domingo, 11 de marzo de 2012

El Pasatiempo. Un capricho de indianos

por: abc
Betanceiros, non sei que facedes que non coidades esa marabilla. Está que da pena velo.

Todos coñecemos xardíns públicos, é imposible atopar pobo, vila ou cidade que non dispoña dalgún. Todos coñecemos xardíns privados, de infinitos tamaños, formas e dimensións. Pero xardíns privados pensados para o uso e beneficio público son bastante mais raros, e os que serven para sufragar institucións de beneficencia, aínda menos.


Obra dos irmáns García Naveira, especialmente de Xoán M. García Naveira, (indianos ricos) o ‘Parque del Pasatiempo’ as aforas de Betanzos (A Coruña), é un curioso exemplo do intento de esconxurar con obras benéficas as dificultades no acceso aos servizos sanitarios, educativos e culturais na terra natal. Por separado estes emigrantes retornados da Arxentina sufragaron a creación das Escolas Municipais, un Sanatorio, a Casa do Pobo, un refuxio para nenos e entre os dous mantiveron o padroado Benéfico-Docente que constaba dun asilo e dunha escola. Pero o Pasatempo é a obra que colocou esteticamente a vila medieval no século XX aínda que caera na fachenda "kitsch" xa perdoada pola historia. A definición que mellor lle acae é a de parque enciclopédico con fins didácticos, achegada por outro fillo da emigración arxentina (Luís Seoane).

Situado ás aforas de Betanzos, dos 90.000 m² con que contaba orixinalmente o xardín e o Pasatempo propiamente dito, hoxe apenas se conserva unha décima parte, trala longa ruína da posguerra civil que propiciou o espolio e deterioro de moitas pezas. Comezou a execución no ano 1893 nun momento dominado pola estética modernista de fin de século pretende refinamento, exquisitez e reflexa dalgunha maneira as esencias que se atribuían á burguesía da época, un comportamento aristocrático e unha alta sensibilidade, todo nunha época de forte recesión económica que só abría as portas a máis emigración. O pago das entradas ía destinado ó asilo, e tiña especialmente abertas as portas ós escolares.

Estruturado en varios niveles, o museo o ar libre anticipouse por décadas a futura explosión de parques temáticos interactivos. É un parque moi especial, un parque diferente: conten grutas, pasadizos subterráneos, estanques, murais policromados que reproducen medios de transporte como un aeroplano, un dirixible ou un funicular, mapas, elementos da mitoloxía, animais exóticos, como un hipopótamo, un elefante, un xigantesco león e un xardín botánico. Era un museo lúdico, de coñecementos variados mediante a representación das novidades tecnolóxicas do momento e dun mundo que coas posibilidades das viaxes comezaba a facerse pequeno. Pero o parque non só era un lugar de espallamento, parte da zoa temática foi concibida como material didáctico que completaba as ensinanzas que se impartían nas veciñas Escolas García Naveira.

Mentres a I Guerra Mundial estouraba en Europa, mentres Galiza padecía unha fame atroz que empurraba máis e máis carne ós barcos da emigración, os irmáns Naveira mantiñan a 200 homes amasando sonos en cemento, librándoos da emigración e construíndo símbolos aparentemente didácticos do progreso. Impresionante. Destes anhelos nace a obra de arte decadente, en forma de xardín, pode que difícil de entender dende os gustos actuais. Xoán M. García Naveira, dotado dunha alta capacidade de emoción e un espírito receptivo e sensible, tentou transmitir e recrear as súas experiencias deseñando un xardín reflexo da alma.


A lista do que aínda podemos ver na sección coñecida popularmente como as covas fala por si mesma da súa miscelánea reprodución en cemento, un material absolutamente novo daquela. Comezamos polo que máis chama a atención que é, ademais das grutas e pasadizos subterráneos, o estanque do Retiro. Seguimos polos murais policromados onde se reproducen medios de transporte como o aeroplano, o dirixible, o funicular, mapas da canle de Suéz, un buzo escafandrista, a pirámide de Keops no testemuño dunha viaxe por Exipto, o mural España monárquica e as súas 18 Fillas Republicanas, homenaxe a Arxentina, os reloxos cos fusos horarios mundiais, a mesquita de Mohamed Alí, elementos da mitoloxía, animais exóticos un hipopótamo, un elefante, un xigantesco león... E no nivel superior, cunhas espléndidas vistas, situábase o xardín botánico con especies dos cinco continentes.


Cando morreu Xoán M. García Naveira os herdeiros parcelaron a finca e vendérona, logo anos despois chegou a estrada... Xente que coñeceu o Xardín do Pasatempo, ou Parque Enciclopédico, ou Parque da Razón, ou a Horta de Don Xoán, o lecer e recreo de moitas xeracións de fillos/as de betanceiros, patio de presos de posguerra, escenario de amores furtivos, cada recuncho do Pasatempo garda seus segredos e cada persoa ten a súa historia no Pasatempo, cando a estrada de Betanzos a Mesón do Bento aínda non o cortara, eles sempre o recordan como un lugar precioso e integrado nos mellores recordos da infancia. Entonces1910-1914, máis que parque temático era un lugar, onde a xente en xeral podíase instruír "ver" o descoñecido (camelos, aeroplanos, pirámides, etc.) Non era un parque público, tíñase que pagar para entrar (aínda que os veciños de Betanzos era raro que pagasen) e alí pasábanse unha tarde entre xogos, entrando e saíndo das grutas, contemplando os nenúfares do estanque, os leóns de mármore que estaban na entrada e hoxe encóntranse no Santuario de Covadonga.

O novo Pasatempo, que ocupa o nivel inferior do cal apenas se puido recuperar nada, é un parque moderno que serve de espazo de lecer non exento totalmente de atractivos como o labirinto de tuias, o auditorio ao aire libre, e parque infantil... O proxecto de unilo mediante unha pasarela co centro da cidade quedou inconcluso e deberá ser abordado con novas fórmulas que escorrenten as silveiras do pasado.

En 1995 comezouse a restaurar o Parque do Pasatempo, abandonado dende 1933. Trala restauración do concello, aínda có esplendor de antano é imposible de igualar, volve a definirse como un espazo de ocio no que seus visitantes poden gozar da maxia e misterio que xa ofrecía aí cen anos. Coa restauración conseguiuse paliar xustamente o visible deterioro do que aínda se conservaba despois de anos de desidia, pero anulouse tamén parte do seu encanto, porque non hai nada máis crepuscular cá ruína e o abandono dun xardín decadente.
Os servizos que ofrece na actualidade son o Xardín enciclopédico (covas, estanque, murais, botánico, miradoiro), e Novo Pasatempo, auditorio o ar libre, estanque e paxareiras, reloxos de sol, bebedeiros, mesas, labirinto de tuias, pagode e zoa de Parque infantil.


Na década de 1920 ‘El Pasatiempo’ era citado en numerosas guías turísticas europeas como parada obrigada de viaxeiros e peregrinos do Camiño de Santiago, no tempo que foi feito, a maioría da xente non viaxaba, non lía, …nin tiña tele por suposto! era unha maneira de traer o mundo de fora ata alí. A partir de 1930 empeza seu deterioro que durará ata 1986 cando o Concello merca os térrenos.

Aínda que imposible igualar o que foi ai 100 años, queda o encanto dunha época, o esforzo dun home por axudar e ensinar todo o que aprendera nos seus múltiples viaxes.

Xa non hai indianos ou xente adiñeirada coa vocación social dos García Naveira, que volveron o seu Betanzos natal e frearon a emigración dando traballo para construír o Pasatempo, a casa que estaba na propia praza do Campo (e que o parecer a irmá quelles sobreviviu dispuxo no seu testamento que se demolese), o asilo, as escolas é o propio Pasatempo.

É unha magoa que non se teña coidado máis, estivo abandonado ata o ano 1988 no que a Escola Taller de Betanzos comezou a súa primeira etapa de restauración, seguido dunha segunda en 1995, moitas partes non puideron recuperarse, de feito unha estrada divídeo en dúas partes, comunícanse por unha ponte, fixo difícil respectar o deseño orixinal, polo que unicamente se recuperou a marxe ónde se atopaba: A Boca do Inferno, o Estanque do Retiro, o Xardín Enciclopédico e O Mirador Chinesco, reconstruíuse o León do carto nivel, e recuperáronse parcialmente os murais etc...

A parte das grutas é onde máis se nota o abandono, a estrutura que aguanta as mesmas esta quedando o descuberto, hai zoas onde non se pode pasar, outras están luxas... en fin... o que foi un invernadoiro de plantas doutros países agora ten a metade dos cristais rotos, esta abandonado, e as plantas que alí sobreviven tórcense por ter chegado o teito ou mesmamente rachan os cristais.


No último nivel encontrámonos o que no seu dia foi un pequeno centro de interpretación, conferencias e centro de exposicións para as excursións que ían o parque, colexios, etc, hoxe esta totalmente desfeito, cristais rotos etc.
O outro lado é totalmente de novo deseño, antes tamén había pechados outros animais mais grandes, como avestruces ou ñandús, mil especies de patos, bonitas fontes, estanques, pavos reais de varios cores, tartarugas nos canais que comunicaban os estanques, peixes de cores... era un sitio moi agradable onde pasalo día. Apenas se recuperou nada, hoxe é un parque novo que conta nas súas instalacións cun auditorio, o labirinto de tullas, xardín lúdico, parque infantil e parque botánico, destaca o "Tren do Pasatempo". Deberá ser abordado con novas fórmulas.

Como un parque desta magnitude pode atoparse actualmente neste estado de abandono e perdéndose... (?)  De que sirve o restaurar se logo non se mantén...(?)

Declarado Ben de Interese Cultural (BIC), Xardín Histórico no 1981.

ARTÍGOS RELACIONADOS:
O Pasatempo de Betanzos: de Xardín da Razón a Xardín da Superstición 
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2719
(1) CABANO VÁZQUEZ I, PATO IGLESIAS ML, SOUSA JIMÉNEZ X: "El Pasatiempo. O capricho dun indiano". Sada, Edicións do Castro, 3ª ed. 1998, pag. 113.
(2) CRESPí RODRíGUEZ J, "Restauración del Pasatiempo", Anuario Brigantino 19, 1996, pg. 385-7.
(3) La ejecución, junto con la sentencia y la condena, el atroz sometimiento del pueblo, en GUTIÉRREZ ESCUDERO A, Túpac Amaru II, sol vencido: ¿El primer precursor de la emancipación?
(4) Según fotografía publicada en el artículo de SANDOVAL R, "El Pasatiempo. Bomarzo en Galicia",  El País Semanal, 20 de decembro 1987, p. 82- 90.
FOTOS:

sábado, 10 de marzo de 2012

Violencia de género estructural (*)

Jordi Calvo Rufanges

Un profesor de la facultad de economicas y empresariales nos decía que “estructura es lo que dura, lo demás es coyuntura”. Con esta simple, pero acertada definición, podemos afirmar que la violencia de género es estructural, quizá la violencia más profundamente estructural en la historia de la Humanidad.

La violencia de género estructural viene dada por el dominio mayoritario del patriarcado, por el que los hombres, solo por la condición de ser hombres, tienen privilegios para hacer política (74% de cargos en los gobiernos), para acceder al trabajo (90% de los cargos directivos), para tener un mejor salario (16,1% más que una mujer), para ser escuchado, e incluso en algunos países todavía tiene privilegios legales.

Esta violencia de género estructural se traduce en violencias directas y culturales contra las niñas y mujeres. Actualmente, el hombre es un ser privilegiado por el mero hecho de haber nacido varón y, como consecuencia, la mujer es inferior a éste. Los hombres desarrollan su sentimiento de superioridad de tal modo que cuando no ven cumplidos sus deseos o expectativas con las mujeres que les rodean, responden con violencia; de manera directa, insultando, menospreciando, ignorando e incluso agrediendo física y sexualmente; y de un modo cultural, legitimando la inferioridad de las mujeres y la violencia contra éstas. Quién no ha escuchado alguna vez, ante un suceso en el que una mujer ha sido agredida por su pareja: “algo habrá hecho…”

Violencia de género estructural es que la mujer sea rechazada de muchos trabajos si está en edad fértil y quisiera tener familia, o si ya tiene hijos e hijas (porque los tiene que cuidar, ya que es su rol estructural). El sector empresarial en el capitalismo actúa con lógica de mercado, si una mujer no va a rendir tanto como un hombre, lo lógico es contratar a un hombre. Es por ello que se debe legislar en favor de la mujer en materia laboral. Y con la nueva reforma laboral del Gobierno de Mariano Rajoy ocurre todo lo contrario. Porque limita y condiciona el derecho a jornada reducida para cuidar a hijos o familiares, el derecho a la lactancia y elimina la bonificación en las cuotas de la Seguridad Social de 1.200 euros al año de la que podían beneficiarse las empresas cuando una mujer se reincorpora a su puesto tras una excedencia para cuidar a sus hijos.

Esto es violencia de género estructural, señor Gallardón.


(*) O ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón, alertou da presión e da violencia de xénero á que se ven sometidas "en muchas ocasiones" as mulleres por embarazos non desexados. "Creo que en muchas ocasiones se genera violencia de género estructural contra la mujer por el mero hecho del embarazo", insistiu Gallardón durante a sesión de control ó Goberno no Congreso.

xoves, 8 de marzo de 2012

Día 8 na precariedade laboral



Logo do obtido a fraxilidade, nestes tempos, o sector laboral coas súas reformas pode supoñer un retroceso, unha volta a hai moitos anos en cuestión de dereitos, e dereitos de igualdade... Nestes momentos si cabe, a precariedade é aínda maior para as mulleres que para ninguén...

mércores, 7 de marzo de 2012

NESTLÉ. El Escándalo de la leche en polvo y del aceite de palma.



La multinacional suiza Nestlé es la empresa alimentaria más potente del mundo. En su página web se define a sí misma: Nestlé, como empresa líder en alimentación y bebidas, tiene un reto: la nutrición, la salud y el bienestar de sus consumidores en cada etapa de su vida, en todo momento y lugar.
Son dueños de marcas como: La Cocinera, Nescafé, Bonka, Nesquik, KIT-KAt,Helados Nestlé,Litoral, Solis, Maggi, Buittoni, Aquarel, Nespresso., Leches infantiles…
La promoción de la leche en polvo por esta multinacional en el Tercer Mundo provoca la muerte de miles de niños… ¿Por qué el Tribunal Penal Internacional no toma medidas en este crimen contra la humanidad…?

ACUSACIONES:
1.- Explotación directa o indirecta de los productores de cacao y café. Nestlé controla buena parte del comercio de estos dos productos tropicales y por eso es corresponsable del trato injusto dado a los campesinos que trabajan la tierra.
2.- Dominio de muchos sectores de consumo doméstico. Diversifica su oferta comercial con muchos nombres distintos para no dar sensación de abuso de poder.
3.- Promoción irresponsable de la leche en polvo en detrimento de la leche materna. Este es el principal motivo por el que Nestlé debería ser juzgada.
Los expertos en nutrición y salud recomiendan el uso de leche materna estas son sus razones…
• La leche materna… es más nutritiva que la leche en polvo.
• Contiene anticuerpos naturales que inmunizan parcialmente al bebé contra enfermedades comunes
• El amamantamiento natural… permite el contacto directo con la madre, tan importante para el desarrollo psíquico del bebé.
• Es más higiénico que el biberón.

Fuente: UNICEF, Organización Mundial de Salud La alimentación de los bebé con leche en polvo no solo es menos completa, sino que según que sitios es muy peligrosa. Por ejemplo en las comunidades pobres de muchos países del Sur, la leche en polvo, a menudo disuelta en agua no potable y administrada con un biberón no esterilizado, provoca la muerte de un gran número de niños y la desnutrición de muchos de ellos. De hecho, en el Sur, la lactancia artificial mata. Según UNICEF, cada año mueren 1.5 millones de bebés por ser alimentados con leche en polvo.

Las razones por las que el biberón mata son:
1) Desnutrición. Muchas madres del llamado Tercer Mundo no diluyen la leche en base a los esquemas propuestos (en los prospectos) sino en base a las posibilidades económicas de la propia familia. La leche en polvo vale dinero y las madres deben racionalizar las dosis aunque esto esté contraindicado.
2) Falta de higiene. Si bien las instrucciones de uso están en varios idiomas y hablan de las normas higiénicas a seguir para la preparación del biberón, la verdad es que no están adaptadas a las condiciones de vida de estas madres. Por ejemplo, en el prospecto puede leerse lo siguiente” Ponga el biberón y la tetina en una olla con agua que lo cubra y hágala hervir diez minutos”… la mayoría de familias africanas no tienen cocinas con fogones como nosotros. Cocinan sobre tres piedras que sostiene una única olla calentada por un fuego de leña o de hojas. Además a menudo el prospecto no lo pueden entender (en numerosos países del Sur el analfabetismo es superior al 50%) ni aplicar (acceso difícil al agua potable)
Madres con poco dinero, pocas comodidades, pocas nociones higiénicas suministran a sus hijos leche aguada, en biberones como mucho aclarados, con tetinas expuestas al aire sobre las que posan continuamente decenas de moscas.
Dadas estas premisas, la propia UNICEF considera que una campaña de promoción de las ventajas de la leche materna podría salvar centenares de miles de vidas infantiles cada año.
Pero Nestlé hace lo contrario. Con el objetivo de extender su negocio por el Sur del Mundo, lleva muchos años promocionando el consumo de leche en polvo en esa zona del planeta.
Desde hace tres décadas se viene denunciando la promoción irresponsable de lactancia artificial por parte de algunas empresas del sector, principalmente Nestlé. Las tácticas utilizadas son numerosas: publicidad en todo tipo de medios de comunicación, muestras gratuitas a las madres, donaciones de leche en polvo en hospitales, uso de falsas enfermeras como estrategia comercial, etc.
En octubre de 1988 se lanzó en todo el mundo una campaña de boicot contra Nestlé que dura hasta nuestros días. El detonante fue una denuncia proveniente de Asia en la que se evidenciaba el incumplimiento del código de comportamiento para las empresas productoras de leche en polvo aprobado por la Asamblea de la Organización Mundial de Comercio a finales de los setenta.
Documentos escritos y escenas filmadas evidencian que Nestlé no mantiene las promesas hechas en 1984 y adopta una técnica de promoción ausente totalmente de ética: La donación a hospitales de muestras gratuitas.
Nestlé afirma hacerlo por motivos humanitarios, pero el objetivo es hacer mamar a los recién nacidos con leche en polvo, en vez de leche materna, aprovechando el hecho que en los hospitales del Sur va careciendo la costumbre del Norte de separar madre e hijo en los primeros días que siguen el parto. El resto, viene sólo, más si a las madres dadas de alta se les da un bote de leche. Las madres, dejan así el hospital con las mamas vacías de leche porque no han sido estimuladas, sus niños están ya habituados a mamar del biberón y en el bolso llevan un producto aconsejado por el aparato sanitario. Pero una vez en casa la leche ya no es gratuita, la tetina ya no está en un recipiente esterilizado. Los niños comienzan entonces un verdadero calvario. Reciben una alimentación dada por mujeres pobres y mal preparadas.
Existe un código para las empresas productoras de leche en polvo que Nestlé incumple reiteradamente:
“Las muestras gratuitas sólo se pueden enviar al Tercer Mundo para los niños huérfanos que no tienen ninguna posibilidad de ser alimentados por leche materna”

KIT-KAT Y EL ACEITE DE PALMA
Kit-Kat utiliza el aceite de palma para ser elaborado. (Ikea lo utiliza para sus muebles) un acto cotidiano como comerse un chocolate puede tener serias implicaciones para el clima y la biodiversidad. El conocido Kit Kat se produce a gran escala en muchos países. Para su fabricación se utiliza un aceite de origen vegetal procedente del Sureste Asiático: el aceite de palma. El aceite de palma se extrae de los dátiles de la palma africana y es, por su bajo precio, un aceite muy demandado para la industria de la alimentación. Para cultivar esta palmera se están talando las selvas de Indonesia. ¿Sabías que en la última mitad de siglo, en Indonesia se ha talado, quemado o degradado una extensión de selva que equivale a dos veces el tamaño de Alemania? Esto pone en peligro la biodiversidad, con especies como el orangután, y los recursos de 60-90 millones de personas que dependen de los bosques para su supervivencia. Y no nos olvidemos del clima: Indonesia es el tercer país emisor de gases de efecto invernadero por deforestación (después de China y Estados Unidos).


Lista de productos que contienen aceite de palma.  clic AQUÍ
El aceite de palma “quema” los bosques de Indonesia.  clic  AQUÍ

luns, 5 de marzo de 2012

Humor










La magia inútil de las palabras



"Vamos a salir","somos un país fuerte y cumplidor de los compromisos", "Gobernar es agarrar el toro por los cuernos","Es el 5.6% no el 8.5%", todo ello ha dicho Mariano Rajoy invocando un futuro prometedor e incierto ante la avalancha de un presente cierto y desgarrador.

La ilusión de un futuro mejor a fuerza de la repetición y de los triunfos partidistas no han resuelto las grandes caídas de la economía y solo que la maquinaria productiva despegue, es decir mayor empleo en el presente, sería capaz de resolver la situación. Pero las grandes y desalentadoras cifras de la precaria economía española y el acoso de los mercados bursátiles –al caído caerle- muestran que no hay marcha atrás, la suerte está echada: Adiós sociedad del bienestar.

Se nos olvida que el crecimiento de la economía española ha sido en gran medida debido al impulso que la UE puso en su camino hasta inicios del 2011 cuando sus aportes aun llegaban a las arcas estatales hispanas, y en gran medida esos aportes a fin que se cumplieran las metas y se mantuviera el déficit fiscal lo permitieron; e hicieron creer una bonanza que dependía más del crédito externo y del crédito bancario interno  que de una creciente y prospera industria interna. En razón a la verdad solo creció la industria de la construcción y su consecuente burbuja, pero de allí en adelante pare de contar. La industria hotelera se ha mantenido como siempre, lo cual demuestra que ella per se no es un factor de perrenque para mantener nuestras finanzas fuertes. Y como en el horizonte pareciera no existir mayor desarrollo de otros tipos de industria o innovación de las existentes, entonces llamarse al engaño de un futuro próspero por la inútil magia de las palabras raya con la insensatez o el irrespeto a la inteligencia del auditorio.

De nada vale seguir echando al otro el agua sucia sobre la responsabilidad de una crisis que se generó externamente y que nos metió en su torbellino develando nuestra cruda realidad anteriormente enmascarada por la carencia de crisis alguna y porque los prestamos, auxilios o mas eufemísticamente ayudas podían fluir desde cualquier sitio del mundo financiero y solventar la situación; pero cuando ya los mercados cayeron victimas de sus propio desmesuramiento, ya era insoportable para cualquier gobierno incluido del PP, solventar todo lo que la fortaleza de la crisis trae consigo y la debilidad de la producción industrial española.

Gracias es posible dar a la bondad de la creación de la UE y su gran mercado, a las políticas que la permitieron y metieron a España en el combo de avanzada del mundo hasta llegar a ufanarse hasta no hace mas de tres años  de ser una de las cinco mayores economías del planeta y de tener un sistema bancario sólido. Ni lo uno ni lo otro pertenecían al territorio de la verdad sino al territorio del ensueño, flotábamos en la cuna mullida que Europa había construido y creíamos que nos era propia e inalterable.

La verdad aunque dura de nada sirve ahora. Decir que la pasaremos aun mas canuta de nada vale, llevar las reformas laborales hasta el limite del desespero social y luego añadir que no crearan empleo ni servirán en el mediano plazo es una catástrofe para cualquier trabajador; y seguir jugando a medidas extremas desde la política sin resonancia en la economía del presente, balanceándonos en la incierta rama del futuro demuestra que la varita mágica de la respuesta sólida aun no existe.

Por ahora solo pronosticar será el recurso. Para las personas guardar sus escasos recursos a ver si alcanzan a soportar esta avalancha y reconocerse pobre - aunque se tenga piso-, será la estrategia para la gran mayoría. Los de los grandes recursos como siempre sabrán sacar partida de la desgracia de todos con o sin la anuencia del gobierno... Mientras tanto volvamos ha ser lo que hasta ayer España  ha sido, antes de la burbuja.

Decía una canción "si la plata se acaba, si el dinero se acaba, se vuelve a trabajar". Ahora, ¿ni eso sería posible? Amanecerá y veremos.

La vida es más fuerte que la economía.


O Barco de Valdeorras 4032012
Twit. @ikaros50 

sábado, 3 de marzo de 2012

A borbónica e outras pestes

por abc


Durante o Século XIV, Europa viuse asolada pola peste e a fame. Estas calamidades non eran novas na Idade Media; para a poboación eran signos de estancamento e rebelións populares, o cal traducíase en pesimismo e desesperanza.
Os primeiros signos negativos apareceron arredor do ano 1315, co fracaso da produción agrícola, especialmente do trigo, debido os longos invernos e os húmidos veraos. 
Como consecuencia, a fame estendeuse por toda Europa Occidental. Estes anos constituíron unha gran fenda na historia da civilización europea, cuxo desenrolo foi atallado de golpe.

“¡Oh, cuántos memorables linajes, cuántas opulentas herencias, cuántas célebres riquezas no tuvieron sucesor! Cuántos hombres ilustres, cuántas bellas mujeres, cuántos jóvenes gallardos, a quienes Galeno, Hipócrates o Esculapio hubieran juzgado sanísimos, almorzaron por la mañana con sus parientes, compañeros y amigos, y cenaron por la noche con sus antepasados, en el otro mundo.”

O temor ante a expansión do virus do chorizeo, melotrinco, traepacá, testaffo, que afecta a persoas de todo tipo e condición, e cás autoridades sanitarias mundiais rebautizaron baixo o complicado nome de ‘Hurtaraterin’, esperta na poboación mecanismos recorrentes que teñen que ver co temor ante o contaxio, e por tanto, ante a peste. A peste, de dedos negros pestilentes, capaz de alcanzar a calquera. Peste borbónica (perdón bubónica) ou peste negra, cólera morbus, a pandemia afecta a España, a influenza mesma que en outros tempos afectou a outras monarquías e millóns de persoas, algunhas máis das que morreron na Primeira Guerra Mundial.

"A causa de una corrupción de su aliento, todos los que se hablaban mezclados unos con otros se infectaban uno a otro. El cuerpo parecía entonces sacudido casi entero y como dislocado por el dolor. De este dolor, de esta sacudida, de esta corrupción del aliento nacía en la pierna o en el brazo una pústula de la forma de una lenteja. Ésta impregnaba y penetraba tan completamente el cuerpo que se veía acometido por violentos esputos  de sangre. Las expectoraciones duraban tres días continuos y se morían a pesar de cualquier cuidado.”

O primeiro destes mecanismos de defensa é o rexeite visceral a os contaxiados, ou aos sospeitosos de contaxio, illamento preventivo de cidadáns, repatriados polos seus gobernos, coa suspensión dos voos dende algúns aeroportos. Medidas administrativas de prevención, trás das que se esconde o medo que unha vez activado, conduce a exaxeracións e atropelos.
En Europa, no seu propio territorio, os vehículos dos turistas nacionais chegados dende o Reino de España, onde se teñen localizado os brotes orixinais do virus, foron apedrados polos residentes locais, e repítense os casos nos que os empregados das gasolineiras néganse a encher os seus depósitos. Son os apestados, os que traen a morte consigo. Nada distinto á idade media.

Unha Realeza acurralada por culpa do xenro cobizoso. A piadosa Infanta  Elena vai bicar os pes do Cristo de Medinaceli o primeiro venres de marzo. A outra, a princesiña Letizia, ultimamente a miúdo na tele, a derradeira unha cariñosa visita onde reprime bágoas ante un neno afectado dunha estraña enfermidade, nacer cos osos extremadamente brandiños. Detalles tan humanistas demostran só unha mazá podre en familia tan exemplar.  
A Casa Real debería ir pensando en construír un "sanatorio" para tódolos apestados que foron e son... Recordemos os netos, que non son poucos, aínda teñen que medrar, aprender e aprender en escolas privadas relixiosas, universidades estadounidenses, ser nomeados conselleiros delegados ós 24, saír e coñecer xente en recepcións, festas, bailes e iates... O dito, Sanatorio Real xa!


Aínda que na coroa castelán non existen grandes crónicas acerca da peste, como en Francia ou Inglaterra, si existen algunhas referencias acerca dela. Por exemplo, na Crónica de Alfonso XI a Peste Negra é mencionada, porque dito rei foi unha vítima da enfermidade:

“[L] e fue dicho et aconsejado (al rey) que se pudiese de la cerca, por quanto morian muchas campañas de aquella pestilentia, et estaba, el su cuerpo en grand peligro: empero por todo esto nunca el Rey quiso partirse del dicho real sobre […] Et fue la voluntad de Dios que el Rey adoleció, e toro una landre. Et finó viernes de la semana sancta, que dicen de indulgencias, que fue á veinte et siete días de Marzo en la semana sancta antes de Pascua en el año del nacimiento de nuestro Señor Jesú- Christo de mill et trecientos et cincuenta años, qué entonces año de jubileo.”

Resulta interesante ver cómo, a pesar dos esforzos que fan por racionalizar e establecer explicacións ante problemas desta envergadura, como a Peste Negra, aínda se mantén o carácter supersticioso, onde o sobrenatural é xeralmente a causa de todo aquilo que non é posible explicar por medio da razón.

“[Y] o pasado mientes al estado de la tierra e veyendo como es pobre, e otrosi, la mengua que oro en la mi tierra por la mortandad  que acaeció e ariendo piedad della, acordemos que se cogiese alcavala este año para estos menesteres en todos mios regnos del pan e del vino e de la carne tan solamente e non de otras cosas ningunas de las que cogian  fusta aquí.”

Algúns, ante a desesperación, perderon a fe e caeron en prácticas supersticiosas e heterodoxas, que raian no satanismo e a bruxería. Estas desviacións, unidas o medo e o descontento entre a poboación, sementaron un tenso ambiente de intolerancia e persecución. 
Todo un esquema de histeria, individual e colectiva, aparecía xa no século XIV en torno á maxia e á bruxería. Algúns pensadores crían có mellor modo de librarse das asechanzas do diaño era poñerse da súa parte e adoralo.

...o pobo, tentado polo mal exemplo de gobernantes e achegados, acaba participando dela, e converténdoa nunha cultura viva que se perpetúa.
Como na peste esta praga é propia dos roedores e pasa de rata en rata a través da rata infectada...

Así as cousas…
A desnutrición cebase en 500 millóns de nenos en todo o mundo
O 80% dos nenos que non consumen alimentos básicos vive só en catro países, segundo o último estudio de
Save the Children.