venres, 13 de xaneiro de 2012

Cea de empresa


por abc

As ceas de empresa son o señorío das aparencias: arránxaste, riste, contas historias, faste o interesante, compartes recordos e plans… Mitigada a ansiedade oculta tralo humor, afogadas as dores polas gargalladas… Durante unhas horas, todos te creen! e iso é o que importa… se manexas ben os códigos e mostras o respecto oportuno aos demais convidados, cordialidade, hipocrisía e bo ánimo, o máis probable é ter unha velada agradable. Pode que as máscaras caían de camiño a casa… Polo que... Vou a pasar un ano máis do 'coñazo' da cea de empresa…!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario