mércores, 7 de novembro de 2012

Xa era hora!!

por: abc

"El hombre y la mujer tienen derecho a contraer matrimonio conforme a las disposiciones de este Código. El matrimonio tendrá los mismos requisitos y efectos cuando ambos contrayentes sean del mismo o de diferente sexo"

Deixando de lado os resultados das eleccións en Estados Unidos. De qué podemos falar hoxe? Pois da sentencia do Tribunal Constitucional que avala o matrimonio homosexual, de igualdade. Meses despois da aprobación da lei, o PP (Mariano Rajoy asumirao persoalmente) presentou un recurso que ata este martes non foi rexeitado. Un recurso que deixa ben clara "a dobre moral" por parte do PP, xa que pese ós xestos en favor do matrimonio gay de algúns dos seus políticos, "o recurso seguía aí". Pese a tardanza, é a noticia do día. 


Incrible, sete anos, dende o 2005, once maxistrados dende o seu despacho. Só papeleo, unha cuestión de papeis. Se dixeramos que un Prestige lles leva tempo, con ducias de testemuñas, de probas periciais, de avogados das partes, de análises e certificados de China, Grecia, Estados Unidos etc…, Pero esta sentencia? Non teñen que pedir nada, nin chamar a testemuñas, nin exixir longas e custosas probas periciais. Cuestión de sentarse, consultar textos xurídicos, reflexionar e escribir. Sete años? Por qué chamar de distinta maneira a unión de homes e mulleres, a homes con homes ou a mulleres con mulleres? Matrimonio e acabouse. A rañala o pedragal!

"Si se suman dos manzanas, pues dan dos manzanas. Y si se suman una manzana y una pera, nunca pueden dar dos manzanas, porque es que son componentes distintos. Hombre y mujer es una cosa, que es el matrimonio, y dos hombres o dos mujeres serán otra cosa distinta". 
Gilipolleces homófobas da Sra. Ana Botella.

Hoxe o Tribunal Constitucional, cun retraso vergoñento, dita por fin sentencia e recoñece o obvio para a maioría: que heterosexuais, lesbianas, gays e bisexuais somos iguais. Non entremos en detalles e argumentacións, haberá tempo cando se faga pública a sentencia e os votos particulares. Hoxe temos que CELEBRAR e se cadra prepararse cara a próxima batalla, que sen dubida haberá. Os inimigos da igualdade no acougan: abonda botar un ollo onde un Goberno socialista recen elixido con ampla maioría comeza a fraquearlle as pernas ante a gran mobilización cá igrexa católica e a dereita política e mediática, están levando a cabo cara impedir que Francia sexa o seguinte en aprobar o matrimonio en igualdade de condicións. Un déjà vu que aínda pon a carne de pita. Matrimonio é a palabra que iguala as unións entre cidadáns, sexan homo ou hetero.

O Tribunal Constitucional avalou unha lei que consagra a plena igualdade dos homosexuais, como cabía esperar de quen vela por unha Carta Magna cuxo primeiro articulo obriga o Estado a defender a liberdade, a xustiza e a igualdade (nese orden). O que se denomina "matrimonio homosexual" (ou, mellor, "igualitario") non constitúe unha nova lexislación en canto é unha apertura do matrimonio establecido a parellas de calquera sexo ou xénero. A medida permite cás persoas teñan liberdade para regular a súa convivencia e propiedades, e trata ás parellas homosexuais en igualdade de condiciones cás heterosexuais; é difícil comprender onde podería residir a inconstitucionalidade.
A discriminación constituiría unha falta de igualdade, certo, pero tamén mostraría privación de liberdade para organizar a vida e protexer ós menores que integran as familias homoparentales…

A todo isto temos que engadir. Se os populares recortan algún dos dereitos políticos, sitúan o PP como intransixente inimigo dos homosexuais (o mesmo nivel, por exemplo, da Igrexa Católica). Non só iso: nun momento onde o matrimonio igualitario se estende polo planeta os populares serian responsables unha vez máis dunha diminución de dereitos. Nin unha cousa nin a outra resultan fáciles de afrontar para un partido que intenta lexitimarse cun discurso que represente ó conxunto da cidadanía.

En nada, as declaracións dos homófobos contra o dereito de matrimonio soarán casposas, ferintes, necias e fora de tempo como aquelas de fai décadas cando a legalización do divorcio, a venda de anticonceptivos, o matrimonio civil ou a liberdade relixiosa. Que dicían algúns políticos, algúns bispos, algúns médicos, incluso algúns xuíces, empeñados en decidir dende os pulpitos e as súas parcelas de poder sobre o amor dos demais; o seu sexo, a súa fé ou a súa vida.

No 1992, 359 anos despois, Juan Pablo II considerou cá sentencia de 1633 a Galileo Galilei (Lembremos: establecer e afirmar cá Terra xira arredor do Sol), non é blasfemia, foi "desafortunada" dixo, valorouna como "un erro dos teólogos da época" e considerou que "non hai que excluír, un día podémonos atopar ante una situación análoga".


Vostede ve á xente tal como é, ou a ve distinta...?
Coidado!!
Non se deixe levar polos espellismos da neura...

Ningún comentario:

Publicar un comentario