por abc
Trinta anos despois de iniciar con ilusión unha democracia, os españois contemplamos con certo asco o esborrallamento das nosas esperanzas. Os partidos ocupan todo, o poder lexislativo é un mero apéndice do executivo, o xudicial prostitúese acudindo áxil en auxilio do vencedor, digan o que digan as leis.Desta volta levan un ano e parece levaran toda a vida, non quero repetirme coas estafas, o paro, a pobreza e demais…"non hai mal que cen anos dure": un..., e aínda lle quedan tres. A serenidade da expresión non é unha demanda ó conformismo, se o saberei eu, senón unha chamada á serena e paciente espera, cen anos non van estar, "non hai corpo có ature" pero moito me temo có que están facendo ratifíqueno logo; a esquerda restaurada (se iso ocorre) xamais recuperaremos o perdido, pero isto está por ver…
Dogmatismo, sectarismo, Opus Dei, Xerarquía Católica é o problema deste Goberno. Nun estado aconfesional todos xuraron sobre a Sagrada Biblia, un libro que non ten… é dicir, sen máis valor có propiamente literario. Poderían ter xurado sobre o Kamasutra? Pois iso!!
O primeiro (e malogrado) ano Mariano que agora se cumpre, resúmese nun puñado de medias palabras chuspidas polo presidente del Goberno a trancas e barrancas, coa servizal axuda dos seus asesores. Escoitando os titubeos do mandamáis da patria, o primeiro que lle ven a un á mente é có 20 de novembro do 2011 España volveu a "votar co cu sen cavilar no que se nos viña enriba" e puxo o país en mans do (máis) parvo da clase, que aseguraba que non hai mellor sinal de intelixencia cá capacidade de manter dúas, ou máis, ideas contraditorias na cachola o mesmo tempo. Podemos durmir tranquilos gobérnanos un exército de lumbreiras. Aparentemente contraditorios? Sospeitosamente dados á mentira? Qué va! Profundamente intelixentes; pasando lista, un cae rendido de admiración: Wert, Báñez, Montoro, Mato, Gallardon… Non sigo porque a envexa me corroe. Doce meses deron de si ó Partido Popular para botar por terra a golpe de decreto todas e cada unha das liñas do seu programa electoral; nun só ano liquidaron o benestar xeral o tempo que afianzaban o seu benestar particular, coa complicidade dunha cidadanía plantándolle cara coa boca pequena, un ano despois: volverían a gañar as eleccións. Así pois, todos xuntos, cantemos: "...el señor hizo en mi maravillas". Unha e outra vez estamos vivindo, repetindo, as mesmas historias e parece ser que non escarmentamos.
A sociedade civil apenas existe. A situación afecta tamén, de maneira que sería escandaloso negar, ós medios de comunicación na medida en que, renunciando a súa independencia, esquécense de dar información e dedícanse a edulcorar as noticias que conveñen a seus amos, legais ou reais. A quen creemos na liberdade, quédanos todo un mundo por conquistar, pero será una tarefa longa e traballosa.
Aí temos o caso de Bankia. Un burato de máis de 30.000.000.000 € non se sabe onde están ...e non pasa nada! Claro, que para iso están as maiorías políticas. Se tiveran unha gota de honor houberan dimitido, pero non, dan o mando a outro que xa tiña cobrado de outra entidade un retiro millonario. E o cidadán durmido, abouxado!.
E Rato coloca a súa ex muller en Paradores, manda carallo! o PP enchufou na dirección de Paradores a familiares e amigos meses antes do ERE, claro con patente de corso.
Ata que non se entenda cá política compréndeo todo, oiremos conversacións coma estas: "…ti estas moi politizado Eh?" "Veña falemos doutra cousa… a mi la política no me interesa!!!" Eu perdín un 20% de poder adquisitivo, teño amigos con nenos que van a recibir unha educación de merda, teño uns pais con menos diñeiro polo copago farmacéutico e a non revalorización das pensións, teño un irmán que leva no paro máis de tres anos, teño un amigo dependente que vai a deixar de recibir a visita dunha coidadora para axudarlle, …pero ehhh!! a mi la política no me interesa!!!
Quen non escoitou isto nas ceas de Nadal..., Así nos vai...!
Cúmprianse tamén 30 anos de democracia. Acudiron traxados, algún sen garabata. Víaselles o paso dos anos. Máis gordos, calvos e canos. Anos antes, trinta para ser exactos, posaran en grupo nas escalinatas do poder; poucas mulleres que fixeran contrapunto. Moitos descubriron a gravidade e repouso do escuro, a sedosa sensación italiana no colo, os xordos pasos da moqueta, o calorciño e o perfume, o suave paso do deber na cadeira de brazos pública ou privatizada, e o firme resplandor do bastón de mando.
Co puñal do sorriso, elas recordaban que cando a escalinata se abriu os tacóns non disuadían subilas e baixalas con áxiles saltiños, cá prata non as coroaba, e nin por asomo cavilaban nos servizos de afamados arquitectos faciais.
'Hay que ver lo que
hicimos', dicía un, 'Y
nadie lo reconoce', contestáballe outro. Foi cando o xefe do clan dixo, 'Habéis perdido la vocación de mayoría y tenéis
que recuperarla', ó que alguén contestou, 'Con esa vocación de mayoría quiero abanderar un radicalismo reformista'.
(Fora, trepaba unha procesión de discapacitados e dependentes montados en
cadeiras de rodas, unhas rúas máis abaixo había médicos sen remedios que recitar
e inmigrantes sen médico; un grupo de mestres recosía libros de texto, enfermeiras
e persoal sanitario tecían vendas e recortaban sabanas vellas, profesores e
alumnos de universidade departían en prazas feridas polo frío do aire polar;
parados de longa duración perdían a costume de traballar, segundo un dos da
OCDE; un grupo de desafiuzados compartía plásticos e tendas de campaña. Por unha
das avenidas achegábanse rapaces axitando pasaxes de tren, avión e barco; más
abaixo avogados e xuíces parecían estar por unha vez de acordo).
Foi cando unha muller berrou, 'Hay
que escuchar a la base', 'Yo soy la
base', contestou rápido un dos do clan mentres outro preguntaba polos
canapés. E foi entonces cando un líder dixo ós asistentes ó acto 'que su lugar no estaba allí sino en las
calles y plazas', cos parias da terra!, berrou con voz dubitativa votou a
andar seguido da muller da base e uns rapaces que días antes colgaran un vídeo
en Internet. Moi no seu sitio o xefe do clan espetoulle burlón, 'Chico, no te pongas en entredicho'. Deambulou
coma unha fantasma e crúzouse con seres espectrais que están no mesmo. Non tiña
que buscar. Oh casualidade, actualízanse có acontecer diario…
Para este relato non só é pertinente a advertencia de rigor que rexe sen
ambaxes a famosa sentencia que di que 'lo que no puede ser no puede ser, además
es imposible'. De todos xeitos o lector perspicaz saberá distinguir o
verosímil do que non o é.
Non parece, sen embargo, que ese sexa o caso. A estrafalaria presentación da enésima reforma educativa reflexa a natureza do problema. Presentase o proxecto de lei sen documentación técnica que avale os principios cá inspiran. E o máximo do absurdo é cando o debate publico centrase nas relaciones entre catalán e castelán e si ter ou non clases de relixión en vez de educación cívica. É como si a futura lei de educación non tivera nada que ver co sistema produtivo, poñendo de releve unha vez máis a lama na que esta metido este país, incapaz de centrar o debate en cómo crear postos de traballo en lugar de discutir sobre cómo destruílos.
Intentar analizar a personalidade, ou dobre personalidade, do Sr. Wert é, simplemente unha perda de tempo. Este coma outros, todos, estes señores da dereitona, o Sr. Gallardón, o Sr. Pons, o Sr.Camps… todos eles con caras e modos de "seminaristas" dan a mellor cara que poden procurar ata que chegan o poder e, unha vez alí, manifestan o que son e ó que veñen a facer: A servir ós poderosos. "Dálle poder a unha persoa e saberás cales son súas carencias" Non hai máis que ver a diferenza entre a primeira e segunda lexislatura de Aznar, ou Zapatero. O malo é que, a pesar das evidencias, haxa xente que non se decata e séguelles a votar.
A teimosía coa có Goberno (sen dubida coaccionado por Alemaña e os acredores) mantén a política económica pese o deterioro evidente dos indicadores fundamentais. Como si estivera convencido das súas propias falacias, persiste coa inutilidade de contraer máis e máis o consumo das familias (mediante a subida de impostos e taxas manifestamente inxustos) o único que se conseguirá é seguir freando a inversión. A débeda, comeza a ser impagable, a reestruturación (eufemismo de suspensión de pagos) é inevitable, anos e anos de estancamento por ter que destinar cada ano o (XX)% do PIB a pagar a débeda.
Ninguén con dous dedos de fronte investiría nun país que asiste cos brazos cruzados ó descenso trimestre tras trimestre da renda dispoñible dos fogares, e, en paralelo, ve como se estreitan os marxes empresariais, o que paraliza calquera proceso de inversión. As estratosféricas taxas de paro fan o resto. Todo mentres dous deputados do P.P. da Asemblea de Madrid, son fotografados xogando coa popular aplicación móbil de Apalabrados (palabras cruzadas) durante o pleno no que aprobaban a lei que permitirá a privatización de seis hospitais de xestión mixta e unha boa parte dos centros de saúde.
Mentres lemos o Marca, Horóscopos ou Calendario Zaragozano, que presentan, como cada ano, a predición non científica na que o complicado é fallar debido ó pouco arriscado dos augurios, nun universo paralelo banqueiros islandeses foron condenados a cárcere por permitir préstamos fraudulentos que conduciron o Banco Glitnir á quebra, nacionalizado de emerxencia no 2008 xunto otros dous bancos, o Kaupthing e o Landsbanki. Esta foi a primeira das tres maiores entidades financeiras que quebraron e tiveron que ser intervidas, o que provocou unha profunda crises no país. Este veredicto é o primeiro que se produce contra os executivos distas entidades. Xa ninguén fala de Gurtel ou caso Nóos, é unha gaita que leva escarallando dúas navidades á familia real…
Algo anecdótico non serve para nada, a tontería está de moda, algúns fanse ricos grazas a pulseiras de equilibrio, eco-bolas que lavan sen xabón. Todo sen ningún fundamento... Que votarades Chiquilicuatre tivo a súa graza. Pero co do Rajoy estades levando a broma moi lonxe. Calquera que non esquecera o aprendido na EGB e na educación primaria póderiase dar conta có están enganando. O menos importante é se atina ou non nas predicións. Forma parte da cultura da nosa terra das nosas tradicións. Tamén din cós Maias presaxiaron o fin do mundo, non, non nos precipitemos a presentar demanda por publicidade enganosa. Deixemos facer seu traballo, Mariano Rajoy e Angela Merkel saben perfectamente cómo facelo. Non en balde, levamos remando na dirección correcta. Ata as cataratas do xuízo final. 2013 é, un número interesante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario