Por: abc Marzo de 2011
Moito se ten dito de se unha obra de arte é, ou non é tal ata que se mostra, aquilo de “o arte ocorre”. Só no momento no que o espectador entra en contacto coa obra, prodúcese esa sensación, incontable e diversa a comunicación, e podemos considerala arte. Así que... cando un creador decide manter as súas obras agochadas en segredo ou resérvaas para si mesmo, faise difícil recoñecelo como artista e súas obras aseméllanse máis a un produto terapéutico… desta volta, somos afortunados, máis afortunados se cadra, porque descubresenos unha obra de arte, a gran obra, dunha creadora que, por decisión propia ou por circunstancias da vida foi atesourando e nunca amosou… é o caso de Vivian Mailer.
Unha muller con sombreiro e velo mira a cámara con desdén, podería estar mirando os zapatos dun home ou a chaqueta vella que leva a muller que está fotografando. Unha nena chora desconsolada nos brazos da súa nai, allea ao choro sorrí parviña. Un home bota unha sesta no coche. Unha muller vestida de gasa branca cruza correndo unha rúa de Nova York fuxindo de algo que apenas intuímos. Unha pomba morta repousa no fondo dunha papeleira. Todas estas imaxes e 100.000 máis constitúen o extraordinario legado que enche o mundo segredo de Vivian Maier, probablemente a fotógrafa descoñecida con máis talento do mundo, que faleceu sen amosar a ninguén ningunha das súas fotos deixando máis de 30.000 (dos 1960-1970) por revelar.
O pouco que sabemos é que naceu en Nova York en 1926, de nai francesa, mudouse a París sendo moi nena e volveu a EE UU en 1951. Exerceu diversos traballos, ata que se empregou como ama de cría durante 40 anos, en Chicago, onde viviu ata a súa morte en 2009. Cunha cámara Rolleiflex Twin Lens tomaba fotos da maña a noite de todo o que percibía. Gustáballe o cine: admiraba o cine europeo e difamaba o americano. Tiña unha actitude distante cos adultos (lembran os empregados da tenda onde mercaba o material fotográfico). Gustáballe facerse autorretratos camuflada nas sombras ou nos reflexos dos cristais. E tiña un inmenso talento. Pódense ver en Internet as súas fotografías (Vivian Maier: her discovered work) un ollo excepcional dende calquera punto de vista, pódese dicir que non hai fotógrafo de rúa que podamos comparar. Se alguén houbera visto as súas fotos antes, hoxe Vivian Maier estaría considerada unha dos grandes, ningunha das fotografías que fixo está retocada, e é asombroso pensar que xamais utilizou luz artificial, salvo a luz do lugar no que plantaba a cámara.
Un home chamado John Maloof comprou por casualidade un baúl cheo de negativos abandonado nun almacén por 400 $. A medida que ía descubrindo o que tiña entre maos, deuse conta do alcance da obra desta muller, morta (con 83 anos) dous días antes que descubrira seu nome. Non chegou a coñecela, pero consagrou a súa vida a coidar e difundir o seu legado, mentres prepara un documental e un libro sobre ela. Grazas a il, dedicóuselle unha gran exposición en Chicago, e o mundo do arte comeza a interesarse por ela. As fotos destinadas a perecer na escuridade, perdidas entre o desorde de incontables obxectos que tiña recollido ao longo da súa vida. Estas imaxes conmocionaron ao mundo da fotografía e irremediablemente cambiaron a vida do home que as levou a opinión pública. Difícil quitar da cabeza a imaxe dunha solitaria muller dedicada a coidar os nenos doutros, empuxando un cocheciño de bebe, mentres capturaba a realidade do arredor. Os nenos que coidou durante anos, hoxe anciáns, recordábana con cariño, ata o punto que algúns deles tíñana axudado economicamente ata a súa morte. Ningún deles vira xamais ningunha das súas fotografías…
Ver tamén:
Ningún comentario:
Publicar un comentario