xoves, 15 de novembro de 2012

O drama dos desafiuzamentos…

Depredadores, carroñeros, preas: a casa é a vida, o espazo onde vivimos e convivimos; durmimos, falamos, leemos, choramos, amamos, (antes paríamos, morriamos…); criamos ós nosos fillos, recibimos ós amigos, resgardándonos coma se fose a prolongación da matriz materna. Os xudeus sefardís teñen a chave da súa casa española; o primeiro que fai o emigrante é levantar unha choza…


Non sei cántas propostas presentou xa a esquerda no Congreso contra os desafiuzamentos nesta lexislatura e na anterior. Todas tombadas. Ningunha apoiada por PP nin por PSOE. A última, en marzo deste mesmo ano, foi tombada coa abstención do PSOE e os votos en contra do PP. Xunto ás propostas de BNG e Izquierda Plural (IU, ICV y CHA), na rúa moveuse unha reforma da lei hipotecaria en forma de ILP (iniciativa legislativa popular) para a que se seguen a recoller firmas nas prazas, nos desafiuzamentos, nas concentracións. Houbo folgas de fame, suicidios, protestas cidadáns para que non arrincaran a casa ós veciños… Todo o que se atreveron a insinuar o PP e mais o PSOE son reformas para os futuros compradores de vivendas (baixo o sacrosanto principio da irretroactividad da lei, principio que ata onde un sabe refírese á lei penal, non á civil), códigos de boas prácticas que deberon poñer moi nervioso a Botín, ampliar o tamaño da letra pequena dos contratos hipotecarios (como si na relación cidadán/banqueiro o único que prexudicara o cidadán fora o tamaño da letra contractual) e pequeneces de similar alcance.

350.000 desafiuzamentos despois parece que PP e PSOE decidiron que xa si pode ser un tema. Soraya Sáenz de Santamaría anunciou en rolda de prensa de Consello de Ministros có Goberno intentaría o consenso co PSOE na solución o drama de los desahucios. Soubemos despois que de feito Rubalcaba e Rajoy xa falaran do tema e vimos cómo o PSOE puña en escena unha campaña a favor daquelo contra o que estivera en contra os derradeiros catro anos: a última vez, en marzo do 2012; seguramente entón eran 325.000 desafiuzamentos en vez de 350.000 e o drama menor. Ata os programas informativos da TV falan dos desafiuzamentos por fin.


Chama a atención que se dende fai catro anos uns grupos políticos levan facendo propostas, se en cada cidade e case en cada barrio hai unha plataforma de afectados polas hipotecas, se hai milleiros de cidadáns traballando unha iniciativa lexislativa popular, sexan os dous partidos que se foron opoñendo a absolutamente tódalas propostas de solución ou de mero parche o problema sexan os que queren cociñar sós a solución o drama. Non sería razoable unha mínima humildade e empezar por consultar (non xa pedir perdón!!) ós colectivos que coñecen o tema porque o sofren e levan anos loitando contra il? Non sería pertinente cós partidos que levan anos defendendo ós bancos fronte ós cidadáns perdesen cinco minutos en debater cos que levan anos facendo propostas no baleiro parlamentario para defender o dereito á vivenda?

Só se me ocorre unha resposta a por qué agora PP e PSOE preocúpanse polos desafiuzamentos e deciden excluír desa preocupación ós que levan anos loitando cos desafiuzados.

Calquera que entre nunha sucursal bancaria ten moi difícil distinguila dunha axencia inmobiliaria das que poboaban as cidades e pobos ata antes de onte. Decenas de ofertas no barrio, no pobo, na praia. Tantas ofertas como familias foron desafiuzadas por esa sucursal. Quen máis quen menos ten na súa comunidade de veciños algún piso que é propiedade dun banco que executou unha hipoteca sen pagar. Iso é un problema para os propios bancos ata tal punto que uns 90.000 inmobles serán comprados polo banco malo para librar ós bancos deste atranco e que nolo comamos os cidadáns.


O reverso da traxedia que sofren centos de miles de familias, millóns de persoas, é un incómodo apunte contable nos balances dos bancos. Os bancos non só non están facendo negocio da provisión de pisos invendibles a medio prazo: o único que están conseguindo cos desafiuzamentos é que quede claro que somos unha puta merda da que dispoñen libremente, unha exhibición de poder que lles gusta moito pero que necesitan acompañar dunha contabilidade máis favorable. De rebote as protestas cidadáns están luxando a súa imaxe: por iso os encerros e folgas de fame soen acabar en vitoria cidadán, porque para os bancos é mal negocio asociar a súa marca concreta coa violación de dereitos dos máis débiles (estalle a pasar a NovaGalicia banco).

Seguro cós bancos españois conviríalles unha nova fórmula de resposta ás hipotecas sen pagar. Se en vez de deixar o piso baleiro quedara o hipotecado pagando un pequeno aluguer, o banco ingresaría algo e, sobre todo, en vez de apuntar no diario contable unha propiedade que nin da ingresos nin se prevé cós de apuntan uns ingresos constantes mes a mes. Algo ocorreráselle a PP e PSOE, si é que non recibiron por escrito xa a proposta que presenten como resposta o drama dos desafiuzamentos ante o que actúan con consenso (aínda que sexa deles), como na Transición, aleluia!!.

Os desafiuzamentos comezaron a ser un drama tamén para os bancos, e aí é onde entran PP e PSOE negando a palabra ós desafiuzados e escenificando unha fonda preocupación polo problema.


…para falar das hipotecas hai que falar de reforma laboral, do paro, do Banco Central Europeo, da entrega dos gobernos á banca, a violencia policial… Todo. Porque os desafiuzamentos son o sistema, o sistema capitalista. Cando esiximos o cumprimento dos dereitos humanos tamén esiximos o de vivenda e o do emprego. E son incompatibles co capitalismo.

O goberno, nunca é o que executa docilmente as instrucións deses poderes económicos que non acabamos de descubrir e que por tanto non colleron por sorpresa a ninguén. Entregáronse a eses poderes económicos porque decidiron libremente non opoñer absolutamente ningunha resistencia. Se eses poderes económicos teñen o poder de verdade non hai democracia. E a democracia, tamén, é incompatible co capitalismo…


Artigo 47 da Constitución:
“Todos los españoles tienen derecho a disfrutar de una vivienda digna y adecuada. Los poderes públicos promoverán las condiciones necesarias y establecerán las normas pertinentes para hacer efectivo este derecho, regulando la utilización del suelo de acuerdo con el interés general para impedir la especulación. La comunidad participará en las plusvalías que genere la acción urbanística de los entes públicos”


O plan do Goberno contra os desafiuzamentos non lles permite aos beneficiarios recuperar a súa vivenda aínda que paguen


http://praza.com/economia/2720/o-plan-do-goberno-contra-os-desafiuzamentos-non-lles-permite-aos-beneficiarios-recuperar-a-sua-vivenda-ainda-que-paguen/
http://www.eldiario.es/politica/bancos-desahucios-moratoria_0_69643147.html
http://www.publico.es/espana/445974/los-jueces-advierten-de-que-la-nueva-norma-continua-sin-proteger-a-los-ciudadanos-frente-a-los-bancos 

http://www.elplural.com/2012/11/16/si-no-puedes-pagar-la-hipoteca-ten-mas-hijos-gobierno-de-espana/


Texto completo do Real Decreto-lei 27/2012, do 15 de novembro, "de medidas urxentes para reforzar a protección ós debedores hipotecarios"
http://www.eldiario.es/sociedad/Documento-decreto-ley-desahucios_0_69643080.html 

Ningún comentario:

Publicar un comentario