mércores, 22 de maio de 2013

Que inventen eles… volven os 70

por abc

Os que temos certa idade (os de 40, non vos pasedes), debuxamos un sorriso cando imaxinamos a Alfredo Landa, en traxe de baño axustado pelo en peito, perseguindo pola praia ás estranxeiras o berro de "Qué veñen as suecas!".

O Ministro de interior Jorge Fernández Díaz asemella o aborto con ETA, e aínda que tentou dar sentido o acontecido, aínda non chego a saber ben cál foi o fío argumental, que na súa idea, o levou a asemellar ambas realidades. Imaxinalo e, pensar o que se lle ocorreu ó ministro, atemoriza.


A televisión pública nesa especie de neoNODOs un día recomenda rezar ós parados para encontrar traballo e outro da consellos ós pais contra das minifaldas das súas fillas porque "estamos en la época de enseñar todo" e "no hay que mezclar ropa y sensualidad". Os rapaces españois viaxan a Alemaña por traballo; os ricos, a Suíza a deixala pasta; os científicos, a Estados Unidos e as mulleres pronto terán que ir Londres a abortar.

Regreso acelerado ó pasado, volve a Sección feminina, TVE non deixa de asombrarnos coa xestión de contidos e tratamento dalgúns temas, é asombroso, parece propio doutras datas catecúmenas... con estes neoNODOs dígovos que rematamos todos con "peineta e mantilla" sacando o santo en procesión, cos bispos ó fronte, para acabar coa obstinada seca e escoitando o consultorio de Elena Francis.

Volven os antidisturbios, as protestas son tan constantes como as cargas policiais; hai quen perdeu un ollo dun tiro o aire, como antano os manifestantes son xente que sabe voar, mentres Cospedal acusa os 'escraches' de "nazismo puro" a delegada do Goberno en Catalunya, María de los Llanos fai entrega dun diploma a unha irmandade de voluntarios da División Azul que serviron ó exército nazi alemán durante a Segunda Guerra Mundial, un acto de apoloxía o nazismo, impensable en calquera país demócrata, un Goberno que sigue sen condenar os crimes do franquismo e esixe pidan perdón polos seus actos.

A monarquía está cuestionada. Os partidos, tamén. A relixión volve con forza á escola, e ó útero da muller… con este desgoberno, temo que na próxima campaña de orientación sexual será un "póntelo-pónselo", o cinto de castidade, claro; porque obviamente a responsabilidade de dicir "non" recaera de novo sobre as rapazas, e como é sabido, para os opusianos as mulleres carecen de cerebro, non se pode contar con que sexan capaces de decidir libre e responsablemente. Así que, cinto de castidade ó canto. E nos varóns máis irredutibles optarase polo bromuro no bocata de media mañá. Todo como en tempos da santa cruzada. Si este é o "cambio" o que se apuntaron tantos españois en novembro do 2011 pregúntome con quén me cruzo cada día indo cara o traballo… Acordádesvos dalgunha promesa electoral relacionada con estes temas? Eu tampouco.

A nova estratexia da dereita (sendo moi xenerosos porque estratexia non teñen) é tratar de socavar ese mito dos setenta. Como non saben moi ben como enfrontarse ó presente intentan disputar unha vez máis a interpretación do pasado coa esperanza de cambiar o sentido do real, buscan recuperar con censura e autoritarismo, a confrontación, a disidencia como motor de pensamento, e unha parte da sociedade de poucos reflexos tenta atopar aí unha carga belicosa, intolerante, unha loita armada en potencia, o que fan é demonizar a partir de argumentos cada vez máis chapuceiros.


Tantas e tantas mentiras tennos dito Rajoy e o seu goberno que claro xa nada do que digan resulta minimamente crible. De todos xeitos e por se aínda queda algún despistado que segue ó seu, témonos modernizado e tecnificado, conseguindo en poucos anos estar á altura do resto de Europa e países máis avanzados. España está á vangarda mundial en algúns sectores, científicos non futbolísticos, tales como transplantes, enerxías renovables ou alimentación, por citar algúns exemplos. E para min que xa perdemos a metade do século. Esta situación está conducindo a cós científicos empecen a marchar. España ten que decidir agora de qué quere vivir dentro de 20 anos, e moito me temo que, ou invertemos en coñecemento ou derrubamos e volvemos a construír os milleiros de pisos da burbulla inmobiliaria. Porque non nos imos a poñer a competir en produción con China ou India, non vos parece? E eu non sei qué pensades, pero si se van os científicos, temo que isto non se vai encher de suecas. Ou si… O futuro? Quen sabe. Pero o presente é un pasado imperfecto que se repite unha vez máis.

Nós os países do sur de Europa, España á cabeza, somos os máis afectados polo cambio das consecuencias económicas, non sufran, o goberno ten xa estudadas medidas co apoio da sempre agradecida conferencia episcopal: para cás ministras podan lucir peineta.

Moitos países déronse conta da importancia da inversión en ciencia para construír o futuro. Outros xa o sabían anos antes do éxito de Alfredo Landa e da súa reconversión ó cine de destape, se non tomamos decisións urxentes, os nosos fillos terán que emigrar ou conformarse con traballos pouco cualificados e proporcionalmente remunerados.

Os países do noso entorno son ricos porque apostaron dende fai anos pola investigación. E non ó contrario, non nos enganemos, non gastan migallas en ciencia porque son ricos. Nestes países a ciencia non é un luxo, é unha cuestión de estado. A tecnoloxía e a investigación son unha oportunidade para xerar riqueza, traballo e unha mellor calidade de vida. E todos sabemos có coñecemento mellora a nosa vida cotián.

De seguir así a nosa tecnoloxía non pasara do mecanismo do canciño que movía a cacholiña na bandexa do coche (Seat 850) de cando iamos camiño a Perpiñán a ver Emmanuelle, para todo o demais maioritariamente ciencia e tecnoloxía importada, non nos esquezamos. A balanza tecnolóxica entre as patentes cun país paga por explotar, e as que lle pagan por exportar seus inventos déixanos nunha situación de mísera. Nos derradeiros anos España estaba empezando a crear tecido empresarial tecnolóxico, e avanzamos enormemente, aínda que faltaran algunhas ferramentas estruturais. E cando parecía que nos achegabamos á ciencia de vangarda, a falta de defensa e interese dos nosos políticos (uns, e outros) fronte as follas de ruta centroeuropeas, condúcenos a unha situación de difícil retorno, abócanos a un país unamuniano do 'que inventen eles'. E así non pode ser.


I Will Survive (Sobreviviré) Gloria Gaynor

Al principio, tenía miedo, 
Estaba petrificado. 
Seguía pensando 
Que nunca podría vivir sin ti a mi lado. 
Pero luego, pasé tantas noches 
Solamente pensando en cómo me habías herido. 
Y me volví fuerte. 
Aprendí a sobrellevarlo. 

Y ahora vuelves 
Del espacio exterior. 
Simplemente entré y te encontré aquí 
Sin esa mirada en tu cara. 
Debería haber cambiado la maldita cerradura. 
Debería haberte hecho dejar la llave, 
Si hubiera sabido, por sólo un segundo, 
Que volverías para molestarme. 

Oh, ahora vete, 
Sal por la puerta. 
Sólo da la vuelta. 
Ahora, ya no eres bienvenido. 
¿No eras tú el que intentó dejarme? 
¿Pensaste que me desvanecería? 
¿Pensaste que abandonaría y moriría? 

Pues no, yo no. 
Sobreviviré. 
Mientras sepa cómo amar, sé que estaré vivo. 
Tengo toda mi vida para vivir. 
Tengo todo mi amor para dar. 
Sobreviviré. 
Sobreviviré. 
Sí, sí. 

Me llevó todas las fuerzas que tenía 
No caerme en pedazos. 
Estoy intentando arreglar las piezas 
De mi corazón partido. 
Y pasé tantas noches 
Compadeciéndome de mí mismo. 
Solía llorar. 
Pero ahora, no me avergüenzo. 

Y ya me ves 
Con una nueva persona. 
No soy esa estúpida personita enamorada de ti. 
Y pensabas que simplemente pasarías de visita 
Y esperabas encontrarme libre. 
Pero ahora estoy guardando todo el amor 
Para alguien que me ama.

Ningún comentario:

Publicar un comentario