Steve
Cutts é un ilustrador e animador de Londres que pensa que moitas cousas de
redor do mundo deberían ser diferentes. As persoas non deberían pensar só en
diñeiro, é importante que non vexan o traballo como unha tortura só por
conseguir diñeiro. Moitas persoas fanse adictas ó consumismo e ás redes sociais,
todo seria moi diferente se o mundo non fora así e lle diramos importancia ó
que de verdade o necesita.
Cutts fai vídeos e imaxes
que critican moito a vida moderna de hoxe en día, fomos caendo na adicción e
dependencia de constantemente revisar os nosos móbiles, pensamos cá única
felicidade é o diñeiro, non nos preocupamos por comer ben e moito máis. A continuación
mostrámosvos dunha maneira artística a triste realidade na que vivimos hoxe en
día á que é importante buscarlle unha solución.
Unha serie de ilustracións
que buscan amosar o deterioro do noso mundo contemporáneo, ó mesmo tempo que
denuncia a decadencia de nosos días: a devastación, desinformación, o sen sentido
e millonarios psicópatas son parte da súa inspiración...
Ningún comentario:
Publicar un comentario