por: abc
Vaia circo, propio de Sálvame de luxe, Rubalcaba e os seus con estilo, fanse coa alcaldía de Ponferrada logo dunha moción de censura e co apoio do condenado (pero pouco) de acoso sexual, Ismael Álvarez protagonista do 'caso Nevenka', xusto o 8 de marzo Día da Muller Traballadora, isto non o fai calquera. Un circo pola repercusión mediática sensacionalista do ex-acosador. O curioso, có PP gobernara con este mesmo acosador… si, os que nos dan leccións de moral e boas costumes, os da maioría absoluta, non recordo agora quen logo do xuízo có culpara pretendía poñer o seu nome a unha rúa... ou segundo a opinión de Ana Botella, tería actuado de forma "impecable". Sen sombra de dubida... pero xa se sabe á esquerda esíxeselle ata pureza de pensamento…
Rubalcaba apertado polas críticas, órdea rectificar sete horas despois da moción e esixe ó acabado de elixir Alcalde socialista, ó rexedor Samuel Folgueral o cese, este non pensa dimitir polo momento, e si o fai xunto con 7 concelleiros máis do PSOE. Samuel entrou ó cabaliño (a ombros) á alcaldía case ó mesmo tempo que dimitía do PSOE, encantado consigo mesmo e sostendo nas súas mans a vara (bastón de mando) de Alcalde coa mesma alegría de quen ten unha bono-loto millonaria, como verga de macho en man, un machismo autorizado, consentido e permitido existente na nosa sociedade, máis que 'legal'… deste acoso están cheos os Púlpitos, Ministerios, Delegacións, Deputacións, Direccións Xerais e os Concellos… o mesmo có pobo de Ponferrada consentiu e votou.
Se ó PSOE lle restaba un anaco de decencia e sentido ético (eu penso que nada), acaba de vomítalo en Ponferrada. Pero como pode non decatarse do cheiro desta manobra se foi trending topic no twitter de Carme Chacón.
O PP é o único que se aproveita de toda esta artimaña política, cae a imaxe do rival, desvíamos a atención do caso Barcenas etc... Boa estratexia... pode gañar uns puntos extra nos próximos sóndeos grazas a este asunto. Alfredo, Alfredo... eres un seguro de vida para Mariano...!
Ismael Álvarez chegou no 1991 á política municipal de Ponferrada. No 1995 gañou as eleccións municipais, pero sen maioría absoluta. Grazas a tres tránsfugas do PSOE puido gobernar. Logo xa no 1999, a cidadanía deulle a maioría absoluta con 16 concelleiros dos 25 da Corporación. Neste período, a cidade experimentou un dos maiores cambios urbanísticos, no 2002 Álvarez deixa a alcaldía tras ser condenado polo 'caso Nevenka'. Dende entón ata o pasado domingo, o popular Carlos López Riesgo gobernou sen sobresaltos con maioría absoluta.
Pero o que resulta máis sorprendente é contemplar como un tipo, acusado e condenado por acoso, poda presentarse a unhas eleccións, saír elixido con 5.716 votos un 16,52 % o que lle asigna cinco escanos, e dar a alcaldía a uns e outros, o PP tamén gobernaba grazas a il. Algo falla cando o sistema funciona grazas o ansia de vinganza dun tipo, por qué non vai incluído nas penas por acoso sexual a inhabilitación da vida pública administrativa. Este caso debería facernos reflexionar sobre o funcionamento dun sistema e uns políticos visiblemente mellorables…
Cómo se poden equivocar tanto? Non só na chapuza da Alcaldía, refírome ás non dimisións… Non hai PSOE para as próximas eleccións nin para a resolución ou alivio dos angústiantes problemas que nos engruñan...
Ningún comentario:
Publicar un comentario