luns, 12 de novembro de 2012

Miroslav Tichý, louco, anacoreta, introvertido…

por: abc

O 12 de Abril do 2011 morría Miroslav Tichý ós 84 anos. Louco, anacoreta, introvertido, filósofo, excéntrico, provocador, artista, xenio… moitos foron os adxectivos que atopamos o carón do seu nome. Hai algo de fascinante nestes artistas que parecen xurdir da loucura. Moitas veces con algún problema mental, viven en habitacións cheas de lixo e unha vida de misterio, pero un bo día a súa obra revelase, esa obra producida a medias entre o despropósito da loucura e os chispazos da xenialidade.

Miroslav Tichý, un excéntrico fotógrafo checo

Miroslav Tichy foi un fotógrafo de historia e obra única entre os anos 60 ó 85 onde tomou milleiros de fotos. Naceu na República Chequia estudou na Academia de Belas Artes de Praga, pasou máis de tres décadas entrando e saíndo de prisións e psiquiátricos, foi recluído durante quince anos pola súa suposta actitude disidente logo do golpe de estado comunista en febreiro do 1948 na antiga Checoslovaquia, unha vez demostrado que se trataba dun artista sen adhesións políticas perigosas, -a sua razón foi estética, non política- foi liberado baixo unha soa condición: non podería pintar un só lenzo. Il era un vagabundo solitario entre a cotra e os bichos que carretaba, recollía lixo de todo tipo. Deixou os estudos, deixou todo. Viviu na máis absoluta marxinalidade, considerado un indixente con problemas mentais. De unha timidez extrema cunha mirada cálida e misteriosa sobre o xesto íntimo. 
Unha vez “libre” xa con longa barba e melena características descubriu a fotografía, chegando a facer ata cen fotografías diarias, segundo din, a maioría as mulleres do seu pobo natal KyjovA fascinación polas mulleres foi a constante da súa vida.

Este particular personaxe utilizaba cámaras fotográficas caseiras feitas por il mesmo usando cuáquera cousa que atopara, cartón e madeira aglomerada para o corpo, selando a entrada da luz con brea da que se fai o asfaltado, rolos de papel hixiénico ou tubos plásticos de fontanería para os obxectivos, gomas elásticas, lentes de gafas, metal e cartón. O resultado é unha proba funcional de cá imprecisión e os erros poden ser tan atractivos como a máis impresionante nitidez, estas maquinas eran esperpentos pero o pesar de todo funcionaban.
Tichý revelaba as propias fotografías nunha ampliadora fabricada ó igual cás cámaras, na súa propia casa con elementos “recuperados”, lentes feitas de plexiglás dáballe forma con papel de lixa e pulía cunha mestura de pasta de dentes e cinza de cigarros. Creando ademais rústicos marcos para as imaxes, características ligando quizais có pictórico. Fotografías únicas e na maior parte destruídas por il mesmo. Foi recoñecido como fotógrafo no 2004, e viviu ata o final dos seus días preso da demencia en Kyjov. Viviu quince anos de fama, e case setenta de soidade.

Outra das súas cámaras feitas de "materiais recuperados"

No pobo era considerado máis un excéntrico cá outra cosa, foi arrestado en varias ocasiós por sacar fotografías en piscinas publicas, pero o final chegou a ser considerado como unha rareza máis do lugar. Algunhas das mulleres fotografadas incluso posaban o enfrontarse ás cámaras improbables, crendo quizais, que estas non funcionasen de verdade.

Segundo Tichý, só esas cámaras poden sumar ás fotos imperfeccións poéticas para expresar o que se busca.

Hai algo estrañamente atractivo tanto nas súas fotos como nas estrañas cámaras que constrúe. Certamente as fotos reflicten algo desta filosofía, aínda ca inventiva é destacable, as mesmas non serían máis cá obra dun pervertido cunha cámara normal. Pero artista e capturas posúen case as mesmas características das cámaras coas que se toman, son estrañas “rarezas” particulares ademais de ter o aspecto de ter vivido días mellores.

Imaxes obtidas na piscina, no mercado, nas rúas do seu pobo, gran cantidade delas as agochadas e sempre... “Il non daba importancia o seu traballo fotográfico. Considerábase ante todo pintor. Por iso descoidaba, perdía, rompía seu material. As veces regalábao”, contaba Roman Buxbaum, un antigo veciño e descubridor da potencialidade que encerraban as imaxes deste curioso personaxe. “Polo seu aspecto desaliñado, todos o consideraron un vagabundo, un demente. Sen embargo, foi unha persoa sensible e culta. Fabricouse un mundo, no que se encerrou, o cal estivo sempre cheo de libros: de filosofía, historia, poesía…, e de óptica, o que lle servía para construír cámaras”.

Cámaras feitas de "materiais recuperados"

Buxbaum, que vivía en Zurich, conseguiu levarse (a pesar das reticencias de Tichý) fotografías do autor co fin de mostralas en galerías. Pouco a pouco as imaxes do checo foron amosadas en certames fotográficos, galerías e exposicións de boa parte de Europa, ás que nunca acudiu Miroslav. Chegaron a ser moi cotizadas, superando en algún caso os 8.000 €, cifra probablemente superada logo da súa morte.

Historia curiosa a do fotógrafo? artista? xenio? obtivo un éxito, quizás desmedido, o parecer sen desexalo, aínda que nun reportaxe chamado “Tarzán xubilado”, dicía qué “si queres ser famoso facendo algo tes que facelo peor que calquera persoa no mundo”.

A pesar de que na súa obra traballa temas do movemento e o contraste, teñen o encanto e o embruxo do imperfecto, do manual e hai unha temática que se converte en obsesión. O tema principal na tarefa foron as mulleres, a carga sensual da mirada deste voyeur, ladrón de momentos fugaces e intranscendentes, fixo obra a partir dun único tema: rostros, cadeiras, pernas, cus e peitos poboan imaxes, fotografías case borrosas a causa da técnica, pero o mesmo tempo, ou por isto mesmo, de moita presenza, instantes roubados, figuras case adiviñadas. Moitas destas fotografías foron feitas o través dunha rexa. Esta rexa convertese en repetitivo, dándolle forza á idea de froita prohibida, de pracer agochado.

Miroslav Tichý foi “descuberto” fai relativamente pouco, pero foron feitas usando as cámaras dende 1950 e pode representar case todo o que se podería cavilar acerca da nulidade no cambio da tecnoloxía analóxica a dixital, así como a superficialidade/profundidade do evento fotográfico.

Alguén fixo unha reflexión sobre Miroslav Tichý: “(…) si yo me dedicara a fotografiar a las chicas de la piscina de mi pueblo (o imágenes televisivas de mujeres desnudas) seguramente acabaría en un psiquiátrico o en un juzgado, acusado de voyerismo. ¿Qué le convierte a él en genio: las fotos desenfocadas, el blanco y negro, la cámara de latón, la barba, todo el conjunto…?”. Non teño respostas… Deixo algunhas das fotografías do controvertido Miroslav Tichý…

Expuxo en prestixiosas institucións como: Centro Pompidou de París, International Center of Photography, de Nova York, Bienal de Arte Contemporáneo de Sevilla, a Künsthaus de Zürich, Arndt de Berlín, galerías Ivorypress e Kewenig en Madrid e Palma de Mallorca, ata a fecha, onde as exposicións seguen circulando.








Ningún comentario:

Publicar un comentario