domingo, 12 de febreiro de 2012

Nin respectamos nin acatamos. Amolámonos.


A PPrepotencia de saberse impotente nun ‘Estado de Derechas’.


Mentres estabamos entretidos reivindicando a resolución do caso Contador no cisma hispano-francés. Odio contra o español!, Envexa gavacha!... Qué facer? Declarámoslle a guerra?
Sete maxistrados do Supremo espétannos, por unanimidade, que Baltasar Garzón prevaricou ao ordenar unhas escoitas en prisión entre avogados e cabeciñas da trama Gürtel. Ironías da vida o xuíz que destapou o maior escándalo de corrupción da democracia é condenado antes polo mesmo caso: 11 años de inhabilitación!!(e pagar os custes ós avogados de Correa e toda a mafia!), o que na práctica supón a súa expulsión da carreira xudicial. A prevaricación implica có acusado obra "a sabendas" de cá súa actuación é inxusta, …en España téñense producido centos de ordenes de escoitas, algunhas anuladas despois por irregularidades, e ningún xuíz foi condenado por prevaricar. Garzón é o primeiro. Os maxistrados do Supremo decidiron que actuou con deliberada inxustiza pese a cas escoitas foron solicitadas pola Policía, avaladas polo fiscal anticorrupción, mantidas polo xuíz que continuou a investigación do caso e consideradas legais por un dos tres maxistrados que no seu día ordenaron anulalas. É dicir, non era tan obvio para todos que fosen inxustas. Pero qué máis da. Do que se trata é de destruír o xuíz que destapou no seu día a corrupción do PP e atreveuse a investigar os crimes do franquismo.

Penso que esta sentencia terá unha influencia decisiva no desbaratamento do caso Gürtel ante a nulidade dunha parte importantísima das probas en contra dos supostos corruptos madrileños, valencianos, etcétera. Un balón de osíxeno. Unha traba a calquera maxistrado que decida acordar un sistema de investigación lexítimo como son as escoitas telefónicas. "Todo un desastre", que non lle quita mérito á sentencia contra Garzón.

O condenado nesta sentencia non é Garzón, somos nós, como sociedade como pobo, os sobreviventes dunha ditadura acabamos nunha comedia de toureiros, faralae e mantilla, charanga e pandeireta. Con esta sentencia fomos condenados a seguir pretendendo có franquismo nunca existiu, cas redes de corrupción nunca existiron, có secuestro do poder nos seus ámbitos máis importantes, é pasado. Nos somos os inhabilitados pola sentencia do Tribunal Supremo. Nós teremos que finxir que vivimos nunha democracia xusta, moderna e libre. Nós rebozándonos na súa merda franquista, podrecidos de servilismo, corrupción e represións. Nós, todos nós, somos os que seguiremos tendo que mirar cara outro lado cando vexamos pasar os asasinos franquistas saíndo arrepentidos da misa de 12. Nós, como sociedade, teremos que seguir finxindo que non nos decatamos de que nas cúpulas do poder seguen aclamados os executores franquistas e seus fillos. Nós cos xeonllos consumidos de axeonllarse ante o excremento. Nós como sociedade fomos sentenciados a calar ante o evidente, a aguantala ira un pouco máis, a seguir o xogo a unha morea de corruptos cando o mofo leva décadas medrando nas cheirentas fendas do sistema. Nós entraremos na gaiola de ouro (a nosa cárcere) có PP está construído.


España quedou marcada internacionalmente. A vergoña de recoñecernos nun rancio país de touros e catetos que sigue rexido polas regras do Señorito paseando con xesto indolente entre os seus súbditos.

Garzón, por outra beira seguirá sendo admirado en todo o mundo pola súa valentía por sentenciar a Pinochet, etarras, GAL socialista, fascistas arxentinos… indomable e incorruptible, única ambición seu traballo e facer xustiza.
Pero nós seguiremos varados nesta praia chea de medos e miseria, de infortunios e vinganzas. Agardando por alguén que se atreva a axitar eses santuarios de covardía e ruindade.

Farannos crer que Garzón fíxoo mal e que esta, e non outra, foi a causa do seu ocaso. Os ministros do cristián/franquismo de dereitas agora quererán vendernos que foi unha casualidade que xusto no momento en que ía iniciar investigacións sobre os crimes franquistas fose descuberto ese xuíz que facía as cousas mal. Por suposto, os outros xuíces, todos, foron, seguen e seguiran sendo exquisitos na súa aplicación da lei. …xa estou vendo o 'Informe semanal'.

Eu xa escoitei a alguén autoconvencerse, de que "algo faría mal se o condenaron". As portadas de El Mundo, La Razón o ABC cheos de comentarios "no es contra él, es que la ley se aplica a todos por igual" (ja,ja,ja… Familia Real, Familia Franco, Jaume Matas, Fabra, Camps, Zaplana, Gürtel…, morro coa risa).
Só espero que non sigamos esquecendo que empezase calando ante unha situación de inxustiza persoal e rematase aceptando toda esta inxustiza... somos moitos e pódemos, o poder tamén está en horas baixas, como unha verga fláccida.

Mentres séguese na defensa a Contador. E axustízamos por unha sátira de monicreques… incluso a clase política española, expresa a súa queixa sobre o contido dos vídeos, mentres espertan en nós o espírito nacional/patriótico e arrebátannos o sentido do humor…
Eu que pensaba cos 'asuntos de Estado' eran outra cousa. Claro, que tamén pensaba que estábamos nun 'Estado de Derecho'… ata onte, qué dinme conta qué era nun 'Estado de Derechas' …de orixe divino, claro esta!.

Buf!!, case me parece máis sinxelo o do filete de Contador.


venres, 10 de febreiro de 2012

ESTOFADO FRANQUISTA DE JUEZ

Juan Carlos Monedero *

Fue Trillo, el entonces portavoz de justicia del PP en el Congreso, quien afirmó que el que los buscaba los encontraba. Su misión dentro del Partido Popular era digna de Homero Simpson: “yo no he sido, no me has visto, no puedes demostrarlo”. Carlos Fabra, con sus gafas de Pinochet, es el más feo. Pero los trajes elegantes de Zaplana no nos hace olvidar el “yo estoy aquí para forrarme” ni la anulación de los juicios por defecto de forma o alargamiento de los plazos. NI las maneras de señorito malote de Trigo ocultan el caso Yakolev y las mentiras dichas como Ministro de Defensa.
Los delincuentes de cuello blanco conocen bien el sistema en el que han prosperado. Niegan, dilatan -con las posibilidades que da el dinero a menudo obtenido fraudulentamente- los procedimientos hasta lograr la prescripción, buscan encubrir en las urnas los delitos, sobornan o amenazan (¿qué ha pasado con el jurado popular que juzgó el caso de los trajes de Camps?). Y si un juez es un electrón libre –no hace falta que lo sea siempre: sólo cuando ejerce como tal-, lo asustan, lo acorralan y lo baten. Cuarenta años en los cotos de caza en compañía del Generalísimo producen su experiencia.


Es tan evidente que repetirlo da vergüenza. Los jueces a los que se demostró imparcialidad en el juicio por los crímenes del franquismo -y que tuvieron que dejar esa causa-, están también en el juicio por las escuchas de la red criminal Gürtel. “Si no te cazo por aquí, te cazo por allá”, parecen pensar mientras sonríen. Hay casos anteriores en donde se realizaron escuchas a los abogados (caso del narco Vioque y del asesinato de Marta del Castillo, por no citar la infinidad de veces que se ha hecho con ETA o su relajado “entorno” (cuando Garzón no molestaba). Por último, el juez que prosiguió con el caso prorrogó las escuchas  inicialmente solicitadas por la policía (que demostraban que, efectivamente, los abogados estaban haciéndose cargo del ocultamiento del dinero robado por la red). Aznar dijo que aunque no hubiera armas de destrucción masiva en Irak, aquello mereció la pena para sacar a Sadam Hussein. Sería bueno escucharle qué opina de los abogados de la Gürtel y el juicio a Garzón. ¿Estará de acuerdo en procesar a esos abogados leales con el crimen? Si interceptar las conversaciones entre abogados y presuntos criminales debilita las garantías de los detenidos –cosa que parece evidente- lo debe parecer siempre. Si así hubiera sido en cada caso, a ningún policía se le ocurriría solicitarlo, a ningún juez se le ocurriría a hacerlo, a ningún fiscal autorizarlo ni a ningún juez sustituto prorrogarlo. Pero ese no es el problema: si quieres cazar a un corzo, pruebas con la escopeta, con perros, con veneno y hasta con arco y flechas, para luego extenderte la sangre por la cara en señal de triunfo.
¿Se darán los jueces ya por tranquilos? No hay razones para pensarlo. Hoy somos el hazmerreír del mundo y a esos jueces no les ha quitado el sueño nuestro ridículo como país. Ahora, se aprestarán a callar a los que preguntan por los crímenes del franquismo. Y qué extraño es que persigan el cobro de unos cursos en Nueva York y no lo hagan con los cursos de preparación de jueces que imparten buen número de ellos (siendo taxativamente ilegal). Cuando es el bolsillo propio el que se recrea, todo nos parece más amable.
Llevamos tiempo diciendo que con el relato de la Transición sólo vamos a tener una democracia de baja intensidad. No te acuestas juez franquista y te levantas juez demócrata. Lo vemos en la Audiencia Nacional. Jueces que lo fueron del franquismo y que acusan a Garzón de crímenes propios de estados totalitarios. ¿No fusilaron en 1939 a los jueces leales a la República acusándoles de auxilio a la rebelión? Si fuera cierto que Garzón se equivocó (¿qué juez no lo hace?), le corresponde el castigo adecuado. Achacar intención al error es querer ir más allá. Pero cuando quieres asustar al bosque, desuellas al animal batido. El que fue fiscal anticorrupción, Jiménez Villarejo, lo ha resumido señalando a la Audiencia Nacional: “Casta de burócratas al servicio de la venganza institucional”. ¿Qué juez va a atreverse mañana con el PP? En Italia los volaba la mafia. Aquí los inhabilita la Audiencia Nacional.
¿Hasta cuándo va a callarse la democracia en este país? ¿Cuánto tiempo más vamos a repetir el absurdo de que hay que respetar en cualquier caso las decisiones de los jueces? Siguen achicando el espacio democrático. ¿Nos acordamos de las leyes de Nüremberg de 1933 y de juristas prestigiosos como Carl Schmitt que justificaron esa prohibición de matrimonios entre arios y judíos? El fascismo siempre ha tenido jueces saludando con el brazo en alto.

* Licenciado en Ciencias Políticas y Sociología. Profesor titular de Ciencia Política en la Universidad Complutense de Madrid y Director del Departamento de Gobierno, Políticas Públicas y Ciudadanía en el Instituto Complutense de Estudios Internacionales.


martes, 7 de febreiro de 2012

Sen saída e Copiones, septiembre puede esperar.


Sen saída

Copiones, septiembre puede esperar

Un grupo de alumnos do IES Lauro Olmo presenta "Copiones, septiembre puede esperar" unha curtametraxe creada por eles. Trátase da comedia de ambiente escolar Dirixida por Lucas Docampo sobre un guión del mesmo e de seu irmán Álvaro, está interpretada por Diego Markwalder, Álvaro Docampo, Aitor Ramos, Eladio Santos, María González, Tamara Martínez e Agustín González "Guti". Varios deles xa participaran en "Sen saída" a curta de terror que recibiu a Mención Especial do xurado do OUF Escola de 2010, festival no que teñen intención de concursar coa versión en galego que arestora están preparando.

venres, 3 de febreiro de 2012

Harry Patch


Ministros de-votos


Obxectivo: despoxar á sociedade dos logros alcanzados en materia de tolerancia, laicidade e respecto ós dereitos de tódolos cidadáns. Nunha palabra, retroceder. A materia de Educación para a Cidadanía morreu. O funeral foi relixioso: foron os sectores católicos más reaccionarios e os sectores máis extremistas do PP quén envelenaron á opinión pública contra unha materia que nin era adoutrínante nin atacaba á familia nin á liberdade nin a os pais nin a os fillos. Só achegaba distintos puntos de vista sobre a familia, as relacións interpersonais e a necesidade de respecto inda que non se compartan. En calquera caso os nenos non teñen porque ser propiedade dos pais, nun estado aconfesional temos a obriga dunha ensinanza que beneficie a formación integral, as máis das veces o marxe das preferencias particulares dos proxenitores e as súas igrexas. O exemplo máis escabroso desta campaña de propaganda, resúmeno cinco anos de mentiras, a manipulación informativa arredor dun ensaio da editorial Akal titulado tamén "Educación para la ciudadanía". Non era este un manual para os alumnos: era un libro crítico contra a materia dende formulacións de esquerda escribírono Carlos Fernández Liria, Pedro Fernández Liria e Luis Alegre Zahonero, con ilustracións de Miguel Brieva. Este ensaio nunca foi un libro de texto: non respondía ó temario, nunca se usou nos colexios nin foi homologado polo Ministerio de Educación. Tampouco o pretendía. Sen embargo, co título bastou para cós medios da dereita cargasen contra a nova materia empregando este ensaio como munición: citando parágrafos desta obra (onde se criticaba a Aznar ou a Jiménez Losantos) coma si fose un libro de texto homologado, como exemplo de "adoutrinamento" á cidadanía, o doado sería comprobalo con calquera manual de calquera colexio, pero seus inquisidores sempre citan como exemplo un texto que ninguén utiliza. Os autores do libro mandaron cartas os diarios denunciando esta evidente manipulación. As cartas nunca foron publicadas. E aínda hoxe, cinco anos despois, hai xornais e xornalistas que citan o libro de Akal como exemplo do que ensinaban a os nenos nos colexios do malvado Zapatero.

Que unha manipulación tan burda pase por boa demostra unha cousa: que Educación para a cidadanía é unha materia imprescindible.

José Ignacio Wert e Alberto Ruiz-Gallardón parecen ter presa en crear novas leis ou desfacer o consolidado e non descasaran ata conseguilo, aínda que a paternidade dalgúns dos seus proxectos teñen outros apelidos: a Igrexa católica e o sector máis conservador do PP e contan co apoio de UPN, e as organizacións contrarias o dereito ao aborto (como Hazte oír ou Derecho a Vivir) que ven bo o cambio aínda que aspiran a unha prohibición total. Wert elimina Educación para a Cidadanía porque "adoutrina" e trata "temas controvertidos". Se queren evitar o adoutrinamento, que saquen a relixión das escolas… Esta materia foi boicoteada pola Igrexa a pesar de ser consensuada, limada e "puída" cos representantes de colexios católicos. Wert creará unha nova Educación Cívica e Constitucional, aínda que descoñecese qué "controversia" observa o ministro na actual ensinanza da Constitución.


Gallardón, o alcalde que quería ser ministro, e que moitos tiñan por centrista moderado, resultou ser da dereita de toda a vida! …destapouse afirmando que volverá á lei do aborto baseada nos tres supostos (malformación do feto, violación ou trastorno psiquiátrico da embarazada). Adeus á lei de prazos.
Anunciaba o Ministro de Xustiza "Reformar la ley del aborto es lo más progresista que he hecho en mi vida", asegurou. P R O G R E S I S T A. Que mérito ten pretender recuperar unha lei de "supostos" de 1985 e eliminar o actual dereito da muller a interromper seu embarazo... Gallardón sempre sorprende. É un experto refinado na cabriola verbal que engancha ao oínte despistado ou desmemoriado.  Por un lado, contenta a esa dereita á que a lei de prazos deu tantas horas de airados faladoiros en Intereconomía, Popular TV etc…; e por outro, quere curarse en saúde cualificando esta volta atrás cun adxectivo que pretende santificar a súa decisión, adxectivo elixido para a súa nova lei, pero que é en realidade a antiga, isto roza o absurdo!.
Progresista é un termino reconvertido en insulto en boca de moitos hooligans da dereita. De maneira que non creo que cualificar de 'progre' este feliz retorno o pasado sexa do agrado de algúns dos seus votantes. A min, ademais de parecerme incorrecto, sublévame, qué autoridade moral lle dan unha maioría de votos... Volver á antiga lei é regresar a unha dinámica hipócrita. As mulleres terán que volver a dar explicacións para interromper o seu embarazo. O Señorito Gallardón, confirmou a reforma da actual lei de prazos (que permite abortar libremente ata a semana 14 de xestación) para volver a un sistema de supostos igual a regulación do 1985, no que as mulleres terán que alegar motivos para súa decisión, non aclarou cáles serán eses supostos nos que estará permitido facelo. Tampouco cál será o tempo para elo. Ata xullo do 2010, o aborto era un delito. As mulleres só podían recorrer a il en casos de violación (ata a semana 12 de xestación), malformacións (ata a semana 22) e risco para a saúde física ou psicolóxica da muller (sen prazo).
Recordaredes, cómo ese sistema de supostos provocaba cá gran maioría das mulleres (case o 90%) se vira obrigada a alegar 'risco para a saúde psicolóxica' para poder así recorrer a esta intervención, unha fenda que sen embargo, deixábaas desprotexidas a elas e a os médicos. Cabe tamén a posibilidade de que nesta ocasión haxa presións políticas (morais) para que  ese terceiro suposto non se converta nun coadoiro como ocorría antes.
A decisión do Goberno é "un atrópello", a volta ao sistema de supostos "elimina el dereito das mulleres a decidir a súa maternidade", "volvese a poñer a decisión da muller e súa aprobación en mans dos profesionais", as palabras de Gallardón son unha chiscádela a os sectores máis conservadores do partido, e teñen unha carencia: a falta de referencias á planificación familiar e a contracepción. Cá primeira medida en relación á saúde sexual e reprodutiva sexa esta e non a prevención ou o fomento da educación sexual mostra que se fai por razóns ideolóxicas. E iso é moi preocupante...

A experiencia móstranos, que dos tres supostos haberá un ao cás mulleres recorren máis cós outros dous: o de trastorno mental. Deberán demostrar que non están nas súas cabais. O cal casa coa idea conservadora de que en moitas ocasións a muller non sabe o que fai.

Haberá que darlle entonces parabéns ás axencias de viajes que poderán desempoar o vello pack de fin de semana o estranxeiro con intervención hospitalaria incluída. Se isto é progresista, que veña Deus e o vexa. Pode que algúns ministros confundan progreso con regreso e cidadanía con freguesía. Isto afasta a España do entorno europeo, unha volta atrás e unha perda de dereitos.


Creo cá maioría dos católicos non comparte as opinións da xerarquía eclesiástica (Vaticano) sobre cuestiones como o aborto, a sexualidade ós anticonceptivos. Esa xerarquía, que traslada mensaxes negativos e as veces insáns sobre sexo e preséntanos, unha visión nesgada do papel da muller na sociedade, non representa os católicos. A gran maioría dos que se din católicos usan preservativo, teñen abortos, creen na educación sexual dos nenos..., diversidade de opinións e liberdade de elección segundo a conciencia de cada cal, é do que se trata, católicos con dereito a decidir.
As limitaciones non remataran cos abortos; só os farán máis inxustos...
Nas ensinanzas e na moral católica está o respecto a seguir á conciencia nas cuestións de saúde sexual e reprodutiva. Negar os cidadáns a libre elección, supón un regreso os momentos máis escuros da historia. A lei actual confía ás mulleres as eleccións que toman día a día, os cambios propostos xulgan as súas decisións. E…, quén ten dereito a elo? Ese novo modelo, si se fai realidade, forzará ás mulleres a dar a luz; eu creo na libre elección das persoas.

Os homes e as mulleres somos quén debemos tomar as decisións morais respecto da nosa propia vida. E, onde ademais dese factor existen outras crenzas e diversidades, a lóxica é que a lei apoie esa liberdade de conciencia.

En termos médicos, morais, filosóficos ou espirituais non sabemos cándo o feto se converte en persoa; pero as mulleres son persoas xa. E débense protexer. As restricións non funcionan máis que como fórmula para perpetuar as desigualdades entre ricos e pobres. Aqueles con posibilidades económicas sempre poderán encontrar un camiño, os máis pobres arranxaranse con abortos clandestinos e inseguros. Non hai xustiza social nesto.

Outra vez desenrolarase o turismo do aborto, pero o que deberíamos cuestionarnos tamén é qué leva o Goberno a tomar esas medidas que negan o dereito das mulleres a decidir. Estas políticas antepoñen as súas crenzas persoais converténdoas en leis sen permitir que a cidadanía faga o mellor, conforme lle dite a súa conciencia.

Se alguén está arrepentido do que fixo o 20-N, demasiado tarde. Ten catro anos de lamento. Non hai libro de reclamacións.