"Nos tribunais, da cidade de Cork, ó sur de Irlanda unha rapaza de 17 anos, acusou a dous homes
de violala foi interrogada durante oito días e a súa roupa interior foi
entregada ó xurado para exame."
Polo que vemos a
"xustiza" decidide polas aparencias, polo "que dirán", por
seguir a corrente estereotipada patriarcal e misóxina… unha pena.
Entregarían tamén
os gallumbos do violador? Ou eses non contan… Como pode sentirse unha vítima de
violación ou unha muller cando amosan a súa roupa interior fronte a un tribunal?
Esta claro co
tanga non cumpre cos principios básicos de roupa interior. O tanga fai ter
consciencia permanentemente da súa presencia. Ten como afán o protagonísmo, quere
ser o centro de atención, o foco de tódalas miradas e conciencias. Se saes con
bragas pola mañá nin sequera es consciente delas en todo el día (obviando cando
as tes que quitar…) …non lembras nin de que cor son, nin que forma teñen nin
nada. As bragas non loitan por asomar por enriba da cintura do pantalón, nin
aproveitan calquera movemento estraño para saltar a dicirlle ó mundo ehhhh!!! …que
está tía leva bragas!!! É unha prenda modesta… con clase. Só se amosa en todo
seu esplendor cando queres, en situación
e compañía apropiadas… unha prenda con xeito!
Elizabeth
O’Connell, avogada, suxire ca demandante estaba "aberta a coñecer a alguén",
"hai que ver como ía vestida. Levaba un tanga con encaixe". Como será
a roupa interior da avogada, cal será o estilo de lencería como defensa ante
violadores, que lencería usara como defensa dos seus clientes?
O grave non é a
defensa, ate pode ser de oficio. O que me parece retorcido de mente, é empregar
tales argumentos… O máis importante, como soubo o violador que roupa interior levaba
a rapaza…?
A cultura social,
a publicidade, o reggaeton, o que che senta ben e te fai mais estilosa, exerce unha
"enorme presión" sobre as mulleres e mozas "para que teñan unha aparencia
sexy" pero nos xuízos por violación a miúdo castigan estes comportamentos,
úsanse como "probas" elementos como a roupa, o bronceado e ate os
medios anticonceptivos. Porque para defender a un violador intentase
establecer que houbo consentimento. Entón o acusado intentará o que sexa para suxerir
que tivo una relación sexual con consentimento, caso ‘A manada’, deste xeito
disuaden a denunciar e perpetúan o feudalismo, estamos moi lonxe de lograr un
sistema que antepoña á vítima no primeiro plano e remate con arcaicos mitos que
sosteñen que ca roupa invita á violación.
#ThisIsNotConsent Atención violadores, salgo con esta ropa interior, por si la falda no les parece muy corta, la blusa muy transparente o no les inspira mi maquillaje. O si no voy sola, borracha y confunden mis gritos de rabia y dolor con placer #EstoNoEsConsentimiento #NoEsNo
Ningún comentario:
Publicar un comentario