por abc
Díaz Ferrán, este personaxe é fiel reflexo de nosa
burguesía local: casposa, cutre, autoritaria, franquista. Estes son os abandeirados
da marca España, os que, segundo o discurso oficial, xeran riqueza, valor engadido,
os emprendedores; os escravistas da nova era.
É complicado que en Europa, distingan entre Díaz Ferrán e
calquera de nós. Pero esta imaxe fai que nos esixan recortes que só nos afecte
ós roubados... Supoño, a estas alturas da película, a ninguén estrañará o por
qué non nos respecta ningún país do noso entorno. A cacarexada marca España, esta
en mínimos, para recuperala só se me ocorre enchironar
a este Ferrán e seus compinches (non esquecer que chegou a presidir a CEOE, é
dicir, reuníase cos máximos representantes do estado, e influía, de qué
maneira! na toma de decisións de máximo nivel, aínda que todo o mundo sabía cás
actividades empresariais consistían lisa e chairamente no espolio!!), sen esquecer
a Urdangarin, Blesa, Rato, os Camps, os Fabra, os Ruiz Mateos, etc..., só a
cárcere, sen indultos vergoñentos, poderá a moi longo prazo devolvernos certa
imaxe de marca. Esta é a amnistía fiscal do Sr. Montoro, xente levase o pouco
que queda e gástao en iates, ferraris…!, rouban ó
Tesouro público o equivalente ó 23,3% do PIB!!
Estes son os empresarios que nos van a sacar da crises, estes
son os empresarios modélicos en manobras de subtracción, estes son os liberais
de novo cuño, os que piden que sexa o mercado o que regule a economía pero que
corren en axuda de papá Estado en canto hai perdas, estes son os empresarios exemplares
tan amigos do PP como do alleo, estes e toda a banda de Opus, FAES, Intereconomía,
estes son os predadores que levaron a un país e súas xentes ós últimos postos na
clasificación da pobreza, da desesperación, da angustia, estes empresarios de
pacotilla, charramangueiros ata a náusea, son os que teñen manexado a
economía... así nos vai claro.
Aquí e acola a xente empezase a mover, non podemos dicir
cá poboación non se estea botando a rúa e comezando a rebelarse contra o gran
roubo que nos están a facer, pero esas mobilizacións teñen un acompañamento
político moi débil, ou pode cá sociedade xa non se fíe dos políticos de sempre,
e por elo non temos os resultados que merecemos e por elo todo pode rematar en frustración.
As referencias sociais atópanse en lugares imprevistos, ten máis autoridade
moral o Gran Wyoming ou Jordi Évole que calquera figura da política. E se uns
teñen e outros non, é porque a xente votará o que vote pero parva non é. E
quere, queremos saber quen son os outros Diaz Ferran, os outros defraudadores
de impostos.
Cavilade o que farían se colleran a un líder sindical trincando
500 € estades vendo tódolos xornais novofranquistas e as telespp estarían incendiando
o país, pero como é outro protexido como Rato, dálles igual que trinquen… O que
levan estes é o que lle quitan logo ós pensionistas, funcionarios, dependentes…
cos desafiuzamentos, privatizando sanidade e ensinanza… cobrando polo dereito a
xustiza… zoscando na rúa a calquera que discrepe… unha magoa que teñamos bos e
emprendedores empresarios sumidos na ruína, bos investigadores…, e por culpa da
política económica actual, outros que non aportan nada á sociedade, manexen a seu
antollo ás Administracións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario