domingo, 12 de xuño de 2011

Cambiara o Niemeyer Avilés…?

por: abc

A inauguración en Ásturies dunha obra dun dos arquitectos máis famosos do mundo sempre é unha boa noticia. Se ademais se trata dun artista de cuxas creacións non é fácil gozar en Europa o acontecemento volvese máis importante nunha escala aínda maior, falamos de Oscar NiemeyerRibeiro Soares Filho (Río de Xaneiro, 15/12/1907) arquitecto considerado un dos nomes máis influentes na arquitectura moderna internacional, un pioneiro na exploración das posibilidades construtivas únicas do formigón armado, un defensor do utilitarismo, as súas creacións arquitectónicas non teñen aparencia fría ou forma de bloque, as súas obras teñen formas dinámicas e curvas tan sensuais que fan de Niemeyer máis un escultor monumental que un arquitecto.
E resulta que isto ocorre nun lugar tan insospeitado como Avilés, unha pequena cidade onde podemos visitar o Centro Niemeyer, a primeira obra do creador de Brasilia construída en España a máis importante de Europaalgo cos afeccionados a arquitectura e o arte celebran.


Por qué en Avilés?

Preguntámonos todos, cómo é posible que todo iso ocorra en Avilés, unha cidade na que case ninguén pensaría, aló menos nun principio, que puidera pasar algo así.

A cousa ven relacionada coa celebración do XXV aniversario dos Premios Príncipe de Asturias, na que se pediu ós premiados algún tipo de colaboración. Niemeyer, que xa ten máis de 100 anos ofreceuse para regalarlles o mellor que podía aportar: nada máis e nada menos cun edificio. 

A partir de aí unha serie de avatares políticos foron cambiando a idea inicial, creo era unha sede para a fundación que da os premios, e acaba creándose non só un edificio senón un conxunto de catro que é finalmente o Centro Niemeyer. Iso sí, o regalo do arquitecto brasileiro custoulle ós contribuíntes asturianos uns 44 millóns de euros.

Chegados a este punto atopámonos nun estado que poderíamos denominar de "xusta indignación": pensaredes, outro deses proxectos faraónicos (a nosa "Cidade da Cultura"), persoalmente creo que estamos máis ante un síntoma da nosa enfermidade política que ante unha causa: o Niemeyer pode ser un exemplo da alegría coa que se gasta o diñeiro público, pero dentro da enlouquecida lóxica coa que este se "inverte" en tantos horrores sen sentido non é probablemente o más errado...



Unha beleza e un excelente gancho
Porque máis alá doutras consideracións (que non son obxecto) o resultado final é un lugar que non deixará indiferente: a explanada na que se levantan os catro edificios proxectados polo brasileiro (auditorio, a cúpula, a torre circular e o "multidisciplinar", como lle chaman o último deles) é un lugar cargado de maxia, paz e harmonía.
Por suposto non ten nada que ver co que ata agora era Avilés incluso o resto de Asturias, de feito da a sensación de ter sido deixado na outra veira da ría por un pratiño voante, pero sí ten moito que ver coa obra de Niemeyer: curvas suaves de cemento blanco, un sentido do espazo que crea perspectivas moi fermosas.
Dise que Niemeyer ten comentado nalgunha ocasión que "se algo é fermoso, é útil" e esa visión está tamén clara en aspectos do Centro, como a pasarela que une a Cúpula e o Auditorio que non ten en realidade outra utilidade que non sexa guiar os nosos ollos entre o conxunto de edificios.
Os interiores tamén son unha marabilla: o da cúpula ten unhas formas onduladas que logran un equilibrio inaudito, ademais da escaleira; o multidisciplinar destaca por dous fermosos murais deseñados polo propio Niemeyer, especialmente o situado na cafetería.


Luz
Na exposición “Luz" o cineasta Carlos Saura na súa primeira exposición, como comisario fai un percorrido "dende a escuridade á luz", "do fogo ao vídeo", entre o poético e o didáctico. Unha retrospectiva dende como o ollo humano ábrese á luz e, logo ós inventos e elementos que poden trocar ao ollo, cámaras fotográficas, espellos, as sombras ou a cor...
A viaxe comeza dende o baleiro, escuridade máis absoluta, a mostra recorre a liña seguida os procedementos de cómo o home ten desenrolado cinco mil anos na súa obsesión de atrapar imaxes. Dende unha instalación que remite o lume, nun corredor de espellos, seguindo pola pintura, onde outros espellos permiten o visitante verse dentro de 'Las meninas' de Velázquez.
Unha colección de cámaras fotográficas históricas, cedidas por Saura, á reprodución do interior dun ollo danos paso a un mural que reconstrúe os retratos de artistas do diafragma como Man Ray, Robert Capa ou Sebastiao Salgado. E volvendo a esta disciplina, nun panel con fotografías de rostros multirraciais, todos cos ollos maquillados, redunda no universal, unha costume multicultural.
O resto da exposición sigue polos mesmos camiños: cine, óptica, color, teatro, sombras... Unha conxunción de elementos que irmandan ciencia e arte. Coa música, na saída, de volta á luz solar, o visitante practicou coas sombras, perdeuse nun labirinto de espellos e comprobou cómo se fusionan as cores…

E agora qué?
O proxecto forma parte dun plan máis amplo de rexeneración urbana," Illa da Innovación ", dirixido á recuperación da tradición orixinal mariñeira de Avilés, nos anos 50 socavado polas grandes fábricas de aceiro e de fabricación, que a converteron nunha cidade das más contaminadas.  Este plan mestre está firmado por Norman Foster e, nunha área de máis de 570 mil metros cadrados, inclúe a construción dun porto deportivo, unha terminal de cruceiros, parques verdes, áreas recreativas, sendeiros para bicicletas e paseos peonís, rodeado por unha serie de pasos accede a bancos, lofts e oficinas…

Despois da inauguración coa banda de jazz de Woody Allen, Stephen Hawking ou esta de C. Saura ábrese o momento crítico para este tipo de proxectos: como encher de contido un continente tan atractivo.
Neste caso cada edificio ten seu propio destino: a Torre será un centro gastronómico, no multidisplinar celebraranse exposicións, eventos e será unha sala de cine en VO; a Cúpula está pensada para celebrar conferencias e similares; e no Auditorio, obviamente, haberá concertos.

Tras Carlos Saura e "Luz", este centro cultural acollerá exposicións de personalidades tan relevantes como Julian Schnabel, coas súas "Polaroids" -do 21 de maio ata o 4 de setembro- e "Photographs",sobre o traballo de Jessica Lange como fotógrafa, a partir do 8 de setembro.


44 millóns, un prezo considerable non tan absurdo, de tódolos xeitos é algo que esta aí podémolo admirar e tocar todos, o que non podemos tocar todos son os milleiros de euros que van a parar á saca dos políticos de quenda… (pagase cos impostos de todos) por unha vez temos algo que non esta no peto dos "señoritos", sexan políticos ou non… non será fácil cá programación cultural logre xustificar a enorme inversión e logre maximizar a función do Centro como atractivo turístico (que o final é do que se trata) esperemos que o logre: meréceo, será a forma na que máis sentido teña a enorme inversión, falta saber o custo do mantemento, todo blanco nunha zona industrial con chemineas e trens polas doas veiras... nuns anos este blanco impoluto pasara a cor cinza camuflándose entre Aceralia, Alcoa, Cristaleira e Asturiana de Zinc. Non hai un árbore, nin flor ou chisco de herba que rompa a monotonía dos volumes e perfiles.

Pois a min que queredes que vos diga, esa torre de control paréceme saída dunha película de OVNIS anos sesenta: paréceme un quero e non podo do Sr. Niemeyer, un conato de pequena-Brasilia, reinventándose cara o turismo, cheira a pasada de moda, o deseño resultaría chocante nos anos 50/60, pero agora... En fin, moi fermoso todo, pero estaría ben a publicación fotos dos arredores, as chemineas das fabricas chuspindo, os buratos das estradas, edificios en ruínas, a ría. Claro que está ben, o Niemeyer está ben, xa pode…, pero os avilesinos cómo o van a disfrutar? estaremos comprando xoias, cando o que precisamos é pan...?


Pero tamén vin unha cidade enfronte que fai uns anos ninguén visitaba, e hoxe van turistas, será polo Niemeyer…? ninguén nega o efecto Guggenheim Bilbo a Cidade das artes Valéncia… si, ...un dispendio de diñeiro pero eu, por exemplo eu, non iria a Avilés nin por asomo… si non fora para ver o Niemeyer… pode que so me quede a comer, pode que tome un café, tal vez compre sidra ou algo máis… estes pequenos gastos multiplicados por 1xxx é un grande beneficio para unha cidade...
Un saúdo a todos!!


Ver máis:

Ningún comentario:

Publicar un comentario