domingo, 30 de novembro de 2014

A voltas ca desigualdade


Non só recortamos en cantidade, senón en calidade, redúcese diñeiro para sectores básicos como educación e saúde... neste último campo resulta especialmente preocupante o recorte en saúde sexual e reprodutiva, que afecta especialmente á vida das mulleres nos países en desenrolo e acentúa as diferenzas de xénero.

Aumentan as diferenzas entre ricos e pobres. Igual da que sexan ricos de aquí e pobres de acola ou ricos de alí e pobres de aco. Non merece a pena facer esa diferenciación na que nos intentan facer caer para ó final enfrontar a pobres contra pobres. Cada vez somos tratados menos como cidadáns e máis como consumidores e man de obra.


O presuposto de Cáritas é maior cás axudas estatais para comida e acollida… A pobreza grave xa afecta a tres millóns de persoas en España… Cando a caridade troca ó Estado na resposta á desigualdade e cando ocorren casos como como o da octoxenaria Carmen Martinez, á quen o Rayo Vallecano pagará o aluger logo de ser desafiuzada, non é unha excepción. Os recortes xeran situacións de precariedade non tendo resposta nun sector público asfixiado de presuposto. E agora ven Amancio Ortega coa súa fundación repartido 24 millóns para Cáritas e o Banco de Alimentos, e constatas unha vez máis con tristeza, impotencia e rabia que esta sociedade non funciona… Xa desapareceron os conventos, a cuxas portas atopabas o sustento miserable. Os reises, os grandes, os ricos xa non fundan hospitais, nin os dotan a súa morte para que esta santa obra poda contribuír a remisión dos seus pecados… Inditex ten moita actividade corporativa radicada en países como Irlanda, Holanda e Suiza, onde paga menos cargas fiscais. Por exemplo, nas illas británicas aplicase un imposto sobre sociedades do 12,5%, fronte o 30% que se grava en España, e librarse de pagar 900 millóns de impostos en España. Ou este audaz cadro de inxustiza tributaria, polo que que máis de 300 multinacionais (Pepsi, Ikea, Burberry, Amazon, British American Tobacco (fabricante de Lucky Strike) o McGraw-Hill (propietaria de Standard & Poor’s)…) pagan todos seus impostos onde elas elixen, e non onde xeran os seus beneficios e que fose Jean Claude Juncker, ministro de finanzas e primeiro ministro de Luxemburgo, (hoxe presidente da Comisión Europea) país no que se perpetraba ese inaceptable, insolidario e prolongado dumping fiscal causante en parte da desigualdade e inxustiza crecente no reparto dos sacrificios desta interminable crises social e democrática. Cá colleita tramitada polo Banco de Alimentos, está vinculada e controlada pola Fundación Lealtad (construtora OHL, o presidente do Bankinter, o Banco Santander, Mutua Madrileña, Inditex, Telefónica e a asesora de empresas PWC), en mans da gran banca, con miles de millóns de euros de diñeiro público e grandes empresas que arruinaron as arcas públicas. A colaboración coas ONG permítelle incrementar, aínda máis, súa desgravación fiscal. Boa parte dos presidentes dos bancos de alimentos en España están vinculados ó Opus Dei.
…e triste, comprobo que toda rebelión só se reduce a parches, nada máis, resolve, quizá, o vital para hoxe. Pero, logo, virá un mañá; un pasado mañá, mes e un ano seguintes… E, para entonces, qué?

Estou convencido que é posible, que podemos conseguilo a pesares dos evidentes perigos en forma de guerras en busca de recursos (petróleo, gas, auga, terra, minerais…), a pesares do cambio climático que temos a obrigación urxente de deter, a pesares da falta de democracia, a pesares do risco de recaer en populismos e fundamentalismos de calquera tipo relixioso ou político. A pesares de todo elo sigo crendo que é posible.


Ningún comentario:

Publicar un comentario