por: abc
Confirmado: o novo Papa é home, cardeal e católico.
Os superviventes dos que sufriron abusos por sacerdotes presentaron unha lista negra dos cardais que "non afrontaron con suficiente rigor os casos de clérigos pederastas, quitáronlles importancia, rexeitaron xuntarse cas vítimas e criticaron as investigacións periodísticas"
Bispos, arcebispos, cardeais que ninguén elixiu, todos homes e bastante vellos na súa maioría autores e coñecedores de crimes sexuais e da corrupción financeira e inmobilismo da Igrexa Vaticana foron enviados para elixir o “box” no Vaticano, testemuñas oculares e históricos de crimes de sangue, sexuais de pederastas libidinosos, magnicidios, infanticidios, corrupción financeira, loitas palacianas polo poder e a influencia política terreal, participación en guerras de exterminio, apoio o nazismo e fascismo en varios países Europeos, da escravitude e colonialismo imperial de lesa humanidade en América Latina hoxe, ...queren facernos crer neste espectáculo de poder, ouro e púrpura, e na santidade dos seus homes.
Un xesuíta, o arxentino Jorge Mario Bergoglio, de 76 anos, ata agora arcebispo de Bos Aires é o novo ocupante da cadeira de Pedro co nome de Francisco I, será o 266 Papa da Igrexa católica, segundo ven de anunciar o primeiro cardeal dos diáconos.
Ideoloxicamente, conservador como os dous anteriores. Un crítico acérrimo do aborto que chegou a dicir cá Lei de Matrimonio Homosexual arxentina fería "gravemente á familia" e tratábase dunha "pretensión destrutiva ó plan de Deus". "Non se trata dun mero proxecto lexislativo senón dunha movida do diaño", manifestou. Investigacións periodísticas relaciónano con desaparicións e torturas durante a ditadura do goberno da Xunta Militar de Videla en Arxentina, as ‘Aboas da Praza de Maio’ obrigárono a declarar ante a Xustiza polo roubo de bebés pola ditadura arxentina (1976/83).Ou sexa a elección dun novo Papa e a esperanza perdida... 'máis do mesmo', sempre que comeza un novo período de asignación de Papa pasa o mesmo; tódolos novos son renovadores, conscientes da pobreza no mundo, rexeitan o boato e ós poderosos... pero ó final, seguimos sempre igual, cun estamento relixioso ancorado no pasado e incapaz de conectar coas ideas renovadoras. Todo, cando o evanxeo pode ser tremendamente renovador e incluso revolucionario e lévao sendo 2.000 anos.
Tras unha boa campaña marketing, a realidade na elección do Papa, responde á enorme inquietude cá Igrexa Católica ten sobre América Latina, onde o auxe das esquerdas e os evanxelistas ameaza ás estruturas de poder, coas cá Igrexa se identifica.
Hoxe o papa máis moderno, máis progresista, sería o que tivera o coraxe de desempoar a verdadeira tradición da Igrexa. O máis revolucionario, o máis actual, o novo, atopase nesa tradición cegado polas capas das que se revestiu ata chegar a ser irrecoñecible polos cristiáns cuxa fe fundase nas ensinanzas de amor universal, de liberdade de conciencia, do non apego ó poder mundano e de sinxeleza evanxélica.
Resumindo o que teñen que facer os católicos, apostólicos e romanos como penitencia, é: respectar a tódolos que non pensen como eles e empezar a pedir perdón por todo o mal que fixeron e fan, á humanidade en 2013 anos, que deixen de inmiscirse na vida dos demais do mesmo xeito cós demais non nos inmiscimos na súa… Persoalmente, dáme igual a quen elixan os católicos, mellor dito, seus anciáns cardeais. Negocio, a súa fe, ó que sexa, eles saberán. A min só me molesta (a cúpula católica) cando me xulga por non comulgar coas súas ideas. Entón si atopo motivo para ciscarme nos seus mortos (os meus, por desgraza), en beatos, santos e demais personaxes, coma os anciáns que se xuntaron na Capela Sextina.
Paco, Paco, Paco que mi Paco
Paco, Paco, Paco…
Que son ladrones y roban como nadie, Paco
y roban como nadie, Paco
y roban como nadie, Paco, Paco…
Ningún comentario:
Publicar un comentario