domingo, 12 de xuño de 2011

A fame mata máis có O104:H4 Escherichiacoli.


por: abc

Vivir no ''Primeiro Mundo'' estase convertendo nunha actividade de alto risco para nós os habitantes: vacas loucas, dioxinas, gripe A, móbiles canceríxenos e agora a bacteria E.coli. Coa gripe A non houbo coordinación nin na loita médica nin na política, só se globalizou o medo. E trás de cada pánico colectivo xurde un negocio privado que florece.

Dende o comezo de maio, unha bacteria "asasina" da familia Escherichiacoli, patóxena para o home, provoca unha epidemia de hemorraxia intestinal potencialmente mortal no norte de Alemaña. Tera infectado xa a 3.000 persoas en Europa, provocando a morte dunhas 30. De onde ven e cómo acabar con ela…? Parece ser nas derradeiras horas, debese os brotes xerminados, cultivados e comercializados so en Alemaña… Segundo os resultados, a cepa bacteriana O104:H4 de Escherichia coli enterohemorrágica (ECEH), foi detectada nun paquete de brotes xerminados procedente da explotación agrícola Gärtnerhof, situada en Bienenbüttel (norte), actualmente pechada.

O xurdimento dunha nova cepa letal da bacteria Escherichiacoli (E.coli) nos alimentos en Europa pon de manifesto, novamente, o desastre sanitario no que nos ten metido o sistema agroalimentario industrial. Trátano como accidente, pero en realidade é algo esperable, o igual có xurdimento da gripe porcina e a gripe aviar, algo cada vez é máis frecuente, poderíamos engadir unha lista de accidentes do sistema alimentario industrial (carnes contaminadas, melanina, dioxinas, aditivos, envases plásticos tóxicos, adulteracións). O certo é que grazas á industria agroalimentaria controlada por unhas poucas multinacionais globais, a comida pasou de ser necesidade, pracer e cultura a converterse nunha seria ameaza para á saúde.

O actual brote, que como explica Javier Sampedro ten máis que ver cunha manipulación inadecuada da carne que cos cogombros (pepinos), espiu á Unión Europea, carente de mecanismo de alarma, de reacción rápida e de liderado; en fin, incapaz de velar pola seguridade médica e económica dos seus cidadáns; a Senadora de Sanidade de Hamburgo (que ''ve a palla no ollo alleo e non a biga no propio'') sinalou á agricultura española sen esperar ás probas, non funcionaron os mecanismos de entendemento entre España e Alemaña. E para máis, a Unión Europea parece un barco a deriva no que cada cal preocupase só dos seus intereses a corto prazo. Porque isto é unha consecuencia da Política Agrícola Común da UE…


As grandes baterías industriais son evidentemente incubadoras de E.Coli. Parece ser dende fai anos, que a proliferación deste bacilo é moi probablemente estimulada polos novos métodos de engorde o que permite un aumento rápido de peso pero modifican a flora intestinal dos animais. O que se suma a concentración de xermes nun espazo moi reducido (forma intensiva e masiva da industria) que aumenta a probabilidade da súa mutación, estas explotacións ganderías producen e diseminan novos bacilos; o 'agrobusiness' multiplica os entrantes químicos e as manipulacións xenéticas; o envasado introduce incógnitas suplementarias; logo a gran distribución favorece o transporte a longas distancias, a comida lixo resulta de todo isto, xa sen falar da especulación bursátil que provoca a subida dos prezos dos produtos alimenticios e xera a máis criminal das enfermidades: a fame.

Pese a todo, o 70 % do planeta aínda se alimenta da produción campesiña, comunitaria, familiar. Pola saúde de todos e do planeta, é o que temos que salvar e apoiar, contra a avaricia homicida de unhas poucas multinacionais, defendamos o concepto de "soberanía alimentaria", que non é transformable en comercial. Con, ambientes sociais de produción (pequena agricultura campesiña), preocupacións ecolóxicas (cultivo biolóxico de proximidade) e defensa da saúde dos consumidores/as (seguridade alimentaria). Unha política alimentaria que responda a os intereses da humanidade e do medio ambiente debe absolutamente romper coa lóxica da ganancia privada afirmando cas terras agrícolas e os seus produtos non son unha mercancía, senón os bens comúns máis esenciais da humanidade.

A crise dos cogombros (pepinos), na medida que se esquezan os seus mortos e o goberno alemán deixe de pisar industrias propias e alleas quedara como un suceso burlesco e casual. Non parece como deixaron entrever algúns políticos, unha guerra comercial, da que se aproveitarían os franceses, colocando as súas hortalizas e froitas de verán...

Aínda que a fame é 'unha pandemia' que mata a 22.000 nenos o día, (datos de UNICEF), non hai conmoción política, nin social; non aparecen conselleiras de sanidade nin se convocan cumes de urxencia nin se enchen páxinas e minutos nos medios de comunicación, a sociedade non se move, os mortos de fame son mortos de necesidade extrema, e nese campo o negocio é escaso.

Chegan e instálanse as crises económicas, as guerras eternizadas como a de Afganistán, Libia etc… e non se oe unha voz europea, non se morre de gripe A, morrese de ausencia de paz. Europa, o gran sono de moitos, bátense en retirada coas súas políticas policiais contra a inmigración ou as manipulacións dos chegados a Lampedusa para forzar compensacións e endurecementos de normas con fins electorais.

No 'Terceiro Mundo' os problemas do 'Primeiro Mundo' parecen un banquete, o número de pobres e paupérrimos alcanza á metade do planeta, 3.500 millóns de persoas; non se cumpren os Obxectivos do Milenio e agrandase a brecha entre ricos e pobres, maior aínda co abismo tecnolóxico. E as cousas non melloran para os máis débiles. Según a ONG Oxfam os prezos dos alimentos duplicaranse en 2030.


Unha cousa é beneficencia e outra moi distinta estado do benestar… …quén puidera durmir o sono dos gatos! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario