venres, 2 de xaneiro de 2015

Entra en vigor a reforma da Lei de Propiedade Intelectual

Non hai volta atrás. A reforma da Lei de Propiedade Intelectual (LPI) española acaba de entrar en vigor aprobarase no Pleno do Congreso dos Deputados por 172 votos a favor (só os do Partido Popular), 144 en contra e 3 abstencións. Foi o último paso para entrar en vigor este 1 de xaneiro de 2015. A nova Lei que ten levantado unha forte polémica porque, basicamente, intenta regular e controlar Internet en beneficio duns poucos. E faino dunha forma torpe e ineficiente. E aféctache a ti (e a calquera usuario de Internet) moito máis do que pensas. Cómo?

Esta reforma (podes acceder ás emendas e texto íntegro aquí) intenta por riba de todo controlar qué compartimos en Internet e cómo o compartimos.

Tratase dunha aperta de torca da anterior lei coñecida como "Lei Sinde" que introduce novos supostos para facilitar, entre outras cousas, o peche e imposición de multas a páxinas web de enlaces. O problema é cá ambigüidade coa que foi redactada introduce unha inseguridade xurídica tan forte que afecta a todo Internet. Ademais, inclúe o polémico canon AEDE ou "taxa Google", que en esencia restrinxe o noso dereito á información.



Cómo nos afecta a LPI? Sobre todo nestes 4 puntos clave:

1) Limita o noso acceso á cultura

Nos seus artigos 157 y 158, establece como ilegal ofrecer en Internet listados ordenados e clasificados de enlaces, independentemente de cás páxinas cós publiquen mostren publicidade ou non para lucrarse. Unha comisión de propiedade intelectual creada polo goberno poderá, sen necesidade de permiso xudicial, pechar webs de enlaces ou multalas con sanciones de ate 600.000 euros. E incluso poderá perseguir ós provedores desas páxinas (empresas de aloxamento, pagos online etc).

"La Ley abre la posibilidad al Estado de sabotear cualquier contenido online por el simple uso del miedo. ¿Se va a arriesgar un proveedor de hosting a una multa de 600.000 euros por dar alojamiento a una web de enlaces? No.", explica o abogado especializado en Internet Carlos Sánchez Almeida, e autor do blog Jaque Perpetuo. E engade: "Este sistema de censura es el mismo que se empleó con Wikileaks: intentar ahogarlo económicamente cerrando su acceso a PayPal, servicios de hosting, tarjetas de crédito...".

Na práctica, ó final o que se consigue é criminalizar o enlace a contidos compartidos entre usuarios. "Lo que la LPI está prohibiendo ahora es compartir en Internet nuestras librerías de contenidos. Compartir es algo que el ser humano ha hecho toda la vida, solo que ahora lo hacemos online. Hay que buscar una forma de compensar directamente a los autores de los contenidos, sin editores de por medio, pero nadie ha pensado en cómo hacerlo. En lugar de ello, la LPI solo propone cierres y multas. El acceso a los contenidos y la cultura es lo que realmente sale perdiendo".



2) Restrinxe o dereito á información

Outro dos puntos máis polémicos que introduce a lei no seu artigo 32.2 é o chamado canon AEDE ou "taxa Google". En esencia, obriga ós agregadores de contidos online como Google News ou Menéame (pero tamén potencialmente Facebook, Twitter e ducias de páxinas) a pagar un canon para compensar polos contidos que estes enlazan dos medios de AEDE (asociación formada por medios impresos adscritos a grandes grupos empresariais). De non facelo, enfróntanse tamén a multas de entre 150.000 e 600.000 euros.

A Lei de Propiedade Intelectual e o polémico canon AEDEO 22 de xullo será recordado como un dos peores días para o desenrolo de Internet en España. …Seguir lendo
"Es pura censura, una restricción del derecho de información de los ciudadanos. Cualquier página web que ponga listados de noticias o que agregue noticias de forma sistemática, debería pagar este canon o arriesgarse a una enorme multa. Por ejemplo, un blog creado por un usuario cualquiera que enlace a estas noticias de los medios AEDE, tendría que pagar", explica Almeida.

O artigo da lei está deseñado a medida dos grandes medios de comunicación membros da AEDE acosados polo cambio no seu modelo de negocio que ten provocado Internet e que ven en agregadores como Google News a fonte de tódolos seus males. Amais de non ter nin pes nin cachola (Google News é unha fonte de tráfico para estes medios e nin sequera inclúe publicidade), o efecto final é restrinxir directamente o acceso á información libre dos cidadáns.

O resultado que España convertese no único país no mundo no que, por enlazar contidos públicos de Internet, hai que pasar por caixa.

O Goberno e un lobby (os medios da AEDE) pasan a controlar non só boa parte da información que se comparte en Internet, senón cómo se comparte. Sóache? Exacto, hai un país que aplica un sistema de control e censura moi similar: China.

A entrada en vigor da reforma da LPI co canon AEDE resulta aínda máis paradoxal tendo en conta co Tribunal de Xustiza Europeo (TJUE) ditaminou que inserir nunha web un vídeo suxeito a dereitos do autor non infrinxe o copyright, porque non é un acto de explotación, da "comunicación pública". Como explica o avogado David Maeztu, a sentencia resolve o caso no que unha compañía (BestWater) propietaria dos dereitos dun vídeo subido a YouTube, demandou a outros usuarios por utilizar ese vídeo nas súas páxinas web sen o seu permiso. Segundo a sentencia:

La puesta a disposición en un sitio web de una obra inserta en otro sitio web a través de un vínculo mediante la técnica de la "transclusión," tal como se utiliza en el litigio principal, no puede ser llamada "comunicación al público"

É dicir: enlazar non é un acto de comunicación pública, segundo o TJUE, polo que non se pode considerar unha infracción del copyright. Chegado a España e ó canon AEDE, que pretende cobrar a compañías como Google por enlazar, este nace xa contrario a dereito europeo ou, como di Maeztu, o canon AEDE nace morto. Cómo é posible có goberno español sexa tan torpe de elaborar e aprobar unha lei contraria ás sentencias da Unión Europea? Pero aínda temos máis.



3) Pode obrigar a pechar empresas

Como resultado do anterior, a inseguridade xurídica e empresarial que abre esta reforma é bestial. De feito que unha administración poda pechar unha páxina web sen ningunha intervención xudicial fará que moitas empresas de Internet, emprendedores e usuarios pénsense dúas veces facer certas actividades económicas. Outros veranse abocados a establecer a sede social da súa empresa fora de España - ou pechar.

"Ante la disyuntiva de una multa o cerrar la página, mucha gente decidirá ni siquiera empezar, no arriesgarse. Eso es censura. Directamente no va a haber página. La gente ya ni se lo va a plantear. Por ejemplo, una empresa de hosting pequeña no puede estar recurriendo multas y pagando abogados. Al final es actividad económica que se va a perder", señala Almeida.

E esa é a clave: en lugar de impulsar novas actividades online e, coa actividade económica xerada, idear mecanismos de retribución dos autores de contido, a nova LPI pretende prohibir, pechar e multar. En outras palabras: ancorarnos en modelos de negocio antigos e obsoletos.



4) Terás que pagar máis por ir á Universidade

Coa nova Lei de Propiedade Intelectual establecese outro canon: no cás universidades públicas e privadas terán que pagar á entidade de xestión CEDRO (segundo eles, "asociación sen ánimo de lucro de autores e editores de libros, revistas e outras publicacións") por utilizar materiais académicos en campus virtuais, a maior parte dos cales (irónico) están baixo licenza Creative Commons.

Como explica o avogado especializado en Internet Javier de la Cueva, "las universidades tendrán que pagar 5 euros por alumno. Si coges el número de alumnos y Universidades, sale a 8 millones de euros anuales a favor de CEDRO. Un disparate".

"A nova Lei de Propiedade Intelectual é fruto da corrupción" Dende có Goberno español presentou o proxecto da nova Lei …Seguir lendo
Resultado a medio e longo prazo? "Las Universidades privadas probablemente incrementarán el precio de sus matrículas, y las públicas también: una parte en lo que pagan los ciudadanos, y otra en lo que paga la Administración Pública. Al final todo ese dinero saldrá de nosotros. Y no solo eso. El problema es que se está produciendo una apropiación privada del conocimiento, y del llamado Open Access", explica de la Cueva.

Esta é a lei que acaba de entrar en vigor logo de ser aprobada polo Goberno español e que nos achega a países como China en materia de censura e control de Internet. "Es una ley al margen de la voluntad de los ciudadanos, un caso de cómo se está gobernando en favor de solo unos pocos. Es un ejemplo de libro de la corrupción del sistema". Máis claro, imposible.

Se queres ler máis detalles sobre a nova LPI, súas consecuencias e rasquizos xurídicos, non te perdas este detallado artigo e este outro.



Adaptación do artigo de Manuel Ángel Méndez na web GIZMODO
http://es.gizmodo.com/como-te-afecta-la-nueva-y-vergonzosa-ley-de-propiedad-1652346316

Ver tamen:
http://www.xataka.com/aplicaciones-y-servicios/estas-son-las-14-webs-que-han-tenido-que-cerrar-o-cambiar-por-la-nueva-ley-de-propiedad-intelectual

1 comentario: