La Región - O Barco - 21-03-2011
Luís Nogueira, compañeiro traballador do HCV, veterano lanzador de xavelina do ADAS PROINOR de O Barco, cumpriu os prognósticos e proclamouse Campión de Europa o pasado mércores na categoría de máis de 55 anos, na especialidade de xavelina, durante a celebración do Campionato de Europa de Veteranos que estase disputando na localidade belga de Gante.
A marca de 61,98 m. novo récord de España da súa categoría. O próximo obxectivo do valdeorrés serán os 64 m. do récord europeo, así como intentar ó largo desta temporada bater o mundial da categoría.
Tamén disputou a proba de tripe salto na que quedóu 5º cun excelente salto de 11,21 m.
Parabéns Luís!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario