domingo, 29 de abril de 2012

Desaparición das abellas, un problema global.

A crecente desaparición das abellas en todo o mundo está poñendo en perigo a polinización dos cultivos.



A polinización dos cultivos, é esencial para a alimentación da humanidade, e está en perigo pola crecente desaparición de abellas en todo o mundo. Un problema que xa podemos considerar mundial, despois do informe feito público polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), que asegura que este fenómeno tense estendido a novas rexións do planeta.

Ata o de agora, só se tiña rexistrado un alarmante aumento de mortes en EEUU e algúns países de Europa, incluída España. Sen embargo, segundo o informe do PNUMA, nos derradeiros anos o problema estendeuse a Australia, China, Xapón e norte de África, na ribeira do Nilo. O informe sinala que esta grave diminución das colonias debese a múltiples factores, como o cambio climático, a contaminación, os pesticidas e o crecente papel de determinados parasitos, que están minguando os cultivos.

Os apicultores denuncian a desaparición das abellas.

A importancia destas desaparicións é altísima, nas últimas décadas multiplicouse o número de cultivos dependentes da polinización por abellas. No caso de determinadas froitas, a produción de sementes diminúe en máis do 90% o desaparecer estas eficientes polinizadoras.

Os apicultores aseguran que nalgunhas zonas de Galicia os pesticidas atinxiu o 80% nos últimos doce anos.

O problema da desaparición das abellas continúa e continuará ata cós gobernos prohiban os pesticidas neonicotinoides, sistémicos... xa resulta un clamor a nivel mundial que esta é a causa da desaparición das nosas abellas, pero estamos diante de empresas multinacionais, sen escrúpulos que dominan e gobernan o mundo e uns gobernantes que miran para outro lado. por isto a asociación galega de apicultura (AGA) sumase a esta campaña, a nivel mundial, para prohibir estes produtos que son armas de destrución masiva "os pesticidas neurotóxicos que se utilizan na actual agricultura non distinguen entre insectos prexudiciais e aqueles que non o son e afectan ao sistema nervioso das abellas", o que provoca o despoboamentos das colmeas. obxectivo promover o papel das abellas como "as máximas defensoras da biodiversidade"



Os apicultores galegos denuncian que os pesticidas utilizados na agricultura industrial están a causar a desaparición invernal das poboacións de abellas, que nalgunhas zonas de Galicia atinxiu 80% nos últimos doce anos. "A xente desmoralízase e abandona", na última década aproximadamente 1.500 apicultores deixaron a actividade, as provincias da Coruña e Pontevedra son as que máis acusan o despoboamento, sobre todo as zonas próximas ás grandes cidades, onde hai máis produción de millo forraxeiro cuxas sementes xa veñen tratadas con estes pesticidas.
Pola contra, nas zonas montañosas de Lugo e a provincia de Ourense "o problema é moito menor", e incluso nesta última detectouse unha maior profesionalizazón e un aumento da produción de mel.

O representante da AGA afirmou que o despoboamento das abellas afecta á perda da biodiversidade, xa que a falta de polinización impide a formación de froitos e cás colleitas sexan de menor calidade, o que prexudica a sociedade no seu conxunto.

Outra, a Plataforma contra ás Fumigacións ia manifestarse este domingo, 29 de abril, en Melide (A Coruña), en contra dos tratamentos aéreos con fluxenoxuron para combater pragas que afectan ós eucaliptos pero a Delegación do Goberno denegou o permiso. A través dun comunicado, afirma que o argumento para prohibir esta protesta foi cá manifestación non se solicitou coa antelación de dez días á que obriga a lei para “calquera acto desta índole que non se considere urxente”, non obstante, defende que a urxencia “estaba máis que xustificada”, posto que as fumigacións con flufenoxuron “un pesticida que será prohibido o 1 de agosto pola súa alta toxicidade” son inminentes e “está en perigo todo o sector apícola galego, a saúde pública e o medio”.


As abellas están desaparecendo o longo e ancho do mundo, poñendo en serio perigo a nosa cadea alimentaria. Os científicos vótanlle a culpa ós pesticidas e 4 países xa comezaron a prohibilos. Se logramos cós EE.UU e a UE se unan á prohibición, outros gobernos farán o mesmo, e poderemos así salvar ás abellas da súa extinción.


Silenciosamente, milleiros de millóns de abellas están morrendo e a nosa cadea alimentaria atopase en perigo. As abellas non só producen mel, senón que constitúen unha xigantesca e sacrificada man de obra a nivel mundial, encargada de polinizar o 90% das plantas que sementamos.


Múltiples estudos científicos culpan a un determinado grupo de pesticidas como principais responsables da súa rápida desaparición. Catro países europeos xa comezaron a prohibir ditos produtos químicos, e as poboacións de abellas estanse a recuperar. Pero un número de compañías químicas moi poderosas están exercendo unha enorme presión cara lograr que estes velenos asasinos mantéñanse no mercado. Temos agora unha grandísima oportunidade para salvar ás abellas: exercer presión sobre os EE.UU. e a Unión Europea para que impoñan dita prohibición. Esta medida é crucial e provocaría un efecto dominó no resto do mundo.

No hai tempo que perder. O debate está empezando a animarse. E non se trata soamente de protexer ás abellas, estamos falando da mesma supervivencia humana. Xeremos un enxordecedor 'zumbido' mundial para que estes perigosos produtos químicos se prohiban nos EE.UU e na UE, e así salvar a nosas abellas e os nosos alimentos. Firma a petición de emerxencia e envíaa a todos os teus coñecidos. Avaaz entregaralla directamente a destacados dirixentes e oficiais:


As abellas son indispensables para a vida no planeta. Cada ano, se encargan de polinizar plantas e cultivos cuxo valor estimado supera los 40 mil millóns de dólares. En moitos países, esta cifra representa máis dun terzo do subministro de alimentos a nivel nacional. Sen unha acción inmediata para salvar ás abellas, moitos dos nosos froitos secos, verduras e vexetais poderían desaparecer das nosas despensas…


Nos últimos anos, temos visto unha rápida e preocupante diminución nas poboacións de abellas a nivel global. Algunhas especies xa desapareceron, e a semana pasada aprendemos que de algunhas especies nos Estados Unidos quedan apenas o 4% da poboación orixinal. Os científicos buscado respostas, e algúns estudos conclúen cá diminución pode ter causa nunha combinación de factores, incluíndo enfermidades, a perda do hábitat, e os químicos tóxicos. Pero investigacións cada vez máis independentes arroxan una sólida evidencia que sinala ós pesticidas (neonicotinoides) como culpables. Isto ten levado ós apicultores e científicos en Francia, Italia, Eslovenia, e inclusive Alemaña, onde se encontra o principal fabricante de Bayer, a exercer presión e lograr establecela prohibición dun destes químicos. Pero, mentres tanto, Bayer continúa exportando seu veneno por todo o mundo.


A medida cós novos estudos confirman a escala do problema, o debate segue caldeándose máis e máis. Si logramos cós gobernos dos EE.UU e da UE adopten fortes medidas, os demais seguirán seu exemplo. Pero non vai ser doado. Un documento secreto da Axencia de Protección Ambiental estadounidense (EPA) revela que reguladores estadounidenses coñecían os perigos dos pesticidas, e aínda así ignoráronos. O documento di que un dos produtos de Bayer é "altamente tóxico" e presenta un "grave perigo para as abellas"


Para combater a forte influencia de Bayer sobre lexisladores e científicos, necesitamos asegurar cás nosas voces se escoitan alto e forte nos Estados Unidos e na Unión Europea, alá onde se financian os estudos e se definen as políticas. Os verdadeiros expertos -apicultores e agricultores- queren vela prohibición destes pesticidas mentres non existan estudos independentes e sólidos que demostren ser seguros.
Texto recollido de www.avaaz.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario