de Salcidos non é bo para elas...".
De todo o anterior, os dous investigadores deducen que "Salvado comezou a enviar sementes durante a súa estadía en Europa entre 1867 e 1868, a petición de varios terratenentes galegos" e, polo tanto, non foi quen introduciu o eucalipto en Galicia, se ben é certo que foi un actor determinante.
Por outro lado, sobre a correspondencia privada de Victor López Seoane, Silva e Pino din deducir "con seguridade" que exemplares de eucalipto xa foran plantados na década de 1860 en Galicia. De toda esa correspondencia, os investigadores destacan unha carta clave selada en Santa Marta de Ortigueira o 13 de setembro de 1876, na que Mariano de la Paz Graells lle menciona un exemplar de eucalipto plantado en Ortigueira e cunhas dimensións duns 40 metros de alto e 1,33 metros de circunferencia. Pero as referencias nesta misiva ao eucalipto esténdense a Cabanas, Viveiro, Barqueiro, A Coruña, Pontevedra e probablemente tamén Santiago de Compostela. O parágrafo de Graells, reproducido por Silva e Pino no seu estudo, di así:
E para min ... a túa noticia sobre o eucalipto que estás a facer crecer alí co señor Joaquín Romeu, (que ten unhas magníficas árbores) dime que che deu as sementes. Deben crecer ben en Cabanas [onde López Seoane posúe unha casa] como as vin aquí [Santa Marta de Ortigueira] cunha circunferencia de 1 m 33 cm e unha altura de 40 m quizais [itálicas engadidas]. Por favor, cónteme todo o que poida sobre esta árbore en Galicia, onde a vin en Viveiro, San Marta, Barqueiro, Coruña, Sgo. [Santiago?], Pontevedra.
Con eses datos, Silva e Pino calcularon que a árbore de Ortigueira da que fala Graells debería ter por entón arredor duns 25 anos, é dicir, dataría de 1850, máis ou menos, isto é, unha década antes das referencias que se tiñan sobre eucaliptos plantados en Galicia, o cal situaría o exemplar de Santa Marta de Ortigueira como o primeiro eucalipto en Galicia do que se ten constancia.
PROCEDENCIA
Polo que respecta á orixe das sementes utilizadas para as primeiras plantacións galegas, Silva e Pino desbotan que puidesen vir dos Xardíns Botánicos de Melbourne, cando Ferdinand von Mueller foi director deste centro, como se ten especulado, xa que este "subministrou sementes a varios países europeos a partir de 1857, incluíndo algunhas sobre as cales existen probas escritas que chegaron a Galicia en anos posteriores". Así, Silva e Pino descartan "definitivamente" a idea de que os primeiros exemplares galegos proviñan do cargamento do botánico e comerciante francés Prosper Ramel, xa que este viaxou a Australia en 1854 e enviou sementes do Xardín Botánico de Melbourne a Francia en 1856, 1857 e 1860.
Os investigadores especulan coa posibilidade de que os primeiros eucaliptos plantados en Galicia "viñesen do mesmo lote que os utilizados polo Barón de Massarelos" (Portugal).
Porén, non decartan a posibilidade de que "viñesen do mesmo lote que os utilizados polo Barón de Massarelos" (Portugal), xa que "as datas de plantación case coinciden", argúen. O certo é que, como salientan os investigadores, tense indicios de que os primeiros eucaliptos no país veciño foron plantados ao sur de Vila Nova da Gaia (norte de Portugal) en 1829 e están considerados a primeira plantación para a produción de madeira de eucalipto en Europa. Posteriormente, en 1852, o Barón de Massarelos reforestou a súa leira local, Quinta da Formiga, coas especies Eucalyptus globulus, E. obliqua, E. viminalis y E. linearis, das cales aínda hoxe perviven algúns exemplares.
"Ademais, considérase que as importacións subseguintes de sementes proveñen de diferentes fontes —Australia e Portugal— con boas taxas de crecemento e produción de sementes a idades temperás, e tiveron máis éxito que as sementes de E. marginata subministradas por Salvado", detallan os científicos.
Finalmente, a hipótese da chegada de sementes a través da costa cantábrica considérana "factible, aínda que indocumentada, polo menos nas primeiras etapas de introdución do eucalipto".
Pero se a orixe segue sendo un misterio, tamén o é o tipo de especies utilizadas na plantación de Santa Marta de Ortigueira, aínda que Silva e Pino cren "moi probable" que fosen E. globulus ou E. obliqua.
"En calquera caso, foi desde o momento en que von Mueller comezou a enviar sementes dende Melbourne a outros xardíns botánicos e gobernos que a propagación de eucaliptos en todo o mundo se intensificou. Ata entón, a expansión dos eucaliptos fora algo limitada e feita principalmente por individuos, potenciada polo impacto que a exhibición dun par de exemplares de E. globulus tivera na Exposición Universal de Londres en 1851", conclúen os dous investigadores.
CRONOLOXÍA
Na cronoloxía elaborada polos científicos galegos sobre a introdución do eucalipto en Europa —e noutros puntos do planeta— aportan 31 referencias claves, entre os anos 1774 e 1868, das cales cinco pertencen a Galicia: a xa mencionada de Santa Marta de Ortigueira (arredor de 1850), Pontevedra (1865), Ribeiras do Sor (1867), Rubiáns (1867) e Vigo (1868). Estas son, até o de agora, as primeiras referencias documentadas no noso país.
CRONOLOXÍA DA EXPANSIÓN DO EUCALIPTO (Fonte: F. J. Silva-Pando e R. Pino-Pérez. Australian Forestry Vol. 79 , Iss. 4, 2016).
AnoLugarPersoa que introduciu o eucaliptoReferencia
1774Kew Gardens, Londres, InglaterraT FurneauxAiton WT. 1789. Hortus Kewensis or Catalogue of the Plants Cultivated in the Royal Botanic Garden in Kew. Vol. II. London; George Nicol Printer. [CrossRef]
1788Kew Gardens, Londres, InglaterraJ BanksAiton WT. 1811. Hortus Kewensis or catalogue of the plants cultivated in the Royal Botanic Garden in Kew. Vol. III. London; Longman.
1792Caserta, ItaliaJA GraeferTerracciano N. 1880. I Legnami della Terra di Lavoro al Concorso Agrario Regionale de 1789 in Caserta. Caserta: Nobile e Cº., Della Valle MF. 2007. Affinita Elettive di un locus: Il Giardino Inglese della Reggia di Caserta. Quaderni della Ri-Vista. Ricerche per la progettazione del paesaggio. 4:126–149.
1794Kew Gardens, Londres, InglaterraWI AitonAiton WT. 1811. Hortus Kewensis or catalogue of the plants cultivated in the Royal Botanic Garden in Kew. Vol. III. London; Longman.
26 abril 1797Real Jardín Botánico de Madrid (sementeira),The Lady Ambassador to LondonCuadernos de Siembra. 1797. Cuadernos de Siembra del Real Jardín Botánico de Madrid. Unpublished. Madrid.) states ‘ignota’ [unnamed]
1790sTippu, IndiaTippu SultanDoughty RW. 2000. The Eucalyptus: A Natural and Commercial History of the Gum Tree. Baltimore: The Johns Hopkins University Press.
1803Kew Gardens, Londres, InglaterraP GoodAiton WT. 1811. Hortus Kewensis or catalogue of the plants cultivated in the Royal Botanic Garden in Kew. Vol. III. London; Longman.
Antes de 1804–1830Distintos lugares do sur de Italia Agostini R. 1953. Cenni stori sulla introduzione degli eucaliti in Italia. L’Italia Forestale e Montana. 8:117–122.
1804Xardín Botánico de Paris, FranciaA GuichenaultGoes E. 1977. Os eucaliptos (Ecología, Cultura, Produçôes e Rentabilidade). Lisboa: Portucel.
Antes de 1822Berlin, Alemaña Chippendale GM. 1988. Eucalyptus, Angophora (Myrtaceae). Vol. 19. Flora of Canberra: Australian Government Publishing Service. p. 1–540.
1820sIllas Mauricio Noble J. 1886. History, Productions, and Resources of the Cape of Good Hope. Cape Town: W.A. Richards and Sons.
1823Chile Penfold AR, Willis CB. 1961. The Eucalypts. London: Leonard Hill (Books).
1828Cidade do Cabo, África do SurGL ColeNoble J. 1886. History, Productions, and Resources of the Cape of Good Hope. Cape Town: W.A. Richards and Sons.
1829Quinta da Formiga?, Vila Nova da Gaia, PortugalC ButlerMendes Almeida, cited in Goes E. 1977. Os eucaliptos (Ecología, Cultura, Produçôes e Rentabilidade). Lisboa: Portucel.
1844Northwood Park, Coves, Wright Island, Inglaterra Carpinetti L, Dalla Tea E, Glade JL, Alberto Marco M, editors. 1995. Manual para los productores de eucaliptos de la Mesopotamia Argentina. Concordia, Entre Ríos: INTA-Ministerio de Economía, Obras y Servicios Públicos.
±1850Sta. Marta de Ortigueira, Galicia Graells, in this paper, letter of 14 May 1872
Chevalier A. 1952. Travaux francais sur le genre eucalyptus. Revue International de Botanique Applique. 32(353–354):105–112.
1852Quinta da Formiga, Vila Nova da Gaia, PortugalBaron of MassarelosGoes E. 1977. Os eucaliptos (Ecología, Cultura, Produçôes e Rentabilidade). Lisboa: Portucel.
1852East Lothian, EscociaJ WhittingLeslie AD, Mencuccini M, Perks M. 2011. Eucalyptus in British isles. Q J For. 105:43–53.
1853Estados Unidos Sellers CH. 1910. Eucalyptus. Its history, growth and utilization. Sacramento: A.J. Johnston & Co, Printer.[CrossRef]
Antes de 1856Irlanda Leslie AD, Mencuccini M, Perks M. 2011. Eucalyptus in British isles. Q J For. 105:43–53.
1858SenegalRamelVentalló, Vintró PA. 1908. Repoblación forestal y el eucalipto en ella. Tarrasa: Imprenta y Litografía de José Ventayol Vilá.
1858Estancia San Juan, Buenos AiresDF SarmientoGozzo D. 1955. Eucalyptus y Eucaliptotecnia. Córdoba: Librería El Ateneo Editorial.
1859Londres (ao aire libre) Ventalló, Vintró PA. 1908. Repoblación forestal y el eucalipto en ella. Tarrasa: Imprenta y Litografía de José Ventayol Vilá.
14 abril 1863Santander, CantabriaSáez de SautuolaSáez de Sautuola M. 1866. Apuntes sobre la aclimatación del eucaliptos globulus en la Provincia de Santander. Santander: Ateneo de Santander.
1863–1865Granxa de Agricultura de Barcelona, CataluñaPA VentallóAnonymus. 1872. Revista Forestal Económica y Agrícola, VI:289–291.
1865O Cairo, ExiptoRamel; Gastinel-BeyVentalló, Vintró PA. 1908. Repoblación forestal y el eucalipto en ella. Tarrasa: Imprenta y Litografía de José Ventayol Vilá.)
1865Real Jardín Botánico de Madrid Texidor y Cos J. 1871. Flora farmacéutica de España y Portugal, precedida de varios capítulos preliminares y determinación de materiales farmacéuticos exóticos. Madrid: Imprenta de José e M. Ducazcal.
±1865Instituto de Pontevedra, Galicia Laguna M. 1872. Comisión de la flora Forestal Española. Resumen de los trabajos verificados por la misma durante los años 1869 y 1870. Madrid; Tipografía del Colegio Nacional de Sordo-mudos y de Ciegos.
1867Ribeiras do Sor, GaliciaMaciñeiraAreses Vidal R. 1953. Nuestros parques y jardines. Galicia. Tomo I. Pontevedra. Madrid: Escuela Especial de Ingenieros de Montes.
1867Rubiáns, Galicia Rodríguez Dacal C, Izco J. 2003. Árboles Monumentales en el Patrimonio Cultural de Galicia. Santa Comba: Xunta de Galicia.
1868Vigo, Galicia Letter of Salvado, unpublished

luns, 2 de xaneiro de 2017

Qué enseñaba y qué ocultaba el vestido de Pedroche

Yolanda Domínguez
http://www.huffingtonpost.es/

2017-01-01-1483263110-2213099-Pedrochecampanadas2017.JPG
Como viene siendo habitual en año nuevo, hoy es día de resaca y de hablar de los centímetros de tela del vestido de Pedroche. Los directivos de Antena 3 deben estar disfrutando de lo lindo viendo cómo despellejamos viva un año más a una mujer opinando sobre su falta o no de decencia mientras nadie menciona nada sobre la integridad de la cadena. Seamos honestos, que se vea una teta o un culo a estas alturas ya no escandaliza a nadie, lo realmente preocupante es lo que ese vestido deja al descubierto: que tenemos una televisión casposa y rancia a la que le importa un pimiento la desigualdad de género.
Dos minutos fueron suficientes para transportarnos directos al pasado y vernos como Jesús Gil rodeado de chicas, inmersos en el jacuzzi. "Vamos a ver qué hay debajo de esta batamantaaa, enséñanos lo que hay debajo" farfullaba un irreconocible Chicote en su peor papel hasta la fecha. "Has sido tú la que nos ha calentado" le espetaba a la presentadora mientras tiraba de la tela. "¡No soy una luciérnaga!" se quejaba ella. Unos segundos para la publicidad y se abre la cortina que presenta el objeto de subasta. Un par de planos cerrados cortan al cuerpo de Cristina Pedroche en cachitos y nos lo sirven en bandeja (lo de retratarla entera con cabeza incluida era demasiado pedir).
2017-01-01-1483263164-1460187-Pedrochecampanadaspartes.jpg
A los pocos segundos ya arden las redes con todo tipo de comentarios, más o menos afortunados, más o menos soeces, sobre la elección del modelito y si ella ha estado acertada o no. En mi opinión hablar sobre las decisiones morales de Cristina Pedroche es errar totalmente en el tiro y quedarse en la superficie porque lo que ese traje está dejando al descubierto no es el cuerpo de una mujer sino la falta de compromiso social de nuestra televisión, que demuestra un año más no tener escrúpulos a la hora de hacer caja. Nada importa que las mujeres llevemos años pidiendo no ser representadas sólo como cuerpos. Nada importa que aumenten cada día los casos de violencia de género y reclamemos a los medios que se hagan cargo del importante papel que desempeñan. Lo que realmente importa es ser 'trending topic' y llenarse la cartera.
Lo que ese vestido está poniendo en evidencia no es la libre decisión de una persona, es que las mujeres en televisión sólo somos cuerpos. Lo que ese vestido muestra es que las mujeres sólo tenemos cabida en estos espacios si somos jóvenes, delgadas y blancas. Lo que ese vestido expone es que nuestra única función es ser deseadas. Lo que ese vestido enseña es que nuestra mayor aspiración es lucir una prenda. Lo que ese vestido provoca es que al día siguiente de lo único que se hable sea de nuestra apariencia.
Pero el vestido elegido por Antena 3 no sólo tiene la capacidad de exhibir sino también de ocultar, porque detrás de cada transparencia también hay millones de mujeres silenciadas, como por ejemplo las profesionales y expertas que no aparecen en pantalla por no tener una talla 36 o ser mayores de 40. Sin embargo los hombres no son elegidos por su físico sino por su labor profesional y su edad tampoco parece penalizarles ni ser un hándicap, allí estaban ellos luciendo sus canas, sus patas de gallo e incluso sus michelines. Echamos de menos a Samanta Vallejo-Nájera y también a otras cocineras de renombre a las que probablemente no llaman por no cumplir los cánones que exige la cámara. Los tres cocineros (hombres) también dejaban fuera de ese espacio a todas las mujeres que ayer se encargaban de preparar las cenas de nochevieja en sus casas.
Que Cristina Pedroche es estupenda se mire por donde se mire es indiscutible, lo que sí es cuestionable e incluso reprochable es la falta de diversidad a la hora de representar a las mujeres en los espacios de máxima visibilidad. Que toda la expectación con respecto a la labor de las mujeres se base en un vestido es lamentable. Que la única opción que tengamos las mujeres para aparecer en pantalla sea sexualizadas es penoso y totalmente criticable. Cada persona es libre para elegir cómo quiere vestir y resaltar de sí misma lo que le dé la gana, pero además de su dimensión personal los personajes que aparecen en los medios tienen un carácter simbólico. Obviarlo es eludir una responsabilidad y Antena 3 se ha vuelto a lucir una navidad más, ayer quien se quedó con el culo al aire no fue la presentadora sino su propio posicionamiento como marca y sus valores con respecto a la sociedad.

Finlandia experimentará desde enero de 2017 el reparto de una renta básica de 560 euros al mes

  • Un grupo de 2.000 ciudadanos, elegidos mediante un muestreo aleatorio entre los desempleados del país, recibirán dicha cuantía como un experimento de la Seguridad Social
  • La cantidad se mantendrá invariable durante la duración de la prueba y no será reducida por ningún otro ingreso que los beneficiarios pudiesen obtener

http://www.infolibre.es/


Finlandia experimentará desde enero de 2017 el reparto de una renta básica de 560 euros al mes. E.P.


Un grupo de 2.000 ciudadanos finlandeses elegidos mediante un muestreo aleatorio entre los desempleados del país se convertirán a partir de enero de 2017 y durante un periodo de dos años en protagonistas del experimento mediante el que la Seguridad Social de Finlandia (Kela) quiere examinar la utilidad de implantar una renta básica, que durante la duración del estudio consistirá en el cobro de 560 euros al mes libres de impuestos.

La institución ha explicado que mediante este experimento pretende analizar cómo podría rediseñarse el sistema de seguridad social para afrontar los cambios del mercado laboral y cómo podría hacerse que promoviera la participación activa, proporcionando mayores incentivos para trabajar, así como reduciendo la burocracia y simplificando el sistema de subsidios.

El experimento, que se extenderá entre el 1 de enero de 2017 y el 31 de diciembre de 2018, contempla el pago de 560 euros al mes a cada uno de los participantes, que en caso de periodos inferiores a un mes cobrarán 18,67 euros por día, informa Europa Press.

Esta cantidad se mantendrá invariable durante la duración de la prueba y no será reducida por ningún otro ingreso que los beneficiarios pudiesen obtener. De hecho, en caso de encontrar empleo, los participantes seguirán cobrando esta renta básica, aunque una cantidad equivalente se les deduciría del cobro de determinados beneficios sociales.

Los 2.000 ciudadanos participantes en el experimento fueron, con algunas excepciones, elegidos aleatoriamente entre un grupo objetivo de 175.000 personas de entre 25 y 58 años que recibieron el pasado mes de noviembre algún tipo de subsidio o pensión por desempleo por razones distintas de una baja temporal y que no cobraban prestación por paro.

La Seguridad Social finlandesa precisó que los beneficiarios de esta renta básica recibirán el primer pago de 560 euros el próximo 9 de enero de manera automática y sin necesidad de contactar o someterse al control de Kela.

"Aquellas personas incluidas en el estudio recibirán la renta básica automáticamente, por lo que no es necesario que se pongan en contacto con Kela", indicó Marjukka Turunen, responsable legal de la Seguridad Social finlandesa, quien recordó, no obstante, que los participantes deberán comunicar aquellos beneficios o restricciones que impidieran el cobro, como iniciar el servicio militar, empezar a cobrar una pensión o mudarse fuera del país.

Según Kela, que ha comunicado por carta este miércoles la identidad de las personas seleccionadas para el estudio, el 48% de los beneficiarios de la renta básica serán mujeres y el 52% hombres. Un 30% tiene edades comprendidas entre los 25 y 34 años, el 29% entre 35 y 44 años, y el 41% entre 45 y 58 años.

Asimismo, la Seguridad Social finlandesa indicó que durante los dos años previstos de funcionamiento del experimento supervisará su evolución a través de los datos registrados, por lo que no someterá a controles a los participantes para averiguar su situación laboral.

"Se dejará en paz a los participantes en el estudio de población durante el experimento. Kela no les llamará regularmente para preguntarles su situación laboral, que, en su lugar, será monitorizada mediante los datos registrados", añadió Turunen.