Fai 85 anos, un 14 de abril (1931), foi proclamada a II República de "traballadores de tódalas clases". Sen raias vermellas nin parvadas, foi a primeira experiencia democrática. O proxecto republicano puxo a andar a descentralización do Estado, recoñeceu a igualdade da muller e seus dereitos políticos, puxo en marcha a reforma agraria, implantou a laicidade do Estado, a educación pública e gratuíta, que deixou de ser un privilexio ou unha esmola de indianos e pasou a ser un dereito de tódolos españois... E todos estes proxectos, e seus defensores, foron pasados polas armas e descansan moitos deles aínda nas gabias das estradas… Viva a República!!
![](https://laicismo.org/wp-content/uploads/2015/04/proclamacion-II-Republica-Madrid.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEja-kWu317xkluynaMEry-84lWam7HOF0Pjc9JHdEF4hjqSl1cbOEbsmUyanjGshRJxAgmZc1aHgkez5J2DEyiveCfMs_rPza1tdRpC8CtRNaHvbUV8nBBurwq0wqlsDNVwzyzcd9oKcMQ/s640/mujeres+de+la+Rep%C3%BAblica.jpg)
![](https://scontent-cdg2-1.xx.fbcdn.net/hphotos-xpa1/t31.0-8/13002489_10206321204491124_3383226101971184803_o.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario