martes, 27 de novembro de 2012

O farol de CiU

por: abc

Artur Mas pretendía có debate territorial agochara ás protestas… O que pactou co PP na Deputación de Barcelona, recortou en educación, pechou ambulatorios, desmantelou servizos de urxencias, freou a construción de hospitais, cobra un euro por receita, baixou o soldo ós funcionarios... e cando se decatou que tiña arruinada a Cataluya, decidiuse polo independentismo coa esperanza de cá xente se esquecera que CiU representa unha dereita tan rancia como a do PP, (non o esquezamos) a Generalitat foi nos derradeiros anos o banco de probas de algúns dos recortes que no resto do estado aplicou posteriormente a dereita. 
Con todo, esta xente tan cabreada con España foi incapaz de votar á dereita, por moita careta independentista que levara.

Posiblemente onte non foi a noite coa que Artur Mas soñaba. Lonxe da maioría que reivindicaba terá agora que encabezar un goberno debilitado dende o que xestionar a prometida consulta sobre os dereitos nacionais cataláns e os xa avisados, que non desexados dado o resultado, novos paquetes de recortes. Seguramente seguirá gobernando, como Núñez Feijóo tralas últimas eleccións; pero ámbolos dous deixan no camiño unha boa presa de votos.

Que fagan o que queiran. Pero por favor non máis faroles, non máis invites... Tamén ó goberno central, o do estado, con toda a súa maquinaria mediática, co españolismo máis rancio, aboando sen disimulo, utilizando a súa artillería legal para tentar impedir cunha interpretación sui generis e de disco raiado o concepto de democracia. Os políticos vomitaron toneladas de desprezo e suficiencia… a derrota, a confusión, os problemas de Artur Mas non deberían levar a Madrid a subestimar o profundo apoio á independencia que existe en Cataluya.



Pero eu teño a impresión de cós españois queremos un todo ou nada. Ou independencia completa, ou quedar como estamos, se acaso unha mellora económica e un cese dos recortes.

Do que non teño dubidas, seguro, é de cós españois, todos, cataláns incluídos, o que verdadeiramente nos preocupa é o naufraxio vital no que nos atopamos e dunha vez por todas o remate dos recortes nos servizos básicos, os desafiuzamentos, a manipulación mediática, os políticos corruptos…. Nós, a xente, creo, seguimos sen entender qué pecado cometemos para este empobrecemento que nos desequilibra física e sentimentalmente. Seguemos sen entender esta desgraza mundial e nacional dunha crises absurda.

En vez de solucións, propóñennos himnos. En vez de democracia, liberdade igualdade e fraternidade, patriotismo e patrioteiros... bandeiras e fronteiras.

A CUP (a AGE galega poderiamos dicir) demostrou que se pode. Que a partires dun traballo municipalista consolidado, cun programa de ruptura co sistema, uns candidatos vinculados ás loitas sociais, conectando co malestar social indignado que ocupa prazas, vivendas baleiras, bancos e supermercados… é posible romper o cerco parlamentario e encher o espazo ata o de agora desocupado. A entrada da CUP no Parlament debese a que ten suscitado apoios que van máis aló da esquerda independentista, que inclúe á esquerda anticapitalista e activistas sociais. E pon de manifesto que tan importante como construír alternativas cotiáns e manifestarse na rúa, tamén é necesario apostar por opcións políticas que disputen a hexemonía ós de sempre.


Se tiveran cabeciña os que gobernan en Madrid tratarían de desactivar o pulso independentista catalán, e de paso o vasco, o galego…, cun novo modelo de estado que avance na vía federal. Pero para iso necesítanse reformas constitucionais que requiren de amplos consensos. 

Ollo! o dato, en Galiza o PP perde máis de 130.000 votos e sube 3 deputados, en Catalunya CIU perde case 90.000 votos e baixa 12 deputados... Carallo para a Lei D’Hont…!!, cando eu sobaba pupitre dicían "as matemáticas son unha ciencia exacta".

Lembremos "máis poderoso có rinoceronte é a nube de mosquitos que medra e medra, que zumba e zumba" E. Galeano, Movimiento de los Sin Tierra.


Ningún comentario:

Publicar un comentario