NON HAI PAGA EXTRA, NON HAI CONSUMO
cada un que leve a súa comida e bebida
O persoal da Administración Pública historicamente ven sufrindo recorte tras recorte en épocas da vacas fracas, pero nestes últimos catro anos non só se nos recorta economicamente senón tamén en dereitos, é o que aínda é peor, por parte dos gobernos e os seus medios de comunicación, ponse un dúbida a nosa profesionalidade co único obxectivo de "concienciar" á opinión pública que é necesaria a privatización dos servizos mais básicos.

No que vai de ano o goberno non só nos conxelou o soldo senón que tamén
incrementa a xornada laboral eliminando boa parte dos días de Libre Disposición
e vacacións adicionais en base á antigüidade. Como non lles parecía suficiente,
implantan o despido do persoal laboral, que lembremos cá maioría é persoal de
oposición, e moito nos tememos que detrás irá o persoal funcionario e
estatutario, e eliminan o complemento do 100% nas baixas. E a puntilla a dan
coa eliminación da paga extra de Nadal; que por certo é parte do salario e non
un aguinaldo como se nos pretende facer ver.
Este Nadal polo tanto os empregados da Administración teremos que facer
números para recompoñer as nosas economías, posto que ós recortes sufridos temos
que sumar os que sufre o resto da sociedade: a subida dos prezos, das taxas na
educación, o medicamentazo etc, etc, polo tanto e como medida de protesta por
esta situación, algúns traballadores e traballadoras deste colectivo queremos
amosar a nosa protesta cambiando o formato das cenas que se celebraban por
estas datas (as famosas ceas de "empresa"),
como protesta polos recortes e en especial pola paga extra.
Propoñémosvos facer unha "Cea botellón" de empregadas e empregados públicos. Que se levará a
cabo o día 14 de
decembro no pavillón vello de O Barco a partires das 22:00 h., cada un levará a
súa propia comida e bebida, haberá un cañón de aire para quentar o ambiente
e "gran baile" amenizado por un "DJ", afeccionado
claro.
É imprescindible anotarse, poderedes facelo falando cos delegados e delegadas sindicais dos vosos centros, que vos informarán de tódolos detalles, anotádevos antes do xoves (o persoal do HCV, aportaremos 2€ que faremos no momento da inscrición co obxectivo de comprar material para a cea (xeo, vasos, etc…)
Ningún comentario:
Publicar un comentario