sábado, 5 de marzo de 2011

O café e Nespresso


Por: abc Marzo 2011


O problema coas cafeteiras Nespresso é o propio sistema de cápsulas, “gastar e tirar”, unha cápsula de papel de aluminio cada vez que queres tomar un café, paréceme un desperdicio absurdo e un pecado ecolóxico. O aumento do mercado de café en cápsulas monodosis ten sido espectacular nos derradeiros anos e varios milleiros de millóns de cápsulas rematan cada ano no lixo doméstico. O concepto de produto de embalaxe desbotable e dun so uso vai en contra do progreso ambiental, en realidade, os vertidos de aluminio ao medio ambiente incrementáronse en boa medida grazas a Nestlé (…). O feito de xerar 50 gramos de residuos por cada 30 gramos de café, os milleiros de millóns de cápsulas que ninguén recicla e que seguen e seguirán tirándose no contedor de lixo cada día en todo o mundo, fai que Nestlé anuncie a bombo e pratiño que porá contedores de reciclaxe en diferentes puntos (de momento, soamente en Suíza) para calar as voces que denuncian o enorme dispendio de aluminio no medio ambiente. Por máis que algúns usuarios responsables traten de reciclalo, son minoría absoluta, desgraciadamente. É a promoción da cultura de sempre: “usar e tirar” 


A extracción de aluminio consume gran cantidade de enerxía; Por todo isto, o primeiro que se pregunta un cando remata coas cápsulas incluídas é cómo reaproveitar estas con outros tipos de café ou que utilidade darlle? 

As cápsulas para Nespresso non se venden en tendas (nin sequera onde comercializan as cafeteiras) só as vende Nestlé que é quen está detrás, hai un número reducido de tipos (16, contando 3 descafeinados) conteñen un porcentaxe entre 5 e 6 gramos de café; para ½ Kg de café necesitamos mercar 91 cápsulas, unha bolsa normal das que soen vender en calquera tenda ou supermercado ten 250 g. (½ Kg de bo café no Comercio Xusto pode custar uns 4 €) canto nos custará a mesma cantidade: 30,03 euracos… 

Ou sexa, creémonos que mercamos unha máquina, que total as cápsulas custan pouco (téñenas ata de 0,39 €) creémonos que Nespresso é unha marca ecolóxica porque ten unha web de Ecocolaboración: http://www.ecolaboration.com/#/aaa/en (puro marketing) e quedámonos tan contentos!. 

Xa non falamos dos que degustan, a verdade eu son máis do café por estímulo que por sabor, pero…? 


Os adeptos poñen moito énfases nas máquinas que compran, e non parecen darse conta de que a calidade do café depende en primeiro lugar da calidade do grao, do moído, da auga e finalmente do mantemento da máquina… E… que me decides do pracer dun expresso estupendo co xornal no bar…? 


Tendo en conta que tomamos mínimo dous cafés ó día, o gasto non é trivial, en calquera bar o prezo dun café 1 € como moito. 

Nestlé non tería que poñer os seus intereses económicos por enriba do benestar de millóns de familias campesiñas, estas, viven unicamente dos ingresos que xera a comercialización do grao, e obteñen recursos por facelo razoabelmente. Nestle provoca que unha persoa ou empresa estea obrigada a negociar ou comerciar só cunha determinada empresa. 




Dolce Gusto é outra marca da mesma compañía. Isto é típico das grandes corporacións, intentar abarcar o máximo posible do mercado creando a marca elite (Nespresso) e outra máis económica (Dolce Gusto) para cubrir un segmento inferior. 

Se isto se fixera sen asoballar a ninguén OK, unha técnica máis de mercado, pero o transfundo é moi negro, hai colectivos que denuncian que Nestlé ten pagado a escuadróns de asasinos para premer os produtores de Colombia que non se dobregaban as súas condicións. 

Isto das cafeteiras é una táctica cebo cómo a das impresoras... xa mercaras a tinta... a Playstation e outros cacharros. É un gadget, creo que intentado conseguir o efecto iPod e están a conseguilo: poñéndoo como o mais alto da súa gama, inda que non o sexa, para atraer con deseño... eu vexo paralelismo. Estanse xeneralizando, vense a venda en tódalas partes. Agora ben, unha vez que se convertan en estándar e case todo o mundo teña unha, (as principais cadeas de Supermercados sacaran as súas propias versións de cápsulas a un prezo máis económico... espero). Boas perspectivas aos que vos decantedes por este sistema porque en cuanto se xeneralice, sairavos máis económico! 

En fin, creo que comprarlle a Nestlé calquera produto é financiar a unha máis das grandes transnacionais, coa moral na carteira, que explotan os recursos naturais e as poboacións de países en desenrolo (iso sí, enriquecendo enormemente a seus gobernantes e aos propios directivos da empresa). Non deixa de ser unha empresa legal baseada nas leis discutibles do neoliberalismo globalizado… 

Na miña opinión Nespresso é unha marca que vende glamour, que resulta cómoda e rápida e métenola dobrada como tantas outras multinacionais. Por outra parte o que, a nós, parécenos tan cómodo, a os produtores dos países de orixe suponlles unha extorsión, un trato comercial sen garantías e para o medio ambiente un forte golpe baseado na cultura de “usar e tirar” que xa debería empezar a considerarse do século pasado.


E, por suposto, somos libres de comprarlle a quén queiramos. De todos xeitos eu, aínda que fora gratis, seguiría negándome a engordar o peto de multinacionais como Nestlé. Para min non só é un tema práctico, de comodidade, ou de sabor, eu non podo deixar de lado a ética e que a multinacional máis boicoteada do mundo, polos seus abusos, nos manexe como a cordeiros dispostos a facer enormes ringleiras para mercar cápsulas. 

Ben déixoo porque me acendo, remato dicindo que hai moitos frontes nos que ser responsable, e ter e consumir Nespresso non é un delito, o que realmente paga a pena é tomar conciencia do que pasa no mundo e non tragar con todo o que inventa esta sociedade de consumo.


Fontes:
Nestlé demanda a sus rivales por las cápsulas de Nespresso  O xigante suízo cree que a competencia viola a patente LIZ ALDERMAN (NYT) (París)  El País 23/08/2010

Interesados no café sistema monodose, existen boas alternativas que teñen en conta a Agricultura Ecolóxica e Comercio Xusto e, …son algo máis que verbas de moda.

1 comentario:

  1. "La guerra del café compatible"
    Marcilla saca al mercado cápsulas para que puedan ser usadas en las cafeteras exclusivas de Nespresso - Como antes las impresoras, el conflicto llega a la justicia - ¿Plagio o innovación?
    http://www.elpais.com/articulo/sociedad/guerra/cafe/compatible/elpepusoc/20110505elpepisoc_1/Tes

    ResponderEliminar