mércores, 15 de febreiro de 2012
domingo, 12 de febreiro de 2012
Nin respectamos nin acatamos. Amolámonos.
A PPrepotencia de saberse impotente nun ‘Estado de Derechas’.
Mentres
estabamos entretidos reivindicando a resolución do caso Contador no cisma
hispano-francés. Odio contra o español!, Envexa gavacha!... Qué facer? Declarámoslle
a guerra?
Sete
maxistrados do Supremo espétannos, por unanimidade, que Baltasar Garzón prevaricou
ao ordenar unhas escoitas en prisión entre avogados e cabeciñas da trama Gürtel.
Ironías da vida o xuíz que destapou o maior escándalo de corrupción da democracia
é condenado antes polo mesmo caso: 11 años de inhabilitación!!(e pagar os custes ós avogados de Correa e toda a mafia!), o que na
práctica supón a súa expulsión da carreira xudicial. A prevaricación implica có
acusado obra "a sabendas" de cá súa actuación é inxusta, …en España téñense
producido centos de ordenes de escoitas, algunhas anuladas despois por
irregularidades, e ningún xuíz foi condenado por prevaricar. Garzón é o primeiro.
Os maxistrados do Supremo decidiron que actuou con deliberada inxustiza pese a
cas escoitas foron solicitadas pola Policía, avaladas polo fiscal
anticorrupción, mantidas polo xuíz que continuou a investigación do caso e
consideradas legais por un dos tres maxistrados que no seu día ordenaron
anulalas. É dicir, non era tan obvio para todos que fosen inxustas. Pero qué máis
da. Do que se trata é de destruír o xuíz que destapou no seu día a corrupción do
PP e atreveuse a investigar os crimes do franquismo.
Penso
que esta sentencia terá unha influencia decisiva no desbaratamento do caso
Gürtel ante a nulidade dunha parte importantísima das probas en contra dos
supostos corruptos madrileños, valencianos, etcétera. Un balón de osíxeno. Unha
traba a calquera maxistrado que decida acordar un sistema de investigación
lexítimo como son as escoitas telefónicas. "Todo un desastre", que non lle
quita mérito á sentencia contra Garzón.
O
condenado nesta sentencia non é Garzón, somos nós, como sociedade como pobo, os
sobreviventes dunha ditadura acabamos nunha comedia de toureiros, faralae e
mantilla, charanga e pandeireta. Con esta sentencia fomos condenados a seguir
pretendendo có franquismo nunca existiu, cas redes de corrupción nunca existiron,
có secuestro do poder nos seus ámbitos máis importantes, é pasado. Nos somos os
inhabilitados pola sentencia do Tribunal Supremo. Nós teremos que finxir que
vivimos nunha democracia xusta, moderna e libre. Nós rebozándonos na súa merda
franquista, podrecidos de servilismo, corrupción e represións. Nós, todos nós,
somos os que seguiremos tendo que mirar cara outro lado cando vexamos pasar os asasinos
franquistas saíndo arrepentidos da misa de 12. Nós, como sociedade, teremos que
seguir finxindo que non nos decatamos de que nas cúpulas do poder seguen aclamados
os executores franquistas e seus fillos. Nós cos xeonllos consumidos de axeonllarse
ante o excremento. Nós como sociedade fomos sentenciados a calar ante o
evidente, a aguantala ira un pouco máis, a seguir o xogo a unha morea de
corruptos cando o mofo leva décadas medrando nas cheirentas fendas do sistema. Nós
entraremos na gaiola de ouro (a nosa cárcere) có PP está construído.
España
quedou marcada internacionalmente. A vergoña de recoñecernos nun rancio país de
touros e catetos que sigue rexido polas regras do Señorito paseando con xesto
indolente entre os seus súbditos.
Garzón,
por outra beira seguirá sendo admirado en todo o mundo pola súa valentía por sentenciar
a Pinochet, etarras, GAL socialista,
fascistas arxentinos… indomable e incorruptible, única ambición seu traballo
e facer xustiza.
Pero
nós seguiremos varados nesta praia chea de medos e miseria, de infortunios e vinganzas.
Agardando por alguén que se atreva a axitar eses santuarios de covardía e
ruindade.
Farannos
crer que Garzón fíxoo mal e que esta, e non outra, foi a causa do seu ocaso. Os
ministros do cristián/franquismo de dereitas agora quererán vendernos que foi
unha casualidade que xusto no momento en que ía iniciar investigacións sobre os
crimes franquistas fose descuberto ese xuíz que facía as cousas mal. Por
suposto, os outros xuíces, todos, foron, seguen e seguiran sendo exquisitos na súa
aplicación da lei. …xa estou vendo o 'Informe semanal'.
Eu
xa escoitei a alguén autoconvencerse, de que "algo faría mal se o condenaron". As
portadas de El Mundo, La Razón o ABC cheos de comentarios "no es contra él, es que la ley se aplica a todos por igual" (ja,ja,ja… Familia Real, Familia Franco, Jaume Matas, Fabra, Camps, Zaplana,
Gürtel…, morro coa risa).
Só
espero que non sigamos esquecendo que empezase calando ante unha situación de
inxustiza persoal e rematase aceptando toda esta inxustiza... somos moitos e pódemos,
o poder tamén está en horas baixas, como unha verga fláccida.
Mentres
séguese na defensa a Contador. E axustízamos por unha sátira de monicreques… incluso
a clase política española, expresa a súa queixa sobre o contido dos vídeos, mentres
espertan en nós o espírito nacional/patriótico e arrebátannos o sentido do
humor…
Eu
que pensaba cos 'asuntos de Estado' eran outra cousa. Claro, que tamén pensaba
que estábamos nun 'Estado de Derecho'… ata onte, qué dinme conta qué era nun 'Estado
de Derechas' …de orixe divino, claro esta!.
Buf!!,
case me parece máis sinxelo o do filete de Contador.
venres, 10 de febreiro de 2012
ESTOFADO FRANQUISTA DE JUEZ
Juan
Carlos Monedero *
Fue Trillo, el entonces portavoz de justicia del PP en el
Congreso, quien afirmó que el que los buscaba los encontraba. Su misión dentro
del Partido Popular era digna de Homero Simpson: “yo no he sido, no me has
visto, no puedes demostrarlo”. Carlos Fabra, con sus gafas de Pinochet, es el más
feo. Pero los trajes elegantes de Zaplana no nos hace olvidar el “yo estoy aquí
para forrarme” ni la anulación de los juicios por defecto de forma o
alargamiento de los plazos. NI las maneras de señorito malote de Trigo ocultan
el caso Yakolev y las mentiras dichas como Ministro de Defensa.
Los delincuentes de cuello blanco
conocen bien el sistema en el que han prosperado. Niegan, dilatan -con las
posibilidades que da el dinero a menudo obtenido fraudulentamente- los
procedimientos hasta lograr la prescripción, buscan encubrir en las urnas los
delitos, sobornan o amenazan (¿qué ha pasado con el jurado popular que juzgó el
caso de los trajes de Camps?). Y si un juez es un electrón libre –no hace falta
que lo sea siempre: sólo cuando ejerce como tal-, lo asustan, lo acorralan y lo
baten. Cuarenta años en los cotos de caza en compañía del Generalísimo producen
su experiencia.
Es tan evidente que repetirlo da
vergüenza. Los jueces a los que se demostró imparcialidad en el juicio por los
crímenes del franquismo -y que tuvieron que dejar esa causa-, están también en
el juicio por las escuchas de la red criminal Gürtel. “Si no te cazo por aquí,
te cazo por allá”, parecen pensar mientras sonríen. Hay casos anteriores en
donde se realizaron escuchas a los abogados (caso del narco Vioque y del
asesinato de Marta del Castillo, por no citar la infinidad de veces que se ha
hecho con ETA o su relajado “entorno” (cuando Garzón no molestaba). Por último,
el juez que prosiguió con el caso prorrogó las escuchas inicialmente solicitadas
por la policía (que demostraban que, efectivamente, los abogados estaban
haciéndose cargo del ocultamiento del dinero robado por la red). Aznar dijo que
aunque no hubiera armas de destrucción masiva en Irak, aquello mereció la pena
para sacar a Sadam Hussein. Sería bueno escucharle qué opina de los abogados de
la Gürtel y el juicio a Garzón. ¿Estará de acuerdo en procesar a esos abogados
leales con el crimen? Si interceptar las conversaciones entre abogados y
presuntos criminales debilita las garantías de los detenidos –cosa que parece
evidente- lo debe parecer siempre. Si así hubiera sido en cada caso, a ningún
policía se le ocurriría solicitarlo, a ningún juez se le ocurriría a hacerlo, a
ningún fiscal autorizarlo ni a ningún juez sustituto prorrogarlo. Pero ese no
es el problema: si quieres cazar a un corzo, pruebas con la escopeta, con
perros, con veneno y hasta con arco y flechas, para luego extenderte la sangre
por la cara en señal de triunfo.
¿Se darán los jueces ya por
tranquilos? No hay razones para pensarlo. Hoy somos el hazmerreír del mundo y a
esos jueces no les ha quitado el sueño nuestro ridículo como país. Ahora, se
aprestarán a callar a los que preguntan por los crímenes del franquismo. Y qué
extraño es que persigan el cobro de unos cursos en Nueva York y no lo hagan con
los cursos de preparación de jueces que imparten buen número de ellos (siendo
taxativamente ilegal). Cuando es el bolsillo propio el que se recrea, todo nos
parece más amable.
Llevamos tiempo diciendo que con el
relato de la Transición sólo vamos a tener una democracia de baja intensidad.
No te acuestas juez franquista y te levantas juez demócrata. Lo vemos en la
Audiencia Nacional. Jueces que lo fueron del franquismo y que acusan a Garzón
de crímenes propios de estados totalitarios. ¿No fusilaron en 1939 a los jueces
leales a la República acusándoles de auxilio a la rebelión? Si fuera cierto que
Garzón se equivocó (¿qué juez no lo hace?), le corresponde el castigo adecuado.
Achacar intención al error es querer ir más allá. Pero cuando quieres asustar
al bosque, desuellas al animal batido. El que fue fiscal anticorrupción,
Jiménez Villarejo, lo ha resumido señalando a la Audiencia Nacional: “Casta de
burócratas al servicio de la venganza institucional”. ¿Qué juez va a atreverse
mañana con el PP? En Italia los volaba la mafia. Aquí los inhabilita la
Audiencia Nacional.
¿Hasta cuándo va a callarse la
democracia en este país? ¿Cuánto tiempo más vamos a repetir el absurdo de que
hay que respetar en cualquier caso las decisiones de los jueces? Siguen
achicando el espacio democrático. ¿Nos acordamos de las leyes de Nüremberg de
1933 y de juristas prestigiosos como Carl Schmitt que justificaron esa
prohibición de matrimonios entre arios y judíos? El fascismo siempre ha tenido
jueces saludando con el brazo en alto.
* Licenciado en Ciencias Políticas y Sociología. Profesor
titular de Ciencia Política en la Universidad Complutense de Madrid y Director
del Departamento de Gobierno, Políticas Públicas y Ciudadanía en el Instituto
Complutense de Estudios Internacionales.
martes, 7 de febreiro de 2012
Sen saída e Copiones, septiembre puede esperar.
Sen saída
Copiones, septiembre puede esperar
Un grupo de alumnos do IES Lauro Olmo presenta "Copiones, septiembre puede esperar" unha curtametraxe creada por eles. Trátase da comedia de ambiente escolar Dirixida por Lucas Docampo sobre un guión del mesmo e de seu irmán Álvaro, está interpretada por Diego Markwalder, Álvaro Docampo, Aitor Ramos, Eladio Santos, María González, Tamara Martínez e Agustín González "Guti". Varios deles xa participaran en "Sen saída" a curta de terror que recibiu a Mención Especial do xurado do OUF Escola de 2010, festival no que teñen intención de concursar coa versión en galego que arestora están preparando.
domingo, 5 de febreiro de 2012
venres, 3 de febreiro de 2012
Ministros de-votos
Obxectivo:
despoxar á sociedade dos logros alcanzados en materia de tolerancia, laicidade
e respecto ós dereitos de tódolos cidadáns. Nunha palabra, retroceder. A materia
de Educación para a Cidadanía morreu. O funeral foi relixioso: foron os
sectores católicos más reaccionarios e os sectores máis extremistas do PP quén envelenaron
á opinión pública contra unha materia que nin era adoutrínante nin atacaba á
familia nin á liberdade nin a os pais nin a os fillos. Só achegaba distintos
puntos de vista sobre a familia, as relacións interpersonais e
a necesidade de respecto inda que non se compartan. En calquera caso os nenos
non teñen porque ser propiedade dos pais, nun estado aconfesional temos a
obriga dunha ensinanza que beneficie a formación integral, as máis das veces o
marxe das preferencias particulares dos proxenitores e as súas igrexas. O exemplo
máis escabroso desta campaña de propaganda, resúmeno cinco anos de mentiras, a
manipulación informativa arredor dun ensaio da editorial Akal titulado tamén "Educación para la
ciudadanía". Non era este
un manual para os alumnos: era un libro crítico contra a materia dende formulacións
de esquerda escribírono Carlos Fernández Liria, Pedro Fernández Liria e Luis
Alegre Zahonero, con ilustracións de Miguel Brieva. Este ensaio nunca foi un
libro de texto: non respondía ó temario, nunca se usou nos colexios nin foi
homologado polo Ministerio de Educación. Tampouco o
pretendía. Sen embargo, co título bastou para cós medios da
dereita cargasen contra a nova materia empregando este ensaio como munición: citando
parágrafos desta obra (onde se criticaba a Aznar ou a Jiménez Losantos) coma si
fose un libro de texto homologado, como exemplo de "adoutrinamento" á
cidadanía, o doado sería comprobalo con calquera manual de calquera colexio,
pero seus inquisidores sempre citan como exemplo un texto que ninguén utiliza. Os
autores do libro mandaron cartas os diarios denunciando esta evidente manipulación.
As cartas nunca foron publicadas. E aínda hoxe, cinco anos despois, hai xornais
e xornalistas que citan o libro de Akal como exemplo do que ensinaban a os
nenos nos colexios do malvado Zapatero.
Que unha manipulación
tan burda pase por boa demostra unha cousa: que Educación para a cidadanía é unha
materia imprescindible.
José
Ignacio Wert e Alberto Ruiz-Gallardón parecen ter presa en
crear novas leis ou desfacer o consolidado e non descasaran ata conseguilo,
aínda que a paternidade dalgúns dos seus proxectos teñen outros apelidos: a
Igrexa católica e o sector máis conservador do PP e contan co apoio de UPN, e
as organizacións contrarias o dereito ao aborto (como Hazte oír ou Derecho a Vivir)
que ven bo o cambio aínda que aspiran a unha prohibición total. Wert elimina
Educación para a Cidadanía porque "adoutrina" e trata "temas
controvertidos". Se queren evitar o adoutrinamento, que saquen a relixión
das escolas… Esta materia foi boicoteada pola Igrexa a pesar de ser consensuada,
limada e "puída" cos representantes de colexios católicos. Wert
creará unha nova Educación Cívica e Constitucional, aínda que descoñecese qué "controversia"
observa o ministro na actual ensinanza da Constitución.
Gallardón,
o alcalde que quería ser ministro, e que moitos tiñan por centrista moderado,
resultou ser da dereita de toda a vida! …destapouse afirmando que volverá á lei
do aborto baseada nos tres supostos (malformación do feto, violación ou
trastorno psiquiátrico da embarazada). Adeus á lei de prazos.
Anunciaba
o Ministro de Xustiza "Reformar la ley del aborto es lo más progresista que he hecho en
mi vida", asegurou. P R O G R E S I S T A. Que mérito ten pretender recuperar unha lei
de "supostos" de 1985 e eliminar o actual dereito da muller a
interromper seu embarazo... Gallardón sempre sorprende. É un experto refinado na
cabriola verbal que engancha ao oínte despistado ou desmemoriado. Por un lado, contenta a esa dereita á que a lei
de prazos deu tantas horas de airados faladoiros en Intereconomía, Popular TV
etc…; e por outro, quere curarse en saúde cualificando esta volta atrás cun adxectivo
que pretende santificar a súa decisión, adxectivo elixido para a súa nova lei, pero
que é en realidade a antiga, isto roza o absurdo!.
Progresista
é un termino reconvertido en insulto en boca de moitos hooligans da dereita. De maneira que non creo que cualificar de 'progre'
este feliz retorno o pasado sexa do agrado de algúns dos seus votantes. A min, ademais
de parecerme incorrecto, sublévame, qué autoridade moral lle dan unha maioría
de votos... Volver á antiga lei é regresar a unha dinámica hipócrita. As
mulleres terán que volver a dar explicacións para interromper o seu embarazo. O
Señorito Gallardón, confirmou a reforma da actual lei de prazos (que permite
abortar libremente ata a semana 14 de xestación) para volver a un sistema de
supostos igual a regulación do 1985, no que as mulleres terán que alegar
motivos para súa decisión, non aclarou cáles serán eses supostos nos que estará
permitido facelo. Tampouco cál será o tempo para elo. Ata xullo do 2010, o
aborto era un delito. As mulleres só podían recorrer a il en casos de violación
(ata a semana 12 de xestación), malformacións (ata a semana 22) e risco para a
saúde física ou psicolóxica da muller (sen prazo).
Recordaredes,
cómo ese sistema de supostos provocaba cá gran maioría das mulleres (case o
90%) se vira obrigada a alegar 'risco para a saúde psicolóxica' para
poder así recorrer a esta intervención, unha fenda que sen embargo, deixábaas
desprotexidas a elas e a os médicos. Cabe tamén a posibilidade de que nesta
ocasión haxa presións políticas (morais) para que ese terceiro suposto non se converta nun
coadoiro como ocorría antes.
A
decisión do Goberno é "un atrópello", a volta ao
sistema de supostos "elimina el dereito das mulleres a decidir a súa maternidade",
"volvese a poñer a decisión da muller e súa aprobación en mans dos
profesionais", as palabras de Gallardón son unha chiscádela a os sectores
máis conservadores do partido, e teñen unha carencia: a falta de referencias á
planificación familiar e a contracepción. Cá primeira medida en relación á
saúde sexual e reprodutiva sexa esta e non a prevención ou o fomento da
educación sexual mostra que se fai por razóns ideolóxicas. E iso é moi
preocupante...
A experiencia
móstranos, que dos tres supostos haberá un ao cás mulleres recorren máis cós
outros dous: o de trastorno mental. Deberán demostrar que non están nas súas
cabais. O cal casa coa idea conservadora de que en moitas ocasións a muller non
sabe o que fai.
Haberá
que darlle entonces parabéns ás axencias de viajes que poderán desempoar o
vello pack de fin de semana o
estranxeiro con intervención hospitalaria incluída. Se isto é progresista, que
veña Deus e o vexa. Pode que algúns ministros confundan progreso con regreso e
cidadanía con freguesía. Isto afasta
a España do entorno europeo, unha volta atrás e unha perda de dereitos.
Creo
cá maioría dos católicos non comparte as opinións da xerarquía
eclesiástica (Vaticano) sobre cuestiones como o aborto, a sexualidade ós
anticonceptivos. Esa xerarquía, que traslada mensaxes negativos e as veces
insáns sobre sexo e preséntanos, unha visión nesgada do papel da muller na
sociedade, non representa os católicos. A gran maioría dos que se din católicos
usan preservativo, teñen abortos, creen na educación sexual dos nenos...,
diversidade de opinións e liberdade de elección segundo a conciencia de cada cal,
é do que se trata, católicos con dereito a decidir.
As
limitaciones non remataran cos abortos; só os farán máis
inxustos...
Nas
ensinanzas e na moral católica está o respecto a seguir á conciencia nas
cuestións de saúde sexual e reprodutiva. Negar os cidadáns a libre elección, supón
un regreso os momentos máis escuros da historia. A lei actual confía ás mulleres
as eleccións que toman día a día, os cambios propostos xulgan as súas decisións.
E…, quén ten dereito a elo? Ese novo modelo, si se fai realidade, forzará ás mulleres
a dar a luz; eu creo na libre elección das persoas.
Os homes e as mulleres
somos quén debemos tomar as decisións morais respecto da nosa propia vida. E, onde
ademais dese factor existen outras crenzas e diversidades, a lóxica é que a lei
apoie esa liberdade de conciencia.
En
termos médicos, morais, filosóficos ou espirituais non sabemos cándo o feto se converte
en persoa; pero as mulleres son persoas xa. E débense protexer. As restricións
non funcionan máis que como fórmula para perpetuar as desigualdades entre ricos e
pobres. Aqueles con posibilidades económicas sempre poderán encontrar un camiño,
os máis pobres arranxaranse con abortos clandestinos e inseguros. Non hai
xustiza social nesto.
Outra
vez desenrolarase o turismo do aborto, pero o que deberíamos cuestionarnos tamén
é qué leva o Goberno a tomar esas medidas que negan o dereito das mulleres a
decidir. Estas políticas antepoñen as súas crenzas persoais converténdoas en
leis sen permitir que a cidadanía faga o mellor, conforme lle dite a súa
conciencia.
Se alguén está arrepentido do que fixo o 20-N, demasiado tarde.
Ten catro anos de lamento. Non
hai libro de reclamacións.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















