mércores, 18 de abril de 2012

Conde Roa “Santiago no merece un alcalde en mi situación"


por abc

Gerardo Conde Roa (Padrón, 1959) vítima dunha educación estrita e católica, pertencente o Opus Dei, seu mentor político, foi Romay Becaría (ou debo dicir ‘Vicaría’), que tamén o foi de Rajoy e de Feijoo. Fixo oficial, a súa dimisión como alcalde de Compostela, coincidindo coa publicación do auto que confirma a súa imputación formal por un suposto delito de fraude fiscal, asumira o cargo o 1 de Xulio do ano pasado. "Esta ciudad vale lo que no está escrito y no merece un alcalde que está en la situación que yo estoy", proclamou. Feijoo era coñecedor das andanzas de Conde Roa e aínda así propúxoo como candidato á alcaldía de Compostela, e pode que este nomeamento lle pase factura. "El PP es mi casa y el partido al que deseo servir con absoluta lealtad y hay que decirlo, también lo he servido con cierto éxito en los últimos tiempos" declarou durante a roda de prensa.

Vázquez Taín remitiu un auto no que imputa o alcalde. O procedemento trata de esclarecer si existiu o non unha intención fraudulenta por parte de Conde Roa no impago de 291.000 € correspondentes o IVE de 2010 pola venta de 61 vivendas da sociedade Geslander, da que era administrador único.

Presidente da Xunta e alcalde, vidas políticas paralelas
De algunha maneira as carreiras do xa ex alcalde compostelán e do presidente da Xunta, pertencen á mesma xeración, son coetáneos. Para empezar, ambos comparten padriño. Compárteno, de algunha maneira, co propio Mariano Rajoy. Tanto Feijoo, como Conde Roa, iniciaron a súa carreira política baixo o ala de Romay Becaría, o todopoderoso home a quen Rajoy acaba de nomear presidente do Consello de Estado, e que ten enorme influencia na dereita galega.

A concesión dos terreos foi cousa de Feijoo
A relación entre os dous protexidos de Romay mantívose nos anos seguintes. Una proba: foi Feijoo, como conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda da Xunta quen adxudicou á empresa de Conde Roa os terreos onde este construíu as vivendas que, por non pagar o IVE correspondinte, custáronlle a imputación do xuíz e final da carreira política. Unha concesión de terreos, por certo, que segundo din, chegou só despois de que outra empresa gañara a concesión por ter presentado mellor oferta, e renunciara a súa adxudicación.


Separado, da súa muller ca que ten cinco fillos, habituouse o ocio nocturno mentres representa abracadabrantes episodios. Un asesor do PP que viviu de cerca as campañas electorais ironizaba así sobre unha delas: “Se bañó en un río contaminado, subió a un mitin con unas copas de más y volcamos un coche del partido. Aún así, ganamos las elecciones”. Dende o poder, arremeteu contra colectivos culturais ós que prometeu faría “sentir su aliento en la nuca”; atenazou o iluminador dunha ópera que facía chiscádelas o 15-M e tentou impedir có humorista Leo Bassi actuara na cidade porque lle producía “especial repugnancia”.


Perdoe, Sr., que non me erga…

Ningún comentario:

Publicar un comentario