xoves, 8 de xaneiro de 2015

Elucubracións

Ser musulmán non equivale a ser islamista fanático. A maioría non o son, podería dicir có 1% xa é moito, a eles debemos botar unha man para evitar có radicalismo triúnfe entre os musulmáns. As relixións non matan, matan as persoas. NINGUEN, nin os relixiosos nin os seus mitos, nin os políticos, nin os monarcas ou aristócratas están exentos da crítica e a burla. Unha sociedade que se considere respectuosa ten que aceptar isto e do mesmo xeito os individuos cá compoñen. Cando a liberdade de expresión comeza a ter tan alto custe, é que a podremia comeza a ser asfixiante. Ollo a todos aqueles que critican os extremismos, relixiosos ou de calquera tipo. Isto daralle alas ó fascismo europeo (os nosos pirados fundamentalistas). Aquí a coitada e reaccionaria dereita enchéselle a boca de liberdade, de dereitos humanos, de ataque os nosos avances como civilización, democracia, etc. Aquí, precisamente, esa coitada dereita que loitou e matou porque non se fixeran realidade eses mesmos ideais…, Divorcio, aborto, Feministas, okupas, inmigrantes, traballadores, "maricóns", putas, independentistas, "rojeras", "perroflautas", etarras, chavistas, os escraches, o crowdfunding, escoria social... depravados todos!!!

Non fagamos unha "cruzada", unha cruzada, impediría a entrada dos árabes ricos... ;-). As bombas seguen caendo e matando xente en Iraq, Siria, Afganistán, Pakistán, Guantanamo..., cada día, cada mes, cada ano coa complicidade, entre outros, do goberno francés, responsable directo na masacre de milleiros e milleiros de libios, entre outros, Aznar, Bush e Blair asasinaron a máis de medio millón de musulmáns…

O meu inmenso desprezo polo fanatismo irracional que, despreza o valor da vida humana, sexa en nome dunha relixión, sexa en nome da "democracia" o sexa en nome dos Deuses-Mercado e súas leis nefastas en política de fronteiras e inmigración española e europea, que vai encamiñada ós inmigrantes non cualificados e con escaso ou ningún patrimonio.

Mata 12 inocentes en Francia e chamarante terrorista
Mata a 15 inocentes en Ceuta e chamarante ministro
Mata a 500.000 inocentes en Irak e chamaran presidente e home de estado e danche Nobel

Deus non existe …este ataque á revista Charlie Hebdo non ten motivos relixiosos. É un atentado criminal contra a liberdade de expresión.


Sintonizar as noticias de calquera televisión é algo semellante ós anuncios de coches, os medios de comunicación convertéronse nun “teatro político” que segue o guión cos responsables cociñaron de antemán. Xa nin existe a pretensión de facer pasar o dubidoso por verosímil, senón que apostase adrede por representar a axenda política do medio. Non se trata só dunha cuestión ideolóxica, senón de linguaxe: a oratoria habitual remata por ocultar asuntos que de verdade preocupan ó cidadan…

Paradoxo da transparencia. Aínda que vivimos nun momento da historia no que é máis doado acceder ás institucións públicas, é más complicado entender cáles son as verdadeiras motivacións que moven ós poderes políticos, ás diversas axencias ou empresas. Fronte a situación, ó espectador decidiu configurar o seu propio menú, un menú no que o que lle interesa ou non, reflectirse no número de retweets de Twitter, de “me gustas” en Facebook ou de visitas nun medio de comunicación. O consumidor manda, e decide crer naquelo que quere crer. Facemos comunidades de persoas que reforzan as nosas visións do mundo, e cavilamos na eliminación dos intermediarios crendo que nos achegamos máis que nunca á verdade.
Isto pode provocar a desaparición da obxectividade, a observación… os grandes axentes do poder de hoxe en día poden operar sen render contas e saíndose coa súa...


Ningún comentario:

Publicar un comentario