por: abc
Hei de chorar sen bagoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha chuvia fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
diste pútrido vento
que arromba a lealtá e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.
Pois que sómente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
Indo, chorando, andando,
salvaxe voz ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas
para rubir ao cumio dos aldraxes.
E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de chorar.
no corazón dos homes xenerosos.
Pois que sómente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
Indo, chorando, andando,
salvaxe voz ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas
para rubir ao cumio dos aldraxes.
E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de chorar.
De “Longa noite de pedra”
C.E. Ferreiro
Será o meu
libro na mesiña de noite para soportar estes catro anos, cos seus corenta e
oito meses ou 1.460 días… este domingo o carrexe de votos e a desafección,
gañaron neste xogo da democracia, unha trampa onde sempre gañan os que fan as
regras, aínda perdendo votos 653.000/789.000. Os narcotizados votantes do PP que
creen a 'pies juntillas' tódalas
mentiras anti-sociais do goberno… (se as coíñas voaran como voan os paxaros…). Aínda
que día a día somos máis os que queremos outra democracia… un fronte amplo de
esquerdas para frear ós PP/PSOE. Parabéns Beiras soubeche aproveitar o tirón,
unha boa campaña, leva o parlamento o que acontece na rúa e demostra o cabreada
que está a xente. Non nos defraudes!
Pero vexamos polo miúdo. Partido Popular no 2009: 789.427 votos, no 2012: 653.934 votos, deixa
no camiño 135.493 votos, case que nada, aínda así premiada a incompetencia,
como antes fixeron os valencianos premiando a corrupción, alí triunfou a política
dos acusados, e aquí o caciquismo aínda goza de espléndida saúde. PSdeG/PSOE no 2009: 524.488 votos, no 2012: 293.671 votos, maior escachiza aínda,
perde 230.817 votos nada menos, este non baixa está baixo terra. Bloque BNG no 2009:
270.712 votos, no 2012: 145.389, outro que patinando pega un hostión do carallo.
Son os tres partidos políticos ata o de agora presentes no parlamento galego
(Xunta de Galicia), e chegamos á sorpresa, Alternativa Galega de Esquerdas AGE a Syriza galega, no 2009: Non se presentou, no 2012: 200.101 votos, ten
o vento favorable, non só se converte na terceira forza política de Galicia, senón
que achegase perigosamente ós resultados do PSG/PSOE, quedando a 93.570 votos
de diferenza.
É curioso que os media non reflexen esta realidade do voto en Galicia, AGE é unha coalición de forzas de esquerda (EU/IU, Equo e Eco-galeguistas) inspirado no 15-M, é o único que sube en canto a votantes, o resto (PP, PSG/PSOE e BNG) perden votos a esgalla, en maior ou menor medida. E logo está a abstención, a primeira forza para colmo, co voto nulo e o voto en blanco supoñen máis do 40% do electorado.
É curioso que os media non reflexen esta realidade do voto en Galicia, AGE é unha coalición de forzas de esquerda (EU/IU, Equo e Eco-galeguistas) inspirado no 15-M, é o único que sube en canto a votantes, o resto (PP, PSG/PSOE e BNG) perden votos a esgalla, en maior ou menor medida. E logo está a abstención, a primeira forza para colmo, co voto nulo e o voto en blanco supoñen máis do 40% do electorado.
Ah, ollo! o concepto de voto útil morreu grazas
ós grandes partidos (bipartidismo) que ten máis que demostrado que votarlles é
inútil (PSOE/PP a mesma merda é!) o verdadeiramente importante é parala
barbarie neoliberal do PP.
O importante, sexa cal sexa a
opción elixida (participación crítica, ou abstención crítica) chegará un
momento en cós grandes partidos atópense fronte a fronte cunha maioría cidadán
(nada silenciosa) ilusionada, informada, valente e con ansias de participar máis
alá de votar cada catro anos. Os maiores de 65 años, (que en Galiza son maioría)
aqueles que non experimentaron a revolución política e cultural producida a
partir nos anos 60, por razóns que non se nos escapan, son os que seguen
narcotizados cos grandes partidos, e votan a seu partido, o mesmo que senten a súa
Caixa de aforros, a TVG, o equipo de fútbol ou o seu Santo patrón como algo obrigatorio,
necesario, ineludible…
O descontento cidadán non entrou
nas urnas este domingo só da man da Syriza
galega co discurso anticapitalista. Os votos en branco e nulos suman,
sorprendentemente, máis dun 5% e o partido denominado Escaños en Blanco convertese
na sexta forza cun 1,6% dos sufraxios, por diante do partido de Mario Conde. A
participación foi do 64,4%, algo máis dun punto menos que no 2009.
Se percibimos que hai moita xente crítica co PP é porque
realmente é a maioría da poboación (a que se abstén ou vota a otros partidos), esa
maioría é máis amplía no entorno daquelas persoas, críticas e informadas na que
moitos nos movemos, accedendo a gran cantidade de información alternativa a
través das redes, somos máis proclives a ser críticos co sistema e o funcionamento
dos partidos maioritarios, votemos ou non.
O PP non debería refregarse
as mans. É unha ilusión óptica, as súas maiorías absolutas iranse desvanecendo grazas o empuxe dunha poboación que xa está
empezando a darlle as costas a un modelo decadente, anticuado e inxusto.
Eu non me vou a amargar a
vida polo estrago político. Só me amargarei cando me falte pan para comer. E iso,
hoxe non o garante ningún partido político. PSOE o que hai non serve, a
xente a rúa quere outra cousa, para darlle a volta a tortilla fan falta ovos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario