martes, 7 de xuño de 2011

Libro/eBook sobre o 15M (descarga gratuíta)



Recopilación, en formato libro ou eBook, de pensamentos, opinións, artigos e demais material sobre o 15M

Que o 15M é e foi unha fonte inesgotable de pensamentos, discusións, slogans, representacións artísticas ou calquera outro tipo de elemento reflexivo é unha falta de dúbida. Todo ese conglomerado de ideas intenta ser recopiado no libro/eBook “Indignados. Selección de materiais sobre o 15 M”.
Mándala edicións é a encargada de publicalo. Nacido coa vocación de ser distribuído e dado a coñecer da forma que sexa, tódolos beneficios que se consigan irán destinados ao propio movemento.
A obra divídese en varias seccións. A primeira é: manifestos e propostas,  nela móstranse moitas das decisións ou pranteamentos que se foron facendo nas asembleas; a segunda: artigos e opinións, que inclúen las reflexións de diversas persoas entre as que se inclúen Vincenç Navarro, Julio Anguita, Eduardo Galeano ou Jose Luis Sampedro entre outros; Noticias de prensa e Frases do 15M son as que pechan o libro.
Todo elo conforma un crisol do que ten suposto e está supoñendo un movemento cidadán en pro da democracia real e boa parte do que se di e se escribe sobre él.

Para a súa lectura gratuíta pinchade no icona de PDF situado abaixo a esquerda,

e tamén, o texto íntegro en castelán do libro Indígnaos! de Hessel na dereita.



     

Ningún comentario:

Publicar un comentario