xoves, 30 de xullo de 2015

Hipocrisía


Este martes o Corpo Nacional de Policía comezou a multar a traballadoras do sexo e vítimas de trata na Colonia Marconi de Madrid, coa aplicación da Lei Mordaza (Ley de Seguridad Ciudadana) "exhibición obscena del cuerpo desnudo y de las partes más íntimas" …pobres señoritas de moral distraída, que co seu corpo aumentan o PIB español e con ese mesmo corpo pagan multas para encher as arcas có mesmo goberno se encargara de baleirar. Denota o enfermos que están estes señores do rosario (Fernández Díaz) que fan as leis.

E os proxenetas…? Os proxenetas son unha especie protexida, coa complicidad xudicial, policial, gobernamental e ate social… quen lembra o “caso Carioca”? A maior parte das mulleres que traballan neste negocio están escravizadas por unha rede: a madama vixía os servizos que fan e controla o diñeiro que ganan para darllo, logo, ó proxeneta. Amais, das mafias que cobran ás prostitutas unha cantidade por habitación, ou polo lugar no que se poñen para captar ós consumidores de servizos. Sen falar de avogados e políticos aliados a proxenetas.

E mentres tomámonos unhas cañas degustando un rico xamón nos bares de branqueo de diñeiro dos mafiosos… Cando hai unha redada, elas son as vítimas e as delincuentes, os proxenetas, preséntanse como hostaleiros, sinalan a seus hospedes e lávanse as mans.

0 multas ás prostitutas e altas, altísimas multas ós clientes, sen demanda desaparece a oferta. 500.000 mulleres vítimas de trata de seres humanos chegan cada ano a Europa. A Policía Nacional ten identificado en España a 20.000 vítimas da explotación sexual dende o ano 2013. A prostitución é un insulto á sociedade que vai da man das maiores lacras: escravismo, violacións, ameazas, retención ilegal, drogas, trata de brancas, secuestros, propagación de enfermidades… etc etc…

Xa vai sendo hora de limpar o noso entorno de tantas mafias... o trafico e escravitude é un veleno pra quen o sufre e para seu derredor


Ningún comentario:

Publicar un comentario