luns, 6 de maio de 2013

De pecados, leis e abortos.

por abc

Dos meus tempos de desempregado (gústame máis que parado), fai algúns anos, recordo sentarme na beira da cama e isto sentíao como o borde dun abismo e terminaba caendo. Cando, finalmente, atopei traballo tiña un medo inhumano a perdelo co tempo libereime del (do medo, non do traballo) decidín que se ía ter un traballo pagado polo menos divertirse facéndoo. Agora pensemos nunha rapaza embarazada no fervedoiro hormonal da adolescencia, despois de todo o que leva a adolescencia, que se sinta mal, ou culpable, ou se arrepinta, deprima…, amen das secuelas psicolóxicas temos o medo á economía da manutención, á reacción de seus pais, amigos, o que dirán os demais, o trauma dunha violación o medo de cá crianza naza enferma, deixar os estudos, ter traballo, a parella, VIH /sida... xa non é só tempo, pensalo, o arrepentimento, ela quere abortar xa mesmo: pagando, onde, como, e por riba de todo que sexa delito… Isto na beira da cama é caída libre en espiral de destrución, semellante ós canos do desaugue… gluglúpppppppp… woeaaaa… aahmmm… zlopp... que se pode agardar dunha xeración edificada a golpes de desgrazas, sobrevivindo como nunha procesión de sombras, de días sen gloria, dubidas e incertezas…

O aborto en si é un perigo, (quen quere abortar?) pero cando este se fai de forma ilegal, o perigo aumenta de forma alarmante. Un informe de Médicos Sen Fronteiras advirte sobre os riscos que encerra a práctica dun aborto ilegal e da inseguridade sanitaria que ofrece, ata tal punto que se produce unha morte cada seis minutos...

A reforma da lei do aborto, segundo os datos que se coñecen polos medios de comunicación, devólvenos a un tempo anterior á primeira normativa de supostos do ano 1985. Expropiáselle á muller o dereito a decidir, criminalizase e ameazase de novo coa cárcere. Quen poda pagalo irá a Londres como antano. A que non terá que apandar coas consecuencias, incluso coa tortura psicolóxica de ter que parir un feto con malformacións porque así o ditamina a moral da dereita. Involución total.

Que manía a dos amantes do privado con xestionar o público... e que manía dos que non copulan con meterse nas vaxinas das mulleres!

600.000 abortos fixéronse en España entre 1996 e 2004 nos Gobernos do Partido Popular co Sr. Aznar como Presidente... Aznar gobernou este país, oito anos e coa lei do aborto do 5 de xullo do 1985, aborto inducido en tres supostos risco grave para a saúde física ou psíquica da muller embarazada (suposto terapéutico), violación (suposto criminolóxico) e malformacións. 600.000 abortos, dos cáles máis do 30% leváronse a cabo en clínicas privadas cun alto custo para o peto, non asumible para calquera persoa que non sexa da clase alta española. Os países europeos réxense por un sistema de prazos oscilando das 10 ás 24 semanas como límite para practicar abortos, en España aprobase o 3 de marzo de 2010.


A cuestión máis ben é: Unha muller embarazada segue a ser suxeito de dereitos ou convertese no mero receptáculo dun feto cuxo suposto dereito á vida ten que ser protexido por riba dos dereitos dela? Unha muller que aborta, sexan cales sexan as súas circunstancias, debe ir o cárcere? Esas son as cuestións. Na sociedade actual en ningún ámbito da vida, os zigotos/embriones/nasciturus/fetos teñen a consideración de persoas. Non son tidos en conta nas herdanzas, nin son inscritos no Rexistro Civil, nin nos seguros de vida, por exemplo. A mesma Igrexa non os considera tampouco, xa que do contrario faría bautismos prenatais, para evitar cós embrións, perderan a posibilidade de ir o ceo en caso de malograrse denantes de nacer e ser bautizados propiamente. Deixémonos de discusións bizantinas; Desexamos ben cás mulleres que abortan, o fágan en condicións de clandestinidade? e, de ser descubertas acaben no cárcere?

-Non podemos consentir, a estas alturas, cós bispos segan a impoñer a súa moral ó conxunto da sociedade.
-Non podemos permitir cós bispos e o Partido Popular se volvan a poñer de acordo para cernar a liberdade das mulleres.
-Porque do que falan Gallardón, mais a Conferencia Episcopal en realidade é eliminar o dereito a decidir das mulleres, e esa eliminación faise a costa de poñer en risco a saúde e a vida das mulleres.
-No mundo cerca de 50.000 mulleres morren cada ano por un aborto inseguro, alí onde o aborto está penalizado.
-Con leis amplas e que garantan o dereito a decidir téñense as taxas máis baixas de mortandade o abortar.

As señoras do PP tamén abortaron por milleiros de cuestións porque no aborto é imposible posicionarse a favor ou en contra, porque as circunstancias que levan a il mesmo son miles; e milleiros son os problemas que atura tanto física como psicoloxicamente a muller que aborta. Ninguén desexa abortar señores do PP, da Conferencia Episcopal; ninguén, lémbreno. Ninguén se esquece das súas teorías contra preservativos, contra educación sexual, contra ensinanza sexual nas aulas… e non se esquezan que vostedes tamén teñen fillas e grazas á educación que lles ensinaron nos colexios privados católicos, pais conservadores e o aire familiar que respiran, acabarán na rúa relacionándose cos seus amigos e poderán ter algún descoido que por ignorancia ou polo lema "non me poño o condón porque son católica" teña como resultado ser nai ós dezasete anos, de cuxo pai descoñecen ata o teléfono móbil.

Non falemos do "...extremo de necesitar só un óvulo, un espermatozoide para crear un ser biolóxicamente viable". Os Pró-Vida e Igrexa son contrarios á terapia xénica. Logo están os polimalformados que non son viables, Gallardon quere que nazan, que magoa que no lle nazan a il!, digo eu. Ó final xogar a un mundo yupi, non está mal como hipóteses, pero a realidade é ben distinta. Está claro que tódalas técnicas "preventivas" axudan pero non se pode excluír a Lei. Lei que protexe os dereitos civís de mulleres con casuísticas varias e que hoxe e agora pódense atopar ante ese dilema. Finalmente hai que protexer á muller; quen non lembra o exemplo patético na católica Irlanda que permitiu que unha muller de 33 anos morrera de sepsis por non facerlle un aborto terapéutico. De que nos falan, cando falan do nasciturus… sen útero a man nada de nada.

Debemos recoñecerlle ás mulleres o dereito de poder abortar, sempre cunhas condiciones estipuladas na lei e de forma específica para evitar o baleiro legal que levou a montar un mercado negro abortista en España coa cláusula "por causa psicolóxica". As mulleres paren, as mulleres deciden, algo sempre repetido, e ata que non se alcance ese dereito regulado e sen interferencias das confesións relixiosas, médicos e da moral dos membros do PP (que permitiron o aborto durante os seus gobernos) no proceso lexislativo, que é onde radica a soberanía popular.


Ano
Centros notificadores de
Interrupción Voluntaria do
Embarazo (IVE)
número de I.V.E.
(abortos inducidos)
Tasa por 1.000 mulleres
1995
49.367[]
1996
51.002
1997
49.578
1998
117
53.847
6,00
1999
123
58.399
6,52
2000
121
63.756
7,14
2001
121
69.857
7,66
2002
124
77.125
8,46
2003
128
79.788
8,77
2004
133
84.985
8,94
2005
134
91.664
9,60
2006
135
101.592
10,62
2007
137
112.138
11,49
2008
137
115.812
11,78
2009
141
111.482
11,41
2010
147
113.031
11,49
2011
172
118.359
12,44


Odiar só inxustizas, roubar só bicos, romper só rutinas.

Basta xa. Sede Felices!

Ningún comentario:

Publicar un comentario