A estas alturas, é unha observación obvia aclarar que en España para encubrir a diferencia entre as "nacionalidades e rexións" inventouse o Estado Autonómico cá propia Constitución recoñece. Algo tan obvio como que Galicia, Cataluña i Euskadi teñen todos elementos de historia, lingua, cultura, poboación e territorio que en calquera lugar do mundo chamase "nación"... e onde ten cabida o dereito de autodeterminación.
A que ven isto? a min paréceme que esas particularidades nacionais teñan seu reflexo en alternativas políticas singulares, que permiten alianzas que non son exportables a outros territorios. Non son exportables as alianzas da xente moi variada que conseguiron as Mareas galegas, porque fora de Galiza non existen. Foron posibles en Madrid alianzas de xente nas mareas de tódolos cores contra da política do PP, pero non houbo direccións nos partidos capaces de dar forma política a esas mobilizacións sociais, polo que hai unha pugna suicida de personaxes mediáticos por apropiarse delas. Así que hai que concluír que hai necesidade, hai ganas, hai xente, hai organizacións, o que non hai é dirección...
Pódese dicir que é necesidade. Ninguén é nada sen os outros. E sumando, veremos… Galicia minifundista, en leiras e política. Tamén era previsible có 'grupo dominante' desexara, esperara e incluso axudara a inventar unha formación política como C’s (Cidadáns) ante o fenómeno Podemos, non é difícil decatarse como os impulsos transformadores son reabsorbidos dun modo poderoso por un despregue restaurador sumamente potente con toda a súa artillería mediática e corporativa…
O acordo Anova-Podemos-EU non vale de moito, explícome, este acordo tería sentido sempre e cando a coalición Podemos-IU formarán un único grupo parlamentario e que tódolos votos e escanos contabilizarían para ese grupo. De aí a formula Podemos-mareas ou Podemos-algo. Ó romper IU e Podemos os votos das candidaturas irán parar o grupo parlamentario de Podemos ou o grupo Parlamentario de IU...? Anova ten un acordo con IU no parlamento galego AGE. Para Anova elixir a Podemos podería supor unha ruptura de AGE e romper así a principal fonte de financiación que ten… Outra opción sería que todos se presentarán baixo un grupo parlamentario propio con total independencia xurídica e política de ningún partido, como pedía el BNG, pero isto implicaría que nin Podemos nin IU poderían capitalizar estes votos para os seus grupos... deste xeito non aceptarán. Anova por outra banda non vai a participar nunha candidatura co BNG, xa que sería fagocitado novamente por este. O Bloque, ó seu, con carné de galego auténtico, non comparemos... Así que con toda probabilidade en Galiza haberá 2 ou 3 candidaturas "de esquerda e nacionalistas" nótese entre comiñas.
Somos moitos os que respectamos ós nacionalismos, ós municipalismos, ós que teñen identidades distintas ás comúns. Respectamos i entendemos estas opcións das nacións, as culturas e os territorios; pero isto é en paralelo ó desexo de confluír nun proxecto común de Esquerda. Nun momento histórico, onde as alianzas e intereses do Gran Capital chegan a dimensións nunca antes vistas, supra estatais e supra nacionais, debemos aglutinar máis que nunca, as aspiracións da Esquerda nun proxecto común.
Non é o meu entender pensable cás solucións podan articularse dende unha estrutura de Taifas "bando" ou "facción" na Esquerda...
Non é o meu entender pensable cás solucións podan articularse dende unha estrutura de Taifas "bando" ou "facción" na Esquerda...
Logo de meses de raca, raca… con este tema de que malos son uns e que pena para estes outros… sen esquecernos da traxedia da non unidade, tócanos aguantar ós xa aburridos desta historia cuxo final xa se sabía fai meses, e algúns aínda se sorprenden, dúas opcións: seguir queixándose e deixar pasalo tempo ou aproveitalo e confluír con aqueles có desexen.
As descalcificacións ou comentarios a estas alturas, ben seguro que non as vai a ler ningunha das persoas con capacidade de decisión e negociación dos partidos implicados, deixémolas para a barra do bar, á maioría de nós (a xente) dálle o mesmo o que falen e escriban uns poucos… Alá cada quen, apoie na medida das súas posibilidades e ganas o proxecto que escolla amparar e xa está.

Continúo... Esquerda Unida Aberta Agora en Común Claro que Podemos sela Verdadeira Esquerda. To'recto e ó final á dereita. No tié pérdida. Nervios sen dubida polo boceto-análisis previo e proposta para un debate nos círculos con concreción posterior nun programa Polemista; nación galega, nación catala, nación vasca?, resto ibérico nacional non confluínte... así a modo de resumen en referencia á situación actual de noso pais:
...estamos decrecendo cara riba con declinación de baixante próxima e de redución ascendente mediante xiroscopios concatenados que nin se tocan e que trazando unha espiral política desideoloxizada e nacionalista desnacionalizada inversamente proporcional cara a república e preto ó interior esquerda que declina transversalmente cara o centro con adiantamento e marcha atrás pola dereita previo acordo imposto e adelgazamento transaccional Rajoy/Lagarde/Merkeliano. Agora tomamos aire e respiramos profundamente.

O resto do documento outro día hoxe non son horas, de acordo!
O economista matemático que resolveu o último "teorema de Coase" e o estudoso Paul Krugman, premio Principe de Asturias e Nobel de economía renunciou a oferta de buscar unha solución a este galimatías ó que definiu como matematicamente complexo.
Ante tal proposta pregunta de se 3,1416182022242628 sería necesario para montar un seminario circular e universitario de outono para atopar unha solución en 70 días ante e antes da entrada do inverno logo do 20-D, outros físicos e científicos invitados con cara de escepticismo responderon: that fixed, as I said!

Fontes consultadas: New global and transversal economy fashion.
Ningún comentario:
Publicar un comentario