xoves, 22 de agosto de 2013

O “peñazo” do verán

Medrei arrolado polos alentadores e patrióticos cantos, pregoando a inalienable españolidade da Rocha de Gibraltar, baixo o crucifixo e a foto do generalisimo, no ventre do poder franquista, a verdade tan incuestionable como a existencia de Deus.
Neste ambiente nacional de decadencia, coa busca dun novo Imperio, escudriñando na época de maior influencia, a España dos Reis Católicos e D. Pelayo como símbolo da grandeza…, a España de Roberto Alcázar y Pedrín, El Capitán Trueno e 13, Rue del Percebe...


Gibraltar, é esa materia pendente de tódolos españois da época. Non é accidental cá política lonxe da "memoria histórica" teña o efecto imprevisto, aínda previsible, de revelar as carencias culturais dos seus máis entusiastas executores. Con ela non se pretende dar a coñecer a Historia. Nin tan sequera unha versión terxiversada da Historia. A razón de ser non é a difusión dos feitos, senón a excitación dos sentimentos.
Actualmente, España e a dereitona seguen a negar o resultado deste capitulo, loando as pugnas da monarquía borbónica, confundindo á sociedade, e negando a identidade e verdadeira historia dese episodio. Enredando así a propia autenticidade, forzando tensións absurdas e fundindo a nosa capacidade de entendemento e convivencia. Levándonos á desunión e debilidade en favor do poder establecido, como Cataluya expresa agora a súa demanda de secesión de España, farta xa do afogo moral, cultural e económico que lle impón o nacionalismo español. E diría máis a rocha, peñón (ou peñazo) debería ser dos monos, da mesma maneira cá Costa do sol, Canarias… é dos británicos que alí se emborrachan. E subliñar en demasía que Gibraltar é un paraíso fiscal onde se trafica con drogas e ata armas é unha cortina de fumo. Moito peores son os defraudadores en si, eses centos de españois que de cara á galería son españolísimos por levar bandeiriña na correa do reloxo, pero gardan seus diñeiros en paraísos fiscais como Suiza... e de seguro teñen inversións na rocha... Home! pagar impostos é de pobres.
Todo isto é unha escusa para poñer a andar a maquinaria que esquece a tolerancia mutua. Dende o Tratado de Utrecht polo cal en 1713 España cedeu ó Reino Unido a soberanía de Gibraltar (asinado polo primeiro Borbón, preguntémoslle ó decadente descendente pola herdanza recibida), os habitantes da zona (6.000 españois traballan en Gibraltar) vivan e mestúranse en paz. Non entendo ós preto de 300.000 habitantes no campo de Gibraltar ós que Franco xa condenou á miseria cando pechou a rexa en 1969, sen esa convivencia sen esa indiferenza... A que ven agora reiniciar esa reconquista, esa chulería, esa fanfurriñada se o PP sabe perfectamente có Reino Unido non vai a renunciar ó Peñón nin os llanitos queren deixar de ser británicos…
Gibraltar é español? Non home non, Gibraltar non é español, Gibraltar pertence pese a ABC, La Razón e afines ó Imperio Británico como Ceuta e Melilla pertencen a España dende antes que existise Marrocos. Aínda que eu desprece o colonialismo en tódalas súas formas e cores. Os mapas son mudables a xeografía caprichosa non insistamos en darlle máis importancia da que ten. O día cós llanitos gibraltareños o decidan será o que eles queiran pero ese día cada vez esta máis lonxe. 
A micro crises diplomática de Gibraltar en Agosto ten conseguido os obxectivos que pretendían os indutores, ocupar primeira plana en xornais e telediarios, onde adictos ó goberno perden a atención da corrupción que apesta e resístese a deixarnos. Rajoy trata de zanxar o “barcenazo” cunha comparecencia agosteira, a idea está clara, de que falar ata setembro có chiringuito esta pechado..., se cadra para entonces xa se calmaron as augas, outra volta á política de taberna. Margallo ponse chulo e Rajoy involucrase e dálle a tabarra a Cameron e méntennos de novo aparentando a arrogancia que non manteñen en outras conversacións co Premier británico, Merkel ou outros...

Coidado con sinalar e ver palla no ollo alleo e non a biga no propio. Deixemos de reclamar cansiñamente a soberanía sobre a Rocha, recoñezamos a capacidade e o dereito dos gibraltareños a facer o que lle pete… Os gibraltareños non queren ser ejpañois, nin fartos de viño. A pregunta dos llanitos é sinxela: gañamos algo deixando de pertencer a Gran Bretaña para descender á categoría de súbditos dunha cloaca…, máis baixo nivel de renda, de cultura, de calidade democrática, paro e moitas máis cousas? A resposta esta no vento…, Na outra veira da rexa: Aznar (é dicir, Correa) Rajoy e Margallo (é dicir, Bárcenas), que periodicamente botan unha traca de foguetes de verán, coa escusa do "moito contrabando" moito "branqueo de diñeiro" e agora os "bloques de formigón" utilizados en todo o litoral español para especular ou para construír portos deportivos de moda cando algúns si vivían por riba das súas posibilidades…  (Gibraltar nunca poderá defraudar nin estafar tanto como os políticos) nin distraernos da nosa propia baixeza (conségueno, porque o común da masa somos parvos)

Moita Ejpaña e moito Gibraltar ejpañol! Moita patria de mercado de feira!! Democracia de chiringuito!

Ningún comentario:

Publicar un comentario