O goberno grego ven de anunciar que permitiría a venda de alimentos caducados. Faranse por suposto uns pequenos arranxos
para cá xente non se intoxique e descartaranse peixe, produtos cárnicos e lácteos.
Este feito pertúrbame como habitual consumidor de iogures caducados dos que me
nego a botar no lixo e endexamais me fixeron mal. Di Yorgos Moraitakis,
asesor do Ministerio de Desenrolo Competencia e Mariña Mercante de Grecia, que
non entende por qué esta medida está causando tanto barullo e penso non lle
falta razón. Non van a ser os botes de fabas, pan de molde, e iogures o único
que comemos caducado.
Poñamos un exemplo: o Presidente do Goberno español. Acaba de comezar o xuízo
polo afundimento do petroleiro Prestige, unha das maiores
catástrofes ecolóxicas que ocorreron nos derradeiros anos no noso país. Co
barco mergullado, Rajoy, responsable do gabinete de crises que xestionaba a
catástrofe, declarou que do buque saían uns “hilillos como de plastilina”.
Dez anos despois non se senta na bancada dos acusados no xuízo senón que é un produto
estrela do super… Non vós semella un
señor claramente caducado? Non o está tampouco, Arias Cañete volve ser ministro… nin Fernández de
Mesa hoxe director xeral da Garda Civil… nin Jaume Matas Ministro de Medio
Ambiente daquela, nin Álvarez Cascos, nin Francisco Trillo que dixera aquilo de
"estamos pensando en hundir el
petrolero con aviones Harrier o F-18", nin Núñez Feijóo, hoxe presidente
da Xunta, entonces vicepresidente con Manuel Fraga, nin Ana Pastor, ministra de
Sanidade e Consumo entonces e agora de Fomento… nin a Súa Santidade Paco
Vázquez…
Non só consumimos persoas caducadas, tamén restos
da riqueza do pasado esmorecida. Pensade na creación do "Banco Malo" que almacenará tódolos "activos financeiros
tóxicos". É dicir, detritos de banqueiros, solares cheos de nifo,
hipotecas mal/cheirentas, promocións inmobiliarias cheas de vermes e outros
activos máis putrefactos, caducados restos dun antigo esplendor…
Pode sexamos demasiado inxustos cos que reteñen o poder… Non son as nosas
ideas, as nosas vidas e o mundo produtos perecedoiros que fai tempo deberon terse
botado ó contedor de desperdicios orgánicos? Do mesmo modo, en cómo vivimos, non
está en gran medida pasado de data. Non están caducadas fai séculos as
relixións? A monarquía? Non son os empeños dos nacionalistas de dereitas …e se
me apurades os de esquerdas? Non son esas ansias nacionalistas máis preocupadas
polas bandeiras que dos intereses dos traballadores, desexo de consumir un produto
cuxa data de consumo preferente caducou cando o mundo coreaba a internacional? No
é o sistema capitalista, coas súas crises cíclicas, tremendas desigualdades, e costo
social e medioambiental, un produto degradado polo tempo, de cheiro rancio,
textura enzoufada e sabor desagradable?
A venda de alimentos
caducados supón tamén un dilema moral, o dividir ós consumidores en dous
grupos: os que poden pagar os alimentos básicos e os que, por pobreza, vense obrigados
a recorrer a alimentos de calidade dubidosa.
Entra en xogo un pantasma, se cadra máis perigoso, o chamado cabreo, estase
enquistando no estado anímico dos asalariados. Esta cólera das masas é
incontrolable, atopase no aire, coase polos teclados accede a rede entra por
onde non se acomodou o poder. Este estado de cabreo pode estourar, ten que
estourar. Un 15M, un cabreo sen cor nin bandeira, os
antisistema (‘perroflautas’) logran
chamar a atención do xuíces e fan sairlle as cores a Goberno e principais
partidos polos desafiuzamentos... A REFORMA LABORAL exemplo de agresión atroz
a dignidade dos traballadores. O 14N farase a FOLGA XERAL máis xusta da democracia. Nos os asalariados non debemos loitar entre nos para defender patrias por enriba
dos propios intereses, isto é unha rebelión ante a pobreza e a inxustiza.
Basta xa de espenuxar. Non axuda en nada
enguedellarse polo evidente, a xente de esquerdas e nacionalista está farta de
bandeiras e esixe máis discurso social, máis defensa dos dereitos dos de
abaixo, un novo referente de esquerda. Agora cómpre xuntarse en torno ao que
une, que é ben máis do que separa. O inimigo común é o sistema inxusto e
mafioso que defende o PP, que aplican PP e PSOE alá onde gobernan, pero, non
podemos esquecer que sen o PSOE hoxe non hai gobernos alternativos ó PP... Así que,
moita calma na esquerda e cabeciña!
Encantaríame consumir produtos frescos. ...e a ti?
Ningún comentario:
Publicar un comentario