sábado, 8 de setembro de 2012

O home, arma de destrución masiva…

Preguntácheste algunha vez… a onde ían os ordenadores que xa non serven? …a resposta é Ghana, nos últimos anos Agbogbloshie un pequeno poboado converteuse nun vertedoiro de residuos da electrónica de Europa e os EE.UU.


Os residuos electrónicos lixo composto por desfeitos electrónicos (e-basura) dos países ricos, reciclase nos países máis pobres, poñendo en perigo a saúde dos seus habitantes e causando gran contaminación. Restos de computadores obsoletos, teléfonos móbiles e outros aparatos electrónicos son enviados sen escrúpulos a África e Asia en contedores de carga, pese a cós envíos de lixo electrónico o estranxeiro están prohibidos por acordos internacionais de Europa seguen a saír cara África. O problema da e-basura en África do Oeste é agravado polo fluxo constante, en cantidades importantes, revélanse non reutilizables e veñen para aumentar a cantidade de residuos electrónicos producidos localmente.
O desastre que supón cá chatarra sexa abandonada en vertedoiros, o alcance de nenos que deberían estar aprendendo a táboa de multiplicar en lugar de rebuscar entre lixo tóxico.
A pesares da ilegalidade de exportar residuos electrónicos a lexislación podería ter outra motivación máis alá da solidaria: por cada tonelada deste tipo de desfeitos hai 50 veces máis contido de ouro có que se extrae nas minas europeas. Un fin económico que buscaría a recuperación de ouro, prata, cobre e otros materiais. Por exemplo, 100.000 teléfonos móbiles poden conter uns 2,4 kg de ouro, equivalentes a 130.000 $, máis de 900 kg de cobre, valorados en 100.000 $, e 25 kg de prata igual a 27.300 $.


Expertos sinalan que metais e outros elementos críticos dos equipos destruídos, poderían escasear dentro duns anos, o que aumentaría o custo de televisores de pantalla plana, teléfonos móbiles e baterías de coches eléctricos. O estudio pretende dar a coñecer mellor cómo recuperar os metais nestes vertedoiros informais e determinar a concentración de metais pesados para avaliar os niveis de contaminación e riscos para a saúde, sobre todo en nenos.

O gran número de persoas que traballan no reciclaxe informal, dificulta aínda máis a supervisión xurídica do tema, posto que son moitas as familias sustentadas no traballo vinculado os residuos electrónicos. E logo que Ghana “non ten regulada a importación e xestión dos desfeitos electrónicos” aínda que este país esta subscrito o convenio de Basilea, que regula a importación e exportación de desfeitos perigosos, aínda non se integrou no seu orde xurídico.


As importacións de residuos electrónicos de Europa contaminan África
Nos cinco países examinados no marco do informe da ONU (Benin, Costa de Marfil, Ghana, Liberia e Nixeria), entre 650.000 e 1.000.000 toneladas de residuos electrónicos nacidos do consumo interior son producidos cada ano e teñen que ser administrados co fin de protexer a saúde e o entorno da rexión. Os equipos eléctricos e electrónicos poden conter sustancias perigosas (por exemplo metais pesados, tales como mercurio e chumbo, e perturbadores endócrinos tales como o axente ignífugo bromo (retárdante de lapas)).

Inquietudes en relación o traballo infantil
Sustancias perigosas son rexeitadas no curso das diversas operacións de desmonte e eliminación, as desestimacións que son particularmente considerables no momento da queima de cables para extraer o cobre e plásticos para reducir o volume dos residuos. A saúde dos nenos pode ser ameazada moi particularmente. Os investigadores comprobaron có emprego de nenos era común nas empresas de recuperación de chatarra de África del oeste. As actividades de recollida e desmonte son efectuadas por cativos en idade menor de 12 años, e de 5 son a veces recrutados para traballos lixeiros, incluído o desmonte de pequenas pezas e selección de materiais.

A pesar de có estudo ten como obxectivo analizar o problema dos desfeitos electrónicos no sur de Ghana, esta luxa realidade dase tamén en outros países en desenrolo como China, India, Pakistán, Vietnam, Bangladesh e moitos máis, onde se están a crear vertedoiros de lixo tecnolóxico.

A petición dos científicos é cós países acorden un modelo global de reciclaxe que utilice tecnoloxías sostibles, enfocadas en mellorar os estándares de saúde, seguridade e medio ambiente, que vaia acompañado de modelos de negocio, así como un programa para desenrolar políticas de concienciación para os fabricantes dos produtos electrónicos.
Baixo a iniciativa ‘Solucionar o Problema da E-Basura’  (StEP, polas súas siglas en inglés), a UNU, o Programa de Medio Ambiente da ONU, a Axencia de Protección Medioambiental de EEUU (EPA), universidades e empresas como Dell, Microsoft, Hewlett Packard (HP) ou Philips, buscan homologar os procesos de reciclado globalmente para recuperar os compoñentes máis valiosos do lixo electrónico e, así, estender a vida dos produtos e harmonizar as lexislacións e políticas (...)


Actualmente, cada país está obrigado a recuperar catro kg por habitante da media de residuos electrónicos que produzo durante os tres anos anteriores, unha cantidade en valor pero insuficiente. De feito, segundo datos proporcionados pola UE, cada cidadán europeo produce unha media de 14 kg de lixo tecnolóxico o ano.

Vexamos o caso de España: recuperamos 6,3 kg por persoa, o que nos converte nun país cumpridor, aínda que non superamos o exame con nota. Se nos fixamos nos nosos veciños escandinavos, alumnos aplicados, aínda temos moito que aprender: Suecia e Dinamarca recuperan 14,8 e 13,9 kg per capitá, respectivamente, segundo os últimos datos da Eurostat, que se remontan o 2008. 

En conclusión, haberá que poñerse as pilas e facer autocrítica, quédanos un bo treito. E quen non estea convencido da utilidade de reciclar o lixo, que observe detidamente as fotografías, a humanidade é un deber.


Notas:
O informe DEEE? Onde estamos en África? informacións sobre as prácticas actuais de reciclaxe así como sobre as características socioeconómicas do sector occidental-africano dos residuos electrónicos. Tamén ten datos cuantitativos sobre o uso, das importacións e a eliminación dos equipos eléctricos e electrónicos na rexión. O informe está baseado nas conclusións das evaluacions nacionais dos residuos electrónicos realizadas nestes países entre 2009 e 2011.
Evitar cós residuos electrónicos campen a súas anchas en vertedoiros de África ou Asia é un dos obxectivos dunha nova normativa aprobada no Parlamento Europeo (PE). Ou en realidade descubrísese cá 'chatarra' pode ser una mina de ouro? Segundo a lexislación, a partir de 2016, os países de la Unión Europea deberán reciclar una cantidade de lixo electrónico igual o 45% do total dos equipos que se venderon os tres anos anteriores. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario