O artigo
27.5 da Constitución outorga o estado a facultade de decidir qué tipo de
educación deben ter os nosos fillos: “Los
poderes públicos garantizan el derecho de todos a la educación, mediante una
programación general de la enseñanza …”
O estado outorgase un papel fundamental no rumbo que debe ter a educación
pautando os contidos, as materias, os ciclos de formación, as horas lectivas, a
lingua vehicular. É certo que os pais teñen o dereito a levar a seus fillos a
un centro privado ou concertado, relixioso ou laico, pero os contidos de estes
centros deben axustarse á normativa común. Os pais, pois, non teñen dereito a elixir
a educación dos seus fillos, ou a non darlles educación algunha, ou impedirlles
que saiban ler, ou deixalos sen coñecementos de matemáticas ou de historia, ou
a que reciban a ensinanza nunha determinada lingua. Os pais tampouco poden esixir
que se ensine ciencias a seus fillos en base ás teorías creacionistas, a que estuden
o cosmos en base o xeocentrismo Ptolemaico, ou a que reciban unha formación
racista en base o Ensaio sobre a desigualdade das razas humanas do Conde de
Gobineau. Non, os pais non poden decidir sobre a educación dos seus fillos,
porqué os dereitos dos fillos a ter unha educación están por enriba da dos pais
a sometelos os seus caprichos doutrinais.
Máis:
O TSXG anula o artigo do decreto do
plurilingüismo que vetaba o ensino do galego en Infantil http://praza.com/movementos-sociais/2788/o-tsxg-anula-o-artigo-do-decreto-do-plurilinguismo-que-vetaba-o-ensino-do-galego-en-infantil/
Novo pau á política lingüística de
Feijóo ao estimar en parte o TSXG o recurso da RAG http://praza.com/movementos-sociais/2866/novo-pau-a-politica-linguistica-de-feijoo-ao-estimar-en-parte-o-tsxg-o-recurso-da-rag/
Ningún comentario:
Publicar un comentario